Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

Alberto vaise de feira

Alberto vaise de feira

 

Tíñamos crido que o novo Presidente da Xunta tiña  a prioridade de gobernar Galicia; así cabía pensar, logo da ansia que tiña por tomar posesión do cargo; pero Alberto foise de xira por España adiante,  esquecéndose de gobernar, dando  receitas de cómo gaña-las eleccións: ilusionando, prometendo  o que faga falta; logo xa se buscara coartada para non cumpri-las promesas, como é o caso da Lei de dependencia, que por una lado, dise que se tardaba ano e medio en resolve-los expedientes e logo, de seguido, dáselle a volta dicindo que o bipartito gastou en dous meses o 90% do orzamento   e eles non poden cumpri-lo prometido. Claro, para iso hai que mentir  con descaro e tratar de estúpidos ós cidadáns. Quén pode crer que se tardaba mais dun ano en resolve-los expedientes, e en dous meses gastouse o presuposto, incrible; aínda que así fora, non se pode transferir crédito de outras partidas?

E que decir do ensino en galego: vaise dar opción os pais de elixir, é de imaxinar, que tamén se se quere ou non matemáticas, xeografía, inglés, etc.; os pais farán o programa, alucinante!

Que dicir da política de vivenda ou infraestruturas, sen esquecerse de industria ou sanidade, verdadeiras obras de desfeita.

Non nos esquezamos da estrutura da Administración, verdadeiro arte de dicir que se aforra, incrementándoa.

0 comentarios