Facebook Twitter Google +1     Admin

Mentir é pecado

20090611102439-mentiroso.jpg

Entre outras cousas, mentir é pecado; e podes   condenarte para a eternidade. No Pais Vasco non había ensinanza do euskera, a ensinanza é toda en euskera. Si un neno quería ir ó baño, tiña que pedilo en euskera, sempre houbo excepcións.  Era unha inmersión lingüística como en Catalunya; moi lonxe do caso galego. Tampouco se pretende iso; porque unha lingua como sinal de identidade dun pobo temos o deber de impoñela, nunha medida xusta; porque temos que conseguir que tódolos galegos a dominen, igual que o castelán, nin mais, nin  tampouco menos; pero a todos nos corresponde, tamén,  tratar de que a imposición non sexa violenta, aínda que sexan poucos os galegos que non dominen o galego.

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza do Pais Vasco, trata de poñer orde e tolerancia no ensino en euskera. O noso Presidente serviulle de pretexto para arremeter contra o galego e poñer de exemplo, de tolerancia e bo facer a dita autonomía, logo de participar alí nun mitin do PP,  ¡cousas  veredes!

En Galicia sempre vivimos en paz, que non veña agora a amargarnos a vida Feijoo e os seus;  por certo, debendo ter tan interiorizado, que algún prócer do PP, fala, a cada pouco, de que Galicia estase basutanizando. Está claro que, teñen a deliberada intención, de tensa-la convivencia, e facer do pais, si é preciso, unha esterqueira. Solo pedimos que goberne que, logo da presa que tiña por ocupar as sedes do poder, non fixo aínda nada. ¿a qué se dedicará?

11/06/2009 10:28 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

gravatar.comAutor: madialeva

Algo fixo: emitir débeda pública por valor de 200 millóns de euros (DOG 10-06-09, ¡como estamos pouco endebedados!.
Modificar a Lei da función pública para que veñan opositores de fora de Galicia.
Incrementar en 3.000 € ó ano os postos dos xefes territoriales, e iso que vai conxelar os soldos dos funcionarios.
Incrementar a plantilla contra incendios para que vaian xogar a partida o punto de encontro.
¡E esto é só o comenzo, mais adiante mais e mellor!

Fecha: 11/06/2009 12:03.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris