Facebook Twitter Google +1     Admin

DESFEITA NAS INFRAESTRUTURAS ou furados negros

20090612092532-estrada.jpg

O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio, Infraestruturas e Grandes Expresos Europeos: buscou furados nos orzamentos. Algún debeu atopar; pois non é cousa de non enche-las expectativas postas nel pola parroquia; pero, pregunto:  como chegará a xustifica-la existencia de furados negros nos orzamentos e, o mesmo tempo, lle rebenten os petos cos cartos?

Fai pouco deu unha propina de mais de catrocentos millóns, das antigas pesetas, para facerse cargo dunhas obras da administración local en Pontevedra, onde prestaba servizos antes de ser chimpado a Conselleiro.  Normal no seu currículo; pois ten querenza, iso parece ser, cos  traballos polos que pasou e polos que pode ter.

O dos furados negros tráenme a mal traer. Eu pensaba que eran fenómenos, que os científicos descubriran no espazo, pero mira tu por ónde, o goberno de Feijoo descubriunos nos orzamentos de Xunta. O mellor é que teñen unha miopía política e solo ven de cerca.

Seica lle encargou a un afiador que lles dera un repaso ás súas tesoiras; pois de tanto recortar proxectos, quedáronlle cegas.

 Non quedou proxecto en pe, no seu amplo e diverso reino, pero investiu con forza ós proxectos de vivenda de promoción pública, ás normas do hábitat, a bolsa de aluguer e todo aquilo que freara a especulación  e os negocios doados.

O fin de contas, ós electores non son problema, ¡convéncense fácil! ¡Con quen hai que ter coidado e cos que poñen os cartos para a festa!

12/06/2009 09:25 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris