Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O ERE DE FEIJOO

O ERE DE FEIJOO

 

O flamante presidente da Xunta de Galicia entrou na administración galega con un ERE encuberto, mais ninguén di  nada, nin sindicatos, nin oposición.

Ese que na última enquisa do CIS recibiu un cinco raspado, ese que dixo que viña sen ansia de revanchismos,  o mesmo que dixo que ía profesionalizar a administración suprimindo os delegados, o que dixo que se acabara o enchufismo, sectarismo, caciquismo ou partidismo; o que dixo que ía regular e cumprir con transparencia os procedementos de selección de persoal, o que viña sen rancores nin dogmas, o que non viña a derrubar o que fixeron os antecesores; ese mesmo, o que esta facendo el e os seus acólitos é levarse por diante a tódolos funcionarios nomeados polo bipartito, aínda que eses funcionarios teñan demostrado a súa profesionalidade ao longo de toda a súa traxectoria na administración autonómica.

Se colabórache ou eras simpatizante do anterior goberno estas perdido ou te cesan automaticamente ou che amortizan a praza, é dicir un ERE encuberto.

Duplican as prazas, pero a eles dálles igual o funcionario cesado queda a disposición do respectivo conselleiro cobrando o mesmo ou algo menos. Duplícanse os postos, pero como o posto do funcionario cesado non aparece no papel aínda que ai que pagarlle, cara a opinión pública, na información que  facilita nas roldas de prensa non consta.

Chegaron emitindo débeda pública por importe de 200 millóns, segundo eles ai buratos negros, segundo eles non ai diñeiro para sanidade, educación, lei de dependencia, etc.,  pero o capítulo I adelgázano cesando funcionarios e pagándolles sen ter praza na rpt.

¿Qué requisitos ai que reunir para ser persoal de confianza da nova administración autonómica? Ser familiar, amigo, afiliado  ou simpatizante do PP. Aínda que sexas un incompetente, aínda que chegues a traballar tódolos días as 10 da maña, aínda que estes toda a maña tomando cafés (as cafeterías da zona sempre están cheas), aínda que dediques toda a maña a facelo traballo particular dunha segunda actividade (cobrando dedicación exclusiva e dado que a inspección de servizos non existe e se existe leva toda a vida en paradoiro descoñecido),  seguro que es válido para ter un cargo na nova administración de Feijoo,

Se reúnes algún dos requisitos citados ponte a cola, seguro que te esta esperando un posto na Xunta de Galicia.

 

1 comentario

piuxiño -

Ben falado, estou totalmente de acordo co que dis...