Facebook Twitter Google +1     Admin

ENCRUCILLADA

20090628212425-encrucijada.jpg

 

          A miúdo, na vida, xorden encrucilladas e atopámonos na obriga de coller un ou outro camiño. A meirande parte das veces os camiños xa están feitos. Ir por camiños xa andados teñen o risco de levarnos a comete-los mesmos erros dos que  antes transitaron polos eles, a cambio non temos a necesidade de expremi-los miolos, nin afrontar decisións persoais que xustifiquen  as novas e distintas escollas.

        A Cidade da Cultura, que se está levantando en Santiago, leva tragados centos de millóns de euros; e o que lle queda. Foi unha polémica decisión da derradeira etapa Fraga, ó fronte do PP e do goberno galego; nunca estivo claro o desenvolvemento do proxecto. Dicíase, en son de chanza, que era o mausoleo de Fraga; pero o certo é que, foi mais un enredo no que Fraga se veu metido, pola desmedida megalomanía dalgún achegado seu,     que unha idea súa. O custe orzamentario inicial quedou asulugado nos sucesivos incrementos, que disparou a inversión para o seu remate a límites impensables. Si esto xa é grave, o  futuro vese mais escuro, ó non ter un proxecto de contido definido. A rendibilidade e os custes de funcionamento son negros nubarros que condicionan o seu desenrolo. Non se trata de falar da cultura en lata, nin de concebi-la cultura como un negocio, senón de ser realistas, poñe-los pes no chan  e valorar prioridades no marco de uns recursos moi escasos.

        A cultura galega é de tódolos galegos e o proxecto da Cidade da Cultura non é solo de Santiago; mais é innegable que os orzamentos en cultura van a parar, maioritariamente, a este proxecto. Cando hai tantos furados que tapar en cultura, ó longo da xeografía galega, é difícil xustificar un megaproxecto desta magnitude.

        Si o asunto da Cidade da Cultura  xa é de seu importante e complicado, en mans dun goberno inimigo da cultura galega, dáme medo imaxina-lo futuro que lle agarda. Que morra a cultura, como dicía aquel fascista.

       

 

28/06/2009 21:25 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: serpe

Moi bo artigo. Penso que é o mellor que tes escrito. Sobre todo o primeiro párrafo. Parabéns

Fecha: 28/06/2009 21:45.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris