Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

 

 

 

                                     RETRINCOS da Xunta

 

         Hai centos de carpinteiros traballando na construcción de carros do pais; a razón deste feito é que o Conselleiro da Presidencia vaise desfacer dos coches que mercou o anterior Conselleiro socialista para a Axencia Galega de Emerxencias; o persoal da AGE irán subidos en carros do pais e vestidos de gaiteiros; os carros pintaranse de amarelo. Os carros irán tirados por vacas pintas, nada de rubias galegas, hai que quitar barreiras; teñen que poder tirar do carro vacas de calquera lugar da grande, libre e gloriosa.

          O Conselleiro da Presidencia sigue esborrallando barreiras; xa non será necesario o coñecemento do galego para o acceso á Función Pública Galega, si os galegos se lles daba o dereito de usa-lo galego e ser atendidos na súa lingua; son  cousas do Estatuto de Autonomía, que eles non votaron ( eso é certo).

          Anulou un contrato de sofwart, porque el non o contratara, fixérao o anterior goberno; podía vir con algo pecaminoso; embale o encargaran os roxos; os gastos de anulación do contrato van a costa dos galegos, nos podémoslles mete-la man no peto, sabemos o que lles convén ós coitados.

          A Consellería da Presidencia ven de asinar un contrato con Microsoft pra licencias na Administración Galega, en prexuízo do sofwart libre. Seguimos aforrando e gobernando con tino. 

          Os matos que lindan con zoas forestais había que limpalos co anterior goberno; agora os do PPdegE respetamos as decisións dos propietario, e cada quen fará o que lle de a gana.

          Pra combate-lo lume incrementamos, en miles, os efectivos, non falaran galego, con tal de que falen castelán chega, poderán vir de calquera esquina do imperio, logo de cubri-lo cupo dos alcaldes,  (con xente da nosa). Non teñen coñecementos técnicos, eso sería unha barreira, e por tanto non son profesionais, pero teñen sapiencia en manexos electorais. Iran armados de vasoiras e, si é necesario, a falta de cisternas, poderán mexar no lume.

          A crise do leite arranxarémola facilitándolles o crédito os gandeiros, para que  se endebeden mais; así unha vez que    se        afoguen xa non protestan mais.

          No Carballiño celebrouse unha festa de maiores; trouxeron xente de Asturias, Castela-León e do pais; pensaban xuntar vintecinco mil persoas e foron uns dez mil. No  2008 asistiron uns cincuenta mil, xente do pais e en xuntanzas nas catro provincias. Feitos salientables o Lider chegou catro horas mais tarde, logo de que pasaron as papancias (non iba comer do rancho da xente do común). Baltar no asistiu, malia estar invitado. Resumindo a xente non está pra festas, hai crise, para  algúns moi dura e moi real, aínda que os do goberno da Xunta non a sintan; a non asistencia de Baltar, ¿ pode ser que os da boina están cabreados ?.

          O enterrador do galego precisaba uns tres millóns de euros pra subvencionar unha ensinanza privada inconstitucional, sacounos das subvencións os libros de texto, normal.

          A Cohabitación dentro do goberno do Director de Política Lingüística ten que ser complicada, polo menos polémica, a non ser que estea disposto a tragar sables atravesados.

 

0 comentarios