Facebook Twitter Google +1     Admin

20090630103103-limpezaetnica.jpg

 

GALEGO CORDIAL

 

          “Galego cordial”, frase utilizada por Feijoo na entrega das medallas Castelao. Xa sabes: cando mexen por ti, di que Chove; entón serás un galego cordial. Nada de queixarse, de poñer  en  dúbida a doutrina do Líder; non  disintamos do pensamento único. O líder amosaranos o camiño.

          Vendo a entrega das medallas Castelao algo se me retorceu nas tripas, non  digo que os galardoados non mereceran o recoñecemento de Galicia; si Castelao levantara a cabeza volvía a morrer, vendo quen usaba  o seu nome, o que quere facer unha limpeza étnica en Galicia; pero o Líder, ademais, pasouse  sete pobos  cando citou a Martín Luther King, Ghandi, Obama e    Nelson  Mandela; conciliadores como el ¡que modesto!      

          Feijoo fixo unha visita Institucional a Pontevedra, con chulería, arrogancia e provocación, !como debe ser!. Do hospital que proxectou o bipartito, xa se falará dentro duns anos, o das Superdelegacións da Xunta: asunto pechado; calquera proxecto en marcha, adiase. Agora Pontevedra, xa vos visitou o líder, namentres Telmo vixíavos, a durmir; xa vos avisarán cando vos precisen.

          Véndense vintetrés Audis do Parque Móbil  da Xunta, blindados, etc., etc.; parados e xente que non ten para comer, preparade os cartiños; boa oportunidade; preferencia…… bueno, o mellor non sodes chamados ó convite. Gárdanse   as formas: venderanse en poxa. Eso demostra que temos un goberno moi apañao,  Escoitando estas noticias a un danlle gañas de pedir que paren o mundo para apearse. Mercan eles mesmos os Audi, acusa a Touriño de pasearse nun Audi, chegan o pode e toman a  esperpéntica decisión de desfacerse deles; dáse a razón de que se fai para aforrar, malgástase o patrimonio público e trafícase con el e quéresenos facer creer que por o noso ben, pra aforrar. Esto é flipante, non é doado de entender: os Audis mercounos o derradeiro goberno Fraga, do que formaba parte Feijoo, sobrábanlles os cartos por entón, agora parece que tamén. Fraga, para ir a Vigo, montaba nun c-6, que logo usou Quintana. Os coches, a maioría, non teñen mais de seis anos, ós mortais tardamos mais en trocalos; agora apelan a que vai ser un goberno austero, trocará eses Audis por coches novos. ¡curioso xeito de aforrar!. Pro que fan podían ir en burro, así tamén aforraban en gasolina e, incluso, podían aprender algo dos animais.

          Un grupo de empresarios tivo os eses de queixarse da parálise da Xunta, nin lles pagan, nin licitan obras novas; segundo eles están o borde da quebra; seguro que non son uns galegos cordiais. Namentres o goberno de Feijoo ó seu, coches novos, boas papancias e ó país verzas con unto...e !houberas!.

          Xa que andan polo parque móbil, ¿cómo non eliminan mais coches?, os que soen levar algúns funcionarios e termínanos  usando para asuntos particulares, e a Xunta corre cos gastos. Tamén Directores Xerais e outros viven  a  varias ducias  de kilómetros e asígnalles coche e chofer. Funcionarios que viven fora de Santiago, porque queren, e páganlles dietas. ¿Aforran no chocolate do loro ou é un brindes ó sol?. Imaxe. Supoño. Aínda  que seades galegos, sede cordiais, a limpeza étnica está e marcha.

30/06/2009 10:31 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris