Facebook Twitter Google +1     Admin

20090703112919-pedindo-esmola.jpg

 

FINANCIACION ou esmola

                                                                                     

          Tenra, moi tenra a foto do vicepresidente terceiro do goberno do Estado co Presidente da Xunta, co gallo das conversas sobre  financiación.

          Chavez é un mago, nunha autonomía fai unha promesa de financiación, conforme a uns parámetros, noutra fai a promesa é sobre parámetros distintos, ou que negan os anteriores; eso solo o pode facer un mago. Moito cachondeo cun asunto serio.

          Convén recordar que Feijoo, por mandato de Xénova, non apoiou, na lexislatura  anterior, o proxecto de reforma do Estatuto de Galicia, si o houbera apoiado, agora, xa  tiña o problema resolto, ó menos, tíñao mais doado de resolver.

          Creulle a Chávez as promesas e marchouse a Madrid como un tiro, de feito, chegou antes que Chavez, non mudou as cirolas, nin sequera pasou por Xénova, xa lle dixeran   por teléfono o que tiña que dicir. O que non pensaba é que a Ministra Salgado íao recibir tesa,  como se tragase un sable, sen sequera un sorriso; o que non sabe é que a  ministra non se ri, porque na risa interveñen moitos músculos faciais, e hai que aforrar, estamos en crise e dende Facenda hai que dar exemplo.

          Chegou a Santiago de volta, como os alcaldes de Fisterra, co rabo entre as pernas, esixíndolle apoio a oposición. Non quedaramos en  que esto o resolvía el soliño. ¡tiña tanto afán de colgarse medallas !  

           As mais das  veces, aquelas augas traen estes lodos, si na lexislatura pasada formara nestes asuntos piña co goberno,  agora non se atoparía tan solo, non tería que andar coa pucha na man pedindo   esmola.

          Na campaña electoral prometeu baixar impostos, promesa que incumpriu o emitir 30.000 millóns de pesetas en débeda pública, o que equivale a un notable incremento da presión fiscal.

          Cos impostos non se debera facer demagoxia son unha cousa moi seria. Qué argumentos ten pra pedir unha financiación axeitada, cando dicía, fai dous meses, que sobraban os cartos e que ía a baixa-los impostos; (discurso manido de Xénova), o malo é que hai quen cree nesta clase de maxia orzamentaria.  

03/07/2009 11:29 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris