Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GUERRA TOTAL

GUERRA TOTAL


 

          A guerra o galego por parte do gabinete Feijoo é xeneralizada; parece que unha demencia colectiva se apoderou dun goberno bonsai e atácase a tódolos sectores, facendo moi certo aquelo de Bertolt Brecht, de que nade se debe considerar a salvo; pero o asunto garda algo mais de fondo, hai  moitos inimigos aliados que, aínda que non teñen uns intereses comúns, teñen un espacio, Galicia, no que coinciden e aproveitan a existencia dun goberno amigo e feble, ó que dominan e lle marcan o vieiro.

          A coincidencia de Fabra neste espacio, a través de distintas empresas ven a ser a punta do iceberg de distintos intereses e empresas que irán aflorando no tempo e explicarán o por qué dalgunhas decisións que agora nos sorprenden. No gorentoso pastel coincide, ademais do citado, Gürtel, Galicia Monolingüe, FAES e outros.     

          Gúrtel foi negada por Feijoo como Pedro a Jesucristo. En repetidas ocasións negou que o caso Gürtel tivera intereses en Galicia. A NOSA TERRA (http://www.anosaterra.org/nova/30914/a-xunta-contratou-33-millons-a-unha-firma-do-caso-guumlrtel-.html) ven de publicar unha reportaxe, na que non solo se pon de manifesto os intereses económicos de Gürtel en Galicia, senón que se sinala a Feijoo e  Carlos Negreira  como os seus valedores durante o derradeiro goberno de Fraga.

          Dentro da RTVG afilánse os coitelos, están prestas as tesoiras pra poñe-la empresa, do  que algúns  chaman despectivamente a telegaita, ó servicio dese entrabado de intereses económicos e políticos,  exércese a censura, coma nos tempos de Franco e entra en sospeita todo o que cheire a galego, perseguindo hasta os letreiros. Nun reportaxe periodístico, dos servicios informativos da TVG, evidentemente tan imparcial que non e lle deu oportunidade á parte vilipendiada a pronunciarse, trátase de xustificar a escandalosa axuda económica do goberno Feijoo a Galicia Monolingüe, argumentando que tamén o bipartito subvencionou a Mesa; as cantidades económicas, concedidas a unha e outra, non  gardan proporción algunha; pero a boa información é así.   

          Fáltanos saber, hasta que límite se vai pringar mais o goberno de Feijoo; si pensamos que está enlodando todo, preparémonos pro que nos agarda.

          O único positivo, se é que hai algo positivo, é que todos temos un inimigo  claro e común. Esto trae a lembranza os tempos da dictadura, que uneu a tódolos demócratas de dereitas e de esquerdas.

         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

0 comentarios