Facebook Twitter Google +1     Admin

APERTANDO o nu

20090809104233-2008081196funcionario.jpg


          Modificando as probas selectivas pra acceso a Función Pública Galega, convocadas legalmente, ignorando a irretroactividade das normas que limitan dereitos, como é  o caso, xa que non é o mesmo disputarlle unha praza a 10 que a 100. A súa pintoresca modificación da función pública, singular e única, non so en España, senón nas galaxias coñecidas; permitiralle importar opositores, e os galegos que emigren, como fixeron sempre. Eso sen contar co dereito do ciudadano a ser atendido en galego.

           Falar de dereitos a quen ten a idea de que Galicia é  a súa finca particular e rexe a súa real vontade é inútil. 

           Feijoo segue apertando o nu,  son un punto mais na súa tola carreira pra  reducir Galicia a un montón de lixo, logo de que cornudos cabalos montados por bestas en forma humanoide, con ollos roxos, acendidos como brasas ardendo e babeando, pisoteen as colleitas de mais de cincocentos anos, que os nosos devanceiros  recolleron pra nos.

          Tócanos a nosoutros legar os herdeiros o tesouro   cultural que recibimos dos devanceiros; pero que vamos a legar si deixamos que un iluminado ó servicio de escuros intereses,  deixe un terreo ermo, no que é moi posible que non medre mais que a xenreira e o resentimento, polo menos parece que eso é o que pretende.

           A nosa clase política quedou como atolandrada, dando a sensación de que recibiu un golpe tan grande e inesperado que é incapaz de asimilar e non reacciona, o que aproveita Feijoo pra seguir co derribo de todo o construído.

           O perfil psicolóxico de Feijoo é digno dun análises dos especialistas en comportamentos típicos de persoeiros con delirios de grandeza, semellante os fascismos europeos. É un home de bagaxe cultural escaso, corto de ideas e grande en ambición de protagonismo persoal.

           Mentres sigue co seu hedonismo,  pra parecer mais grande destrúe todo o que atopa; e así, rodeado de cinzas, por moi anano que sexa,  faise ver e notar.

           Se non fora polas consecuencias da súa irresponsabilidade, a súa conducta de desatinos produciría risa, cando menos hilaridade.

           Como dicía Celso Emilio Ferreiro, longa noite de pedra habemos.

20/07/2009 10:31 mmarcos #. Administración

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris