Facebook Twitter Google +1     Admin

HABITAT

20090721113858-200622220596.jpg


 

         A trama Gürtel necesita unha empresa exclusiva para acometer os esborrallamentos de Feijoo. Si alguén pensaba que non  ía   meter  man na construcción  era un iluso; a construcción é un sector sensible, que move moitos cartos e intereses,  e hai moitas garras dispostas a votarse enriba do botín. Onde hai cartos, xa se sabe, tamén hai moitos amigos esperando que se lles axude. Tamén alcaldes que queren facer e desfacer o seu antollo, sen normas.

           Dictar unhas normas xerais de obrigado cumprimento, parecía de sentido común, pra frear o  caos do sector. Ós profesionais servíalles  de guía e os Concellos, que non  dispuñan de medios técnicos, atopaban nesas normas unha ferramenta esencial. Xa  sabemos,  o sentido común era verde e comeuno un burro. De ai que a actual Xunta careza del.

          Coas normas de Teresa Táboas había unha seguridade xurídica, agora dependemos do criterio persoal do alcalde de turno e pódenos face-la vida doada ou complicárnola, segundo sexamos u non, galegos cordiais. É un xeito de colleitar un clientelismo e ter un puñado de votos cautivos, hai que apañar todo.

          A especulación do Levante trasladarase a Galicia, e teremos unhas costas cheas de planchóns de cemento.

           Nada lles impedirá ós especuladores que en lugar de pisos constrúan cortellos; namentres Feijoo vive nunha luxosa mansión, que todos lle pagamos, alleo as nosas miserias. 

           É de supoñer que agora as mocións de censura medrarán e estenderanse por todo Galicia; todo é edificable, será un fermoso pais, sumido nun caos de  palleiros.

           O hábitat, como paisaxe, sobretodo  na costa, está en serio perigo;   anularon o plan de acuicultura do bipartito, pero non elaboraron un novo, parece que están a espera de que o elabore Pescanova, e aí xa nos podemos imaxinar o que lle espera a cabo Touriñán, pero calquera zoa sensible ecoloxicamente pode ter o mesmo fin.

           ¿Ónde se esconderían  todos aqueles ecoloxistas que  armaban tanta bulla a anterior Conselleira de Pesca?

          A Conselleira de pesca  vailles facer pagar os peixes que colaboran co bipartito, deixándose pescar, substituiraos por peixes con un chip incorporado, que leva un software, contratado a unha empresa estranxeira e solo obedeceran a Feijoo; cando el diga a picar, entraran o cebo, sempre que  sexa un cebo posto por galegos cordiais.

      

 

21/07/2009 11:39 mmarcos #. Administración

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris