Facebook Twitter Google +1     Admin

“ NACION ACEFALA”

20090808221758-9falo-01.jpg

 

      O   xornal do día  17 , deste mes de    Santiago,  publicou un  artigo de   Xavier Vence,   que é un dos mellores que teño lido. É claro, conciso e contundente; unha diagnoses  do feito galego;na que se pon de manifesto a carencia de un liderazgo de talla, e outras ausencias de compromiso co pais. Si despois de lelo non agroma a conciencia do noso ser, entón e que xa non atemos esperanza. Os lideres queren que os galegos solo teñámo-la cabeza pra leva-lo sombreiro, que non pensemos, xa o farán eles por nos e decidirá o que nos convén:

“ NACION ACEFALA”

     “O que define unha nación é ter unha intelixencia colectiva dos seus intereses xerais. A madurez desa sociedade vese cando entende con clareza que a forma de encontrar solucións aos seus problemas pasa pola política e concretase nos procesos electorais. Pois ben, os últimos acontecementos invitan a unha incómoda reflexión.

     O que está a pasar co financiamento autonómico, a batalla do Goberno galego recen electo contra o idioma do país ao tempo que permanece inédito en canto a adopción de medidas concretas fronte á crise; a masiva mobilización sector leiteiro ou a longa folga do metal son exemplos paradigmáticos dunha incapacidade para traducir electoralmente as necesidades e aspiracións máis importantes do país no seu conxunto e dos seus diferentes colectivos. Ao final dá a impresión de que os cidadáns defenden na rúa o que non son quen de traducir politicamente a través do voto e, en moitos casos, en contra do que votaron. A disonancia é tal que invita a preguntarse moi en serio se unha boa parte dos galegos entende realmente a relación entre o que vota nas respectivas eleccións e a marcha dos seus asuntos cotiáns. ¿Ou a xente pensa que a economía é un asunto puramente individual? Un voto pulido a base de microdemandas singulares non constrúe a representación dos intereses colectivos que marcan o devir da vida de cada un de nós. O resultado está á vista: parece que non temos a ninguén á fronte da nación. ¿Quen terma dos intereses colectivos?

     A comparación co comportamento dos cataláns produce mágoa e envexa ao mesmo tempo. Cataluña ten clara conciencia dos seus intereses colectivos e leva meses –anos– traballando sistematicamente para acadalos. Poñendo na axenda estatal o truculento asunto das balanzas fiscais e tomando a valente iniciativa de elaboración dun novo estatuto de autonomía que recollera as súas aspiracións. Cataluña chega a este proceso de negociación cun longuísimo camiño trillado.

     Fronte a esa visión estratéxica, de longo alcance, o noso flamante presidente da Xunta afirmou esta semana que para el a negociación do financiamento autonómico “empezou agora”, cando lle entreguen o documento coa proposta final do Goberno central. Cando outros levan dúas lexislaturas negociando e teñen un resultado cerrado o señor Feijóo aínda non ten un proposta propia madurada. Máis aínda, o desleixo dos intereses do país –que disque ninguén lle demandou nas últimas eleccións despois de ter boicoteado a redacción dun novo estatuto– levouno mesmo a asumir sen reparos a consigna do Partido Popular español, máis preocupado por defender un tamaño grande de torta para o Goberno central que os intereses de Galicia e operando en clave de partido de oposición que busca desgastar ao Goberno de turno.

     Temos unha nación a medio facer. O nacionalismo está chamado a ser o vector esencial de creación da conciencia sobre os intereses colectivos como nación, sempre e cando non sucumba aos cantos de serea que lle invitan a amoldarse á acefalia maioritaria reinante.”

 

22/07/2009 10:24 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris