Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O MUSEO DA LINGUA

O MUSEO DA LINGUA

 

         Din que unha vez, aló no tempo, antes de que Feijoo gobernara Galicia, que neste pais, ademais do castelán había unha lingua propia do pais, falada pola maioría e coñecida por tódolos galegos. Foi coa chegada ó poder, dese personaxe, de triste recordo, cando o galego empezou a desaparecer. Perseguida e acosada coma si fora unha lingua de malfeitores, refuxiouse no círculo da escasa clase culta en un museo construído no monte Gaias. Un complexo ideado por un grupo de personaxes para facer del o mausoleo de Fraga; este grupiño, precursor de Feijoo, pretendía dar a entender de que Faga era xa un dinosauro da política, un estorbo para os seus proxectos de desgalización do pais, e había que retiralo, ofrecéndolle o engano  dun doce retiro e a promesa de perpetua-lo seu recordo, construíndolle un mausoleo, a semellanza dos Faraóns.

          O mausoleo, coñecido co nome de “cidade da cultura”, nada ten que ver con Galicia, nin coa cultura Galega, tamén se quería disimular o de mausoleo; para mais encargóuselle o proxecto a un estudio de arquitectos estranxeiro, que non soubo, ou non lle deixaron, interpretar a finalidade da obra, o resultado esa cousa, que aínda non se sabe que se lle meterá dentro para enchelo.

          A alguén se lle ocurreu meter libros nun edificio xa rematado; pero ai estaba o Conselleiro da Incultura do goberno Feijoo para ordenar unha concienciuda investigación do asunto: haber que clase de libros, orixe e se son libros autorizados; non sexa que ó público lle dea por ler e pensar. De todos xeitos, encargóuselle a un prelado que o limpe dos malos espíritos, dado que alí anduveron os separatistas e roxos, e aquelo cheira a azofra.

 

            A Consellería da Incultura ten un presuposto elevado pros seus fins; como non sexa pra facerlle ó galego un enterro de primeira. O normal sería co galego o deixaran esmorecer, para que os que nos sucedan o reanimen, pero deberon recibir  ordes  da superioridade de eliminalo, e pra  eso precisan os cartos.

          O dito, pagámoslles pra que mallen en nos.           

0 comentarios