Facebook Twitter Google +1     Admin

ENQUISAR

20090725102822-tempranillo-0.jpg

 

 

 

 

ENQUISAR

        

     Enquisar enquisarei,…..Agora ensarillámonos en si o PP cociña a enquisa sobre o galego, se amaña os datos da enquisa, etc. Pero, ¿ é que aínda hai alguén que cree na limpeza de accións do PP?; de sobra sabemos que estando quen está por medio, e tendo de Presidente a Feijoo como garante do proceso, a chapuza está servida.

     Facer unha enquisa pra que referendemos unha medida que xa teñen tomada, é unha burla.

      O asunto, pois, non é a limpeza da enquisa, senón a enquisa mesma. O galego existe,  está protexido legalmente, e non se pode deixar de aplica-la legalidade, aínda que lle pese a Galicia Monolingüe, o seu mentor FAES e a Feijoo; e o que non o protexa, ou preste algún tipo de axuda a súa eliminación, non é un ben nacido. Por qué non se fai unha enquisa sobre si os nenos teñen que cantar un himno patriótico español, se teñen que ir á clase coa camisa azul; se admitimos un ensino que nos devolva ás cavernas, etc. Cos mesmos argumentos que o PP utiliza pra face-la enquisa, tiñan que darnos a oportunidade de pronunciarnos sobre calquera medida de goberno, xa que eles renuncian a gobernar.

      Tódolos que vivimos en Galicia temos o dereito e o deber de coñece-lo galego; ademais da obriga legal, é un xeito de coexiona-la sociedade civil..

      A enorme fenda que Feijoo está a producir en Galicia, na súa convivencia, co tema do idioma,  non é doado de comprender. A FAES e Feijoo, cos monaguillos que se lles unen, retrotráenos ós tempos de segunda república.

      A actitude cívica, sen baixa-la cerviz, dos asistentes o acto celebrado en Vigo, ó que asistiu Feijoo, que con pegatinas e outras enseñas, fixeron pública a defensa do Galego, fai pensar co pais aínda está vivo.

      Non solo falamos o Galego porque nos peta, como diría ó poeta de Celanova, tamén porque é a nosa lingua e nade nos vai quitalo que é noso, Non deixaremos os ladróns, nin o tempranillo sequera, que nos rouben a nosa lingua e a nosa cultura.

      O día da Patria Galega, Feijoo fai unha ofrenda floral a Castelao e a outros galeguistas ilustres. !que cara!. Espero que co aldraxe non resuciten e volvan a morrer ó ver en que se converteu a Xunta.  

25/07/2009 10:28 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris