Facebook Twitter Google +1     Admin

O MELLOR

20090728104350-incendio1.jpg

          O Director xeral de Montes da Xunta de Galicia é un home  que non se corta un pelo a hora de votarse  flores, modesto, e cunha cara mais dura que un seixo.

           Asegurou  que o sistema contraincendios da actual Xunta é o mellor de España, abofé que ten razón, co outro goberno no chovía seguido como agora, estaba cheo de roxos, cos que Deus  non quere nada. Pola contra, agora temos a Deus  da nosa parte e mándanos auga do ceo a esgalla. Con tan bo aliado non hai porque terlle medo ó lume. Supoño que eso era o que quería dicir, con aquelas palabras tan ben ditas, que ninguén entendía.

           Mirade por onde, si Feijoo é un deus, ou manda mais que Deus, a choiva de xullo é cousa súa; controlou os incendios, pero fodeu ós que tiñan vacacións neste mes, os dos hoteis, os dos cámpings, e tódolos que disfrutan co bo tempo. Xa saben, que lle pidan unha indemnización.

           As brigadas tamén felices, a bota-la partida e que siga a cousa.

           Si o resto do monte de España arde é porque non teñen un sistema contraincendios tan bo como o de Feijoo. Non chove como en Galicia. Que Deus nos colla confesados si o tempo mellora.

           As axudas  xa concedidas e non pagadas son actos firmes e débedas contraídas, pero os beneficiarios, os políticos e os sindicatos do campo son galegos cordiais.   

28/07/2009 10:44 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

gravatar.comAutor: serpe

Ei Carballeira!!! Que me dis da última aldraxe deses que chamas "Galicia monolingüe". Podes lelo no link http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/07/28/00031248774820236531177.htm
O QUE HAI QUE OIR, MEU DEUS!!!!

Fecha: 28/07/2009 22:30.


gravatar.comAutor: piuxiño

Veña, hai que darlles caña a eses pailarocos integristas!!

Fecha: 28/07/2009 22:36.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris