Facebook Twitter Google +1     Admin

DESFACENDO O PAIS en cen dias

20090801113041-03.jpg

 

         Feijoo errou o camiño, por querer face-lo contrario do lema: facendo pais. Encargoulle a varias brigadas que recorreran o pais derrubando todo o costruido; estas brigadas seguen tanto o pe da letra o que o xefe guiñol lles ordenou, que non solo derruban o construído polo bipartito, senón que tamén usan a piqueta coas obras da era Fraga; claro, para algúns Fraga era un perigoso demócrata, comunista e separatista.

          Será que a invisible man que o manexa ten un guión que non coñecemos, pero que intuímos, e que a praga de asesores non está a altura dos bonsais. De calquera xeito, a unha persoa que se cree en posesión da verdade, ningún informe o vai a frear. Tamén pra que asesorar de algo que sabes que non van a facer caso e, te vas buscar o cualificativo de dubidoso, de ser un infiltrado; mellor facer un informe que lle dean a razón.

          Xa non é que Feijoo non teña capacidade pra gobernar, o mellor é que non lle deixan facelo; outro, houbérase marchado para casa; por moi vaidoso que sexa e que viva nunha fantasía, sabe que o único que fixo foi destruí-lo feito, sen facer nada novo. En política, non teño coñecemento de que alguén deixara a teta e se fora para súa casa, a menos co chimparan.

          Ten compañeiros de viaxe, ademais dos que ten na sombra, que dan medo o mais destemido. Galicia Monolingüe chama o boicotear as normas legais que non sexan do seu agrado. Antes esto sería incitación á violencia, o socava-la convivencia e o que infrinxía as leis era un delincuente, agora, dun ou doutro xeito, se non participa no poder, anda o seu carón.     

 

          -Intentarei responder ós comentarios que fagais. Si queredes, faremos entre todos un blog  interactivo; así será mais entretido.

 

           Hoxe farei un breve comentario, a modo de engadido, a petición dunha lectora, sobre da consulta do galego, é unha simple opinión; trátase de dicir o que xa dixen: Ha nade se lle ocurriría facer unha enquisa sobre algo que hai que facer, e o que hai que facer co galego ven no Estatuto de Autonomía: o malo non esta no resultado, senón na enquisa mesma. Qué pasa con  ese 40% de abstención no ensino público. ¿É o ensino privado é o que vai marcar a dirección da Consellería?. ¿Alguén cree na honestidade e limpeza do proceso?. ¿alguén cree que os paxaros maman?. Ningún goberno, ningún, dende que se inventou o sistema, convocou un referendo pra perdelo. Outro día falaremos delo.

01/08/2009 11:31 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

gravatar.comAutor: piuxiño

Ven feito o de contestar aos comentarios...de seguro que se fai máis entretido para todos o blog. Noraboa!!!

Fecha: 01/08/2009 12:02.


gravatar.comAutor: serpe

Pero o que eu non entendo sobre a enquisa do galego é porque o futuro da lingua ten que depender da OPINIÓN dunhos poucos. Digo eu que é un tema que afecta ao futuro de todo o país...non so dos que son pais, nin tan sequera dos que teñen fillos en idade escolar. O que ten que facer o Goberno é GOBERNAR, e o Parlamento LEXISLAR...e que se deixen de lerias. Dixen

Fecha: 01/08/2009 12:07.


gravatar.comAutor: madialeva

Hoxe publícase o resultado da enquisa do galego, parece que sobre o 50% quere ensino nos 2 idiomas, un 9% so en galego e un 37% so en castelan, pero o goberno dí que en base a enquisa ten razón en derogalo decreto, resultado: ten razón o 37% sobre o 63%. Hai que telos ben grandes!!

Fecha: 01/08/2009 13:18.


gravatar.comAutor: sempre en galiza

Xa me dirás!!! levoulles máis dun mes cociñar (perdón, digo coñecer) a opinión dos pais sobre o decreto do galego. Vaia un pesadelo de goberno que temos. En fin...

Fecha: 01/08/2009 15:02.


gravatar.comAutor: farelo

E pensabamos que o goberno Fraga desfacía o país coa súa estrutura caciquil e se cargaba a nosa cultura. Tes razón, esto é como a famosa ley de Murphy...a peor sempre se pode ir!!!

Fecha: 01/08/2009 15:05.


gravatar.comAutor: pija faxa

http://www.youtube.com/watch?v=pmPnI8uW134

jo mira que o intento falar gallego,pero nadiña...deixobos un enlace sobre o tema que se debate aqui...uffff espero..jo que se vexa,bueno este gallego me lo enseñaron los nacinalistas de aqui...

Fecha: 01/08/2009 16:58.


gravatar.comAutor: eu o autor

A enquisa pretendía ser unha base que xustificara a súa política en conta do galego. Pese os arranxos xuntaron un modesto apoio, pero eso, pra eles, é solo un contratempo a decisión xa a tiñan tomado. A pixa facha, con todo o respeto pra súa opinión, estando por medio Galicia Monolingüe, sobran comentarios.

Fecha: 01/08/2009 20:27.


gravatar.comAutor: roda

é sensación miña ou non se publican artigos neste blog os domingos???

Fecha: 02/08/2009 16:59.


gravatar.comAutor: mítico

Xa que logo imos ver o concerto de Bruce no Monte do Gozo...fálase que ante a sospeita de que como é habitual neste artista abra cun clásico da zona, como "rianxeira", o noso gran presidente por aquelo do galeguismo cordial, está a negociar que se interprete este clásico popular en versión castelán, algo así como "rianjera"...para respetar os direitos dos castelanfalantes...jajajajaja

Fecha: 02/08/2009 17:23.


Autor: manu

Os domingos deume por non publicar, pero a polémica debe seguir, e os que non imos o concerto do Monte do Gozo, gozamos e reflexionamos con comentarios tan atinados como os de serpe

Fecha: 02/08/2009 18:39.


gravatar.comAutor: madialeva

Para roda: ata deus o 7º día descansou, asi que agora que nos goberna deus temos que darlle un día de descanso o autor.

Fecha: 02/08/2009 19:05.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris