Facebook Twitter Google +1     Admin

GOBERNAR DE CU

20090806095229-bigculobacday2009.jpg

 

 

 

 

          Gobernar de cu, ou  de recú, non é o mesmo que gobernar co cu, aínda que vendo o que se ve, non é doado saber cando se trata dunha cousa ou   da outra.

          Pros que gobernan o importante non é o resultado da súa xestión, o importante é parecer que fan algo.

          Cando  o negocio este da Xunta se estaba a poñer en marcha, e  San Caetano aínda estaba baleiro, alguén ordenou que permaneceran acendidas tódalas luces, e unha gran bandeira de Galicia estaba izada no alto do edificio; dicía que así a xente tiña a percepción de que se traballaba.

          O Executivo da Xunta vai de recú, goberna de costas o pais, mirando sempre o que fixeron os que os precederon, pra eles desfacelo; pode que sexa unha voa táctica política a corto prazo, pero o ir de cu, non se sabe pra onde camiña, nin a onde dirixe os seus incertos pasos.

          Gobernando de cu, non se ven os problemas, e nalgún momento terán que da-la volta e camiñar de fronte e atoparanse cos moitos problemas que hai, xa non poderán esconde-la súa incompetencia, votándolle a culpa a outros.

          O malo será si aínda que dean a volta, e xa   non camiñen de cu, gobernarán co cu. Visto o visto,  eso é o mais probable.

          O tempo perdido é malo de recuperar, pero si a eso lle engadimos unha involución que nos achegue o home de Cromañón, terémolo mais difícil. Feijoo despedaza o pais, xa anunciou que ía anula-lo concurso eólico, que era o único que lle quedaba. Os adxudicatarios xa se fretan as mans, facendo contas do que lles toca de indemnización, sen haber invertido un euro.

          Veredes dentro duns días a Feijoo superarse a si mesmo.

           Do prometido na campaña electoral, nada, de nada.

          Vai nevar moito, pasaremos moito frío nesta etapa de xeos, de nos depende que o paréntese dure pouco.    

06/08/2009 09:52 mmarcos #. Administración

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

gravatar.comAutor: piuxiño

Ja,ja...que divertido este artigo. Moi boa a viñeta tamén. Un saúdo!!

Fecha: 06/08/2009 15:16.


gravatar.comAutor: a cabra do saviñao

Estes non gobernan de cara á galería...gobernan de cú á cidadanía, e así lles vai. Namentres, o Presidente tan só parece preocupado de saír nas portadas da prensa para maior fachenda súa. Parece que é certo que dos problemas reais da xente, non os inventados de maneira gratuita, non se preocupan demasiado. Se acaso para utilizalos como arma arroxadiza contra o anterior goberno. Seguen o modelo aznariano de facer oposición da oposición, sen que lles interese asumir unha iniciativa política activa, presos como están da enorme cantidade de pallasadas que prometeron na campaña. A ver en que lles para a cousa

Fecha: 06/08/2009 15:58.


gravatar.comAutor: eu o autor

Si, é certo o que di a cabra de Saviñao, gobernan de cara á galería e de cu pra xente, e facendo oposición da oposición; non si Piusiño.


Fecha: 06/08/2009 20:27.


gravatar.comAutor: serpe

Este presidentiño que nos tocou en sorte está máis preocupado de representar un falsete de estadista de provincias que de asumir o papel que lle corresponde como representante dos intereses de todos os galegos/as. Polo tanto adícase a pasearse polo circuito mediático nacional para gañar en protagonismo á maior gloria da súa carreira, cantando na orella do poder económico e político establecido aquelo que queren oir...é dicir o que se di un trepa en toda regra. Non me negaredes que ben acompañado dese coro de palmeiros que conforman o que eles definen como goberno galego (vaia un eufemismo), e todo isto coa complicidade dos mass media, esa caste de lamecús con pluma adicados a gabar e babexar na entreperna do líder. Se cadra algún día sacarán os fuciños do cú deste presidentiño e daranse conta que algo máis cheira a podre no país...algo así como na fábula de Hans C.Andersen do Rei Espido. Todos a rirlle as grazas ata que algún desprecavido lle dea por contarnos que mexan por nós e dicimos que chove...

Fecha: 06/08/2009 21:27.


gravatar.comAutor: piuxiño

Si, a oposición da oposición, ese principio tan eficaz de enredar as cousas de tal maneira que ó final non se sabe nin quen asume a tarefa de gobernar e polo tanto debe rendir contas da súa actividade nin quen está a representar o papel de oposición e debe vixiar e controlar ao poder, algo así como a tinta do calamar. E mentres eles fan o que queren. Ao pobo que lle vaian dando!!!

Fecha: 06/08/2009 21:32.


gravatar.comAutor: roda

pero e que eu non sei onde teñen estes a cara e onde as súas nádegas!!! Cara a de algúns coas trolas que meten en precampaña, como dí o autor prometer, prometer hasta meter, e unha vez metido esquecer o prometido...e esta vez metéronnola ben!!!

Fecha: 06/08/2009 21:37.


gravatar.comAutor: madialeva

Como dí un compañeiro meu: "metéronnola doblada", o peor do tema e saber se dentro de 4 anos a imos saber sacar.

Fecha: 06/08/2009 21:49.


gravatar.comAutor: eu o autor

Non me negaredes que estas opións non son boas. Xa me empezaba a abuirrirme co blog, agora e que me encanta i é gracias a vos. Tamén podedes suxirir tema. Esto é de todos

Fecha: 06/08/2009 22:52.


gravatar.comAutor: A troita

e que tal se falamos do concurso eólico. Xa sabedes, que si pero non, que agora para diante logo para atrás. A seguridades xurídica a tomar vento!!!

Fecha: 07/08/2009 00:24.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris