Facebook Twitter Google +1     Admin

O CORRUPTO SEMPRE É OUTRO

20090808220939-20090808105344-corrupcion1.jpg

 

 

          Sempre  o corrupto é o veciño,  ninguen sinte que os seus actos sexan corruptos, a razón de que non teñan os actos por corruptos é, nas mais das veces, en carecer de valores morais. Destruír á oposición ou, simplemente, lucrarse, son os casos mais comúns.        

           O PP pretende agora anula-lo concurso eólico pra dárllelo os amigos, hasta aí normal, aínda non construíu nada, todo o que fixo foi desfacer e indemnizar os beneficiarios, con cargo o peto dos galegos, claro.

           O mais parecido a corrupción que atoparon no goberno bipartito foi a Quintana nun iate de invitado. Non foi un feito afortunado, porque non chega con que fora honrado, tamén tiña que parecelo.

          O de Quintana navegando no iate é unha imaxe  nefasta, pero asociala con un acto de corrupción solo o pode facer quen está  cuberto de merda e todo lle cheira; que a sola imaxe do iate   sexa o único que teñen para anula-lo concurso eólico, da idea dos fundamentos xurídicos que se gastan.Vai ser todo un esperpento ve-la anulación e a convocatoria. Por suposto, as indemnizacións pagaranas  cos nosos cartos.

          Encargáronlle a Asesoría Xurídica da Xunta que fixera un informe con argumentos pra tomba-lo concurso eólico. Que papel!; aínda que hai algún que lle pon gañas, menos mal que non é moi bo.

          Pra semana falaremos do concurso. Nos comentarios suxeriron o tema.

          Pra Feijoo a corrupción debe ser o medio esencial de  facer política. Chega con recordar, o nada sospeitoso, e sen ir mais lonxe, o feito de que el, sendo Conselleiro no último goberno de Fraga, e Negreira en Portos, deron numerosos contratos ó grupo Gürtel; que parece correspondeu, segundo un medio de comunicación, coa larga e custosa precampaña de Feijoo.

           Debeu chega-lo momento de pagar favores, porque esa macroconsellería do Territorio e outros negocios, tamén ven de adxudicarlle contratos, sen concorrencia, por mais de dou millóns de euros. Que o Presidente da Comunidade Valenciana o procesen por un  traxe e a Feijoo e Negreira non os molesten, paréceme difícil de explicar.

          Gondomar e tantos outros, sen ter que ir a Palma de Mallorca, nin os detidos pola trama Gürtel,  dan  fe dunha descarada amoralidade na  xestión da Cousa Pública.

          A participación no goberno de Feijoo de persoas que na última etapa da Administración Fraga, deron cuantiosas subvencións ilegais, amosa a moralidade e o camiño que sigue Feijoo. 

          Non tódolos do PP son corruptos, pero son os de moralidade laxa, os que mais medran, e nadan con soltura nas procelosas augas da política.

          A Feijoo dálle moita carraxe que lle recorden a corrupción no último goberno de Fraga. Fraga non era o corrupto, pero el era o vicepresidente.

          Mallorca, Levante, Madrid e Galicia, sen esquecer Canarias, son feudos do PP, nos que a corrupción é moeda corrinte.

           Unha corrupción curiosa, das moitas, é a do Conselleiro de Cultura que se vai a Estocolmo  a entrevistarse coa viúva de Casares; cando ela reside habitualmente en Galicia. Eso é austeridade, hai que ver que ben administra os nosos cartos.

          ¿Será que en Suecia non viron nunca un champiñón? Esto é austeridade, esto é unha administración eficaz.

08/08/2009 10:54 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

gravatar.comAutor: sempre en galiza

Moi típico do PP, eso de poñer a funcionar o ventilador para ciscar merda a todos, cando eles están ata as orellas!!!

Fecha: 08/08/2009 11:51.


gravatar.comAutor: Nos mesmos

A corrupcion en Galicia aumenta, sobre todo no relativo a delitos de corrupcion urbanistica, tanto é asi que Galicia xa ocupa o quinto posto no ranking de comunidades autonomas da corrupcion urbanista española.O caso mais tipico de corrupcion urbanistica en Galicia é o tipico alcalde de pobo de costa que recalifica terreos a cambio dunha substanciosa comision pagada polo promotor.Como consecuencia da corrupcion urbanistica en Galicia podemos ver autenticas barbaridades urbanisticas, sobre todo ao longo de toda a costa.

Fecha: 08/08/2009 11:52.


gravatar.comAutor: son do miño

Efectivamente, non debemos esquencer que este personaxe ocupou un papel destacado no derradeiro executivo da era Fraga. Con todo o alumno pronto aventaxou ao mestre, e amosounos que a pior sempre se pode ir.
Nas cuestións de corrupción, o PP sempre levou unha política de quixotismo que lle ten saido moi ben, na que envolven os feitos de tal maneira que semella que son eles as vítimas dun complot en vez de recoñecer os erros. Tamén teñen por común defender a quenes son señalados pola xustiza ou por outros axentes sociais, a pesares de probas tan irrefutábeis como as que van saíndo no caso gürtel. Por riba os seus votantes, que deben ser cegos ou algo así, canto máis evidente parece o roubo con máis afan lles votan. Eu dende logo non entendo nada. Canto máis lles dan polo cu, máis aplauden...

Fecha: 08/08/2009 18:45.


gravatar.comAutor: a cabra do saviñao

Primeiro foi o decreto do galego, logo a volta atrás nos concertos educativos cos centros privados, agora vai a polo concurso eólico. O "derogador" o que tiña que facer era derogar a autonomía directamente, e así xa se aforraba tempo e diñeiro...aínda que claro deste xeito acabaríaselle a tallada!!!

Fecha: 08/08/2009 19:25.


gravatar.comAutor: eu o autor








No último goberno Fraga xa tiña unha influencia grande, pero a derrota é orfa, ainda que a rede de apoios xa a tiña montada, o qur lle permitiu volver como unha "ave fenix". O pp canto mais corrupción mellor se move e tenta aparecer como víctima. Son maestros do escapismo. Normal, si temos en conta que asunto sempre o dominaron ben.
Cabra de Saviñao non lle des ideas que é capaz de facelo. Encarga un informe, e ale.


Fecha: 08/08/2009 20:29.


gravatar.comAutor: madialeva

A culpa témola os cidadáns por non denunciar publicamente tódolo que sabemos, comentámolo en "petit comite", é vox populi,pero no no decimos nos medios. Que ningúen cale se sabe algo, como sociedades, empresas, etc. nas que participan, será unha maneira de espallar a súa merda.

Fecha: 08/08/2009 21:42.


Autor: serpe

Moi típico dos pepeiros fomentar a política clientelar, deseñar a función pública como unha tea de araña onde se mesturan os intereses de partido, persoais e colectivos ao chou, para maior lucro dunhos cuantos. Como dixo alguén por aquí, valerse do pobo e non valelo a el. Lamentablemente os gobernos de dereitas neste país sempre se caracterizaron coma unha homenaxe ao caciquismo.
Por certo, estiven a reparar que se o galego é a lingua PROPIA de Galicia e temos 10 consellerías na Xunta, e hai conselleiros/as que non falan galego, logo haberá conselleiras/os que sexan IMPROPIOS de Galicia. Unha Xunta gobernada por xente incompetente na lingua propia de Galicia. Que vos parece??

Fecha: 08/08/2009 23:15.


Autor: Ai diante hai futuro

Lembrades aquel superpanel de Feij009 á entrada de Santiago vindo do Milladoiro cando as eleccións?, perto da Galuresa, alí nunha obra a medio facer.Levarao o vento unha vez e logo volverono colocar.Pois a obra devandita e dunha das empresas do Gúrtel, a obra segue parada. Tería que dicirnos Mr Feijoo o porque e en que condicións deixaron poñer aquel superpanel, de balde `por exemplo?

Fecha: 08/08/2009 23:16.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris