Facebook Twitter Google +1     Admin

FEIJOO ATACA OS MUIÑOS DE VENTO

20090810135502-20090810104421-quijote-dibujos.jpg

 

          Feijoo é coma o Quijote, a   súa lanza é o Doga, tampouco é idealista como o Quijote, compórtase, mais ben coma un Sancho, non precisamente en sabiduría e demais, ninguen pode negar que é un home agradecido, bo vasallo.  Agora arremete contra os muíños de vento; son xigantes que tentan plantar nos montes da súa Barataria e que lle recordan un goberno, do que el tenta borra-lo recordo, pra que os seus súbditos se esquezan do pasado  e non esperten do feitizo o que os ten sometidos, e que sigan sumidos nos soños das promesas incumpridas. En serio, non é doado falar do eólico, sen   coller un cabreo. Despois de escoitar a Feijoo, na conferencia de prensa, falar ex catedra, deixa a un tan anestesiado que non sabe que dicir; a min, o primeiro que se me ocorreu é que a roda de prensa era un pesadelo, que non podía ser real.

          No pouco tempo que leva no poder, leva feito moitos disparates, pero agora supérase a si mesmo. Este tipo é un perigo público,  co DO deGalicia o seu alcance, e coa chulería que ten é capaz de calquera cousa.

          Todos esperabamos coñece-los argumentos “legais”,  que esgrimiría pra anula-lo eólico, pero solo dixo vaguidades.

          O mais importante foi que quería restaura-la seguridade xurídica; eso xa solo o podía dicir el, o que a vai vulnerar, e converter a Galicia no único pais do mundo coñecido, (evito dicir civilizado), con inseguridade xurídica. Segundo el, e insistiu moito nelo, sinal de que nin el mesmo o cría, o anterior goberno dictou un  Decreto ilegal, agora dictaría unha norma transparente, tan transparente que non se ve o instigador. O de decreto ilegal decidiuno el, non un Tribunal de Xustiza (para que se quere estando el).

         Pra sortea-las numerosas reclamacións e indemnizacións, van construír unha ficción xurídica, segundo a cal a resolución do concurso non é   definitiva e non poderían instar amparo xudicial; pra que nos lles contradigan o inxenio non solicitaran ningún informe consultivo. Todo esto, á marxe de calquera instigación externa, decidiuse no Consello.

         Esto vai dar lugar á paralización do proceso, a unha cascada de reclamacións xudiciais e a cuantiosas indemnizacións, malia que el diga o contrario. Con ser esto grave hai que ter e conta que cando se encha o cupo asignado as autonomías, outras, que non anden nestes enredos, poderían asumilo o que lle corresponde a Galicia e nós quedar sen nada. Dirá alguén , eso non o vai a permitir Iberdrola e demais beneficiarios presuntos. Estas compañías nos lles importan tanto os kilowatios a adxudicar, coma que outros entren no negocio; son como o can do Hortelano: nin comen, nin deixan comer.

                   Por certo, o abrazo do oso. O Poder do kilowatio estivo na toma de posesión de Feijoo; e menudo abrazo.Si a foto de Quintana no iate  podía ser unha síntoma  de corrupción, esto xa deixa de   ser síntoma.

          Di que a participación da Xunta e os concellos na xestión dos eólicos atenta contra a liberdade de empresa; eso será no seu credo ideolóxico de home de Cromañón.

          O mellor: aplicará un canon pra xeneración eólica; así mentres outras Administracións bonifican as enerxías renovables, el ponlles un canon. !Pra nota!.

          Podíase levar a termo no Parlamento un proceso pra inhabilitalo por inepto e prevaricador, pero xa se cubre as costas pedindo un informe xurídico pra cada caso; así, a quen emporca e a Asesoría Xurídica.

          Sen dicir cales dereitos e normas se vulneraron, arremeteu, cal carneiro, contra do anterior Conselleiro de Industria, porque segundo el non sabe do asunto. A súa sapiencia, a de Feijoo, cheira; así que é doado adiviñar onde a ten e, coa benia dos xuristas, preguntariámoslle cal é a súa razón de ciencia; porque a descoñecemos.

          Esto vai dar moito de si,  estamos no comenzo.

10/08/2009 10:45 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

gravatar.comAutor: Martin

Feijoo sabe moito de parque eólicos nos ves que el naceu nos Peares, e alí ai un encoro dos tempos do dictador...

Fecha: 10/08/2009 13:36.


gravatar.comAutor: Iván

O final as cousas sabense.Iberdrola PP La Voz de Galicia, ABC xunto con alguhas fortunas mais poderosas de Galicia.Organizan unha campaña de difamación, acoso e derribo do reparto do vento, utilizando aconstitución, a biblia, o ecoloxismo, cebandose sobre todo no BNG, con obxectivo acadar un novo decreto do vento,que estea a medida dos interesados, que será repartido para empresas foraneas e para os de sempre.Onde mais se vende La voz de Galicia, é onde mais Baixo o Bng.Ninguen vaille parar os pes a La voz de Galicia, nesta e noutras campañas de acoso, derribo e difamación, ao Bng. Isto é terrorismo mediatico

Fecha: 10/08/2009 15:22.


gravatar.comAutor: Outro

Os tontiños dos alcaldes onde se iban colocar os muiños pensarán que van sacar máis beneficio que se empresas galegas explotaran os parques, os galegos crean traballo e no entorno onde están, non levan os cartos para as sedes de Bilbao, Barcelona ou Alemania.porque ca nova adxudicación a ver a quen llas dan: Iberdrola, Fenosa, Endesa, ...Sigan así que "Galicia vai ben" . Se queren deanlles un parque tamén o colexio de veterinarios e outro os do Opus.

Fecha: 10/08/2009 15:23.


gravatar.comAutor: gandeiro

E de vergoña que anulen o mellor que se fixo en todos os governos de galicia. As adxudicacións estaban repartidas entre as principais empresas e sectores galegos, gandeiro, panadeiro, pesqueiro, e sen nomear tamén a participación das duas caixas como entidades de crédito. A xunta tamén iba sacar un bo diñeiro, que logo podería repartir como lle viñera en gana. Porque postos a pedir, en vez de ir os impostos os concellos deberían ir as parroquias ou comunidades de montes onde expropiaron como se pasaran con tanques. E de vergoña que tanto en Galicia como en España un governo se dedique a cambiar o que fixo o anterior. A ver se ven un iluminado que nos saque da UE, postos a pedir, ahora que xa se están a acabar os fondos que viñan a España. E que aquí as leis anúlanse a golpe de maiorias? De todas maneiras temos o que queremos, porque fomos (foron) os galegos os que puxeron a estos no governo e lles deron a maioría. Cantos votos supoñen as familias de todas as empresas as que se lles anulou a concesión.....¿? Para as vindeiras eleccións seguirán votando o PP.E calar que é o que nos queda coma sempre.

Fecha: 10/08/2009 15:24.


Autor: Xurxo

Todos aqueles que se abstiveron ou votaron en branco, que o pensen a próxima vez. Ainda así creo que deixamos pasar unha oportunidade de sentar unhas bases de desenvolvemento diferente e dubido que teñamos outra. Así que agora toca achantar. Ou é que non sabiamos o que ía facer a actual Xunta? ou é que non sabiamos que, detrás do da "imposición do galego" e os Audis, o que realmente estaba era o concurso eólico, as normas do hábitat, a lei de costas......? Era evidente que ían derrogar todo o feito ata entón e que o ataque ademais ía ser brutal. Ante as invasións bárbaras vale de algo manifestarse? supoño que para "reconfortarnos" mutuamente, mentres os da "Coz" e os de Génova se divirten.

Fecha: 10/08/2009 15:42.


Autor: Don Quixote

Ó final non son muiños, son fachas xigantes... ceiba o meu brazo amigo sancho!!

Fecha: 10/08/2009 15:46.


gravatar.comAutor: eu

Hai que empezar a darlles tralla a estes PPePPeros corruptos e vendidos ao servizo das multinacionais que son as que mandan en Génova e na Xunta, En cen dias levan vendido a nosa terra a catro mafiosos

Fecha: 10/08/2009 22:37.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris