Facebook Twitter Google +1     Admin

ESCOLA UNITARIA

20090811131324-20090811102745-escuelamixta.jpg

 

 

           Foi cerne   do noso ensino.

          Carmela, nome ficticio, aprobou a oposición de mestra de escola. Como non ten puntos e é das últimas do escalafón  tocoulle unha escola unitaria, nun pobo perdido . No lugar da escola non atopou pousada, e ten medo de vivir sola na casa escola, que está aparta do dos veciños, nun lugar sombrío e cunha arborada que a enche de longas sombras e de ruídos sospeitosos.

           Os pais de Carmela entroulles un desacougo e non quixeron deixala sola no lugar, polo que a nai foi vivir con ela a casa escola namentres non atopaban unha solución.

          Decidiron que o mellor era que vivira na vila, nunha pensión de moi boa sona, e pra desprazarse a escola mercaríanlle un coche; pero Carmela non quería ser unha carga mais pros seus pais; así que decidiu mercar un coche pequeno a prazos. O pai, un urbanitas, vía aquel mundo do rural coma un mundo cheo de perigos e meteulle no coche tódolos aparellos pra sobrevivir naquel mundo; entre eles unha cousa curiosa: unha machada pra corta-las ramas que o aire tirara ó camiño e lle impediran pasar, aquela “extravagancia” de seu pai sacouna de moitos apuros, tamén lle saíron callos nas mans, e uns músculos que parecía unha cammionera.Tiña na escola unha estufa de leña, que alimentaba coa leña que lle traian os  pais dos alumnos.

          Tiña alumnos vestidos con roupa de marca, pero coas orellas sucias.

           Decidiu que tiña  que ensinarlles as nais antes cos alumnos  e  que a hixiene era boa, que os nenos non había que engordalos, senón alimentalos.

           Non tiña material escolar; así que, despois  de mandar varias peticións, as que non obtivo resposta, presentouse na Delegación de Educación; tiña esperanza  de  que o novo Delegado  de Educación fora receptivo as súas demandas; recibiuna  a Inspectora de Zona, que lle entregou unha relación a un ordenanza pra que lle cargara o material no coche. Carmiña marchou moi contenta,  e foi directa pra escola a deixa-lo material.Nada do que lle deran servía, a estrela era un PC que funcionaba, a luz verdosa da pantalla facía xogo cos seus ollos, o sistema operativo era o ms-2, funcionaba con comandos; o resto do material, aínda que non valía pro ensino, podía valer pra un museo.

          O día siguiente informou os pais da burla que lle fixeran,        e decidiu devolve-lo material, acompañada por unha comisión de pais de alumnos. Tirou o material na entrada da Delegación e pediu ser recibidos polo Delegado, pero non os recibiu; atendeunos a Inspectora e díxolle que lle   dera o que tiña; o presuposto reducírase porque os cartos precisábanse pra enquisa do galego.

          Os pais dos alumnos volveron pra casa sen dicir chío; votaran a austeridade e bo goberno, o mesmo que Carmiña, no xornal que había na mesa leron que os cinco colexios segracionistas lles darían de subvención dous mil millóns de euros nos vindeiros catro anos. Non había nada que dicir, nin que falar; estaba todo dito.   

          Os alumnos de Carmiña era candidatos ó sacho, ou  a algo    similar, os colexios segregacionistas eran pra  formar elite. A xunta  solo lle interesaban  cando   tiveran idade de votar

 

11/08/2009 10:27 mmarcos #. Administración

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Maria

Home escolas unitarias xa non quedaran moitas, este relato salvo o ordenador parece escrito nos tempos do dictador...

Fecha: 11/08/2009 13:07.


gravatar.comAutor: eu o autor

Maria, ainda quedan. non é solo ficción, a realidade supera a ficción

Fecha: 11/08/2009 13:46.


gravatar.comAutor: Xa

estes cumpren a lei cando lles convén e cando é que non fan o que lles peta....

Fecha: 11/08/2009 15:54.


Autor: Nos mesmos

A colonización da Galiza é secular. Comezou coa prohibición do idioma galego na Galiza e co troco dos funcionarios públicos galegos por casteláns.Esa colonización foi aumentando coa vinda de casteláns para as cidades galegas.Aos casteláns era dado os mellores empregos, ficando para os galegos os peores traballos e mesmo así terían que falar castelán. Claro que coa imposicion do castelán, os casteláns pasaran a ter vantaxes profesionais pois usaban o idioma materno mentres os galegos na súa terra tiñan que falar estranxeiro. Estes feitos non teñen nada a ver con Franco, aínda que este empeorase as cousas.Os colonizadores acusan os galegos de seren esquerdistas. Ten a súa razón de ser. Os casteláns tiraran aos galegos o dereito de escoller o traballo lanzándoos para o proletariado, só por seren galegos. Este racismo castelán ten condicionado psicoloxicamente o pobo galego durante séculos.Isto é ben significativo da quantificacion do crime contra a humanidade practicado durante séculos na Galiza.

Fecha: 11/08/2009 15:57.


Autor: Jesusmb

A min o que me parece unha vergonza é que se financie a educación privada-concertada, en moitos casos con máis medios que a propia escola pública. Quen quera unha educación privada que a pague e senón o ten fácil, a EDUCACION PUBLICA, que debería sela única pola que o goberno debería traballar e impulsar. É unha lastima pero que se espera de xente que leva os seus fillos á privada?.

Fecha: 11/08/2009 17:33.


Autor: piuxiño

O peor de todo e ver día a día cal é a situación da escola pública, con falta de persoal, falta de medios, materiais deteriorados, instalacións que non cumpren os mínimos de seguridade... por non falar do estado do transporte, xa que existen moitos casos que teñen que adaptar o seu horario para que a Consellería pague un único autobús compartido por catro centros. Os docentes da escola pública aproban unha oposición para que os manden a traballar lonxe da súa casa en centros lamentables, mentras os docentes dos colexios concertados, contratados a dedo e traballando nas urbes inde viven e gozando dos mellores recusros, son pagados tamén con cartos públicos+subvencións.

O ensino debe ser gratuito, igual para todos e laico, pero os ricos deste país, pretenden que os seus fillos reciban unha educación á súa medida ( relixiosa, separatista, trilingüe e con cursos de equitación e vela), e subvencionada.

Así é como conseguirenos un ensino público de calidade?

Fecha: 11/08/2009 17:35.


Autor: Outro

Hai que botarlle unha man os amiguetes. E decir, os Rajoy, Iberdrolas, Caja Madrid, Rouco,etc.

PPdeG = Privatizacions, galegofobia, autoodio, fanatismo relixioso, caciquismo, defensa dos intereses das grandes multinacionais con domicilio social fora, centralismo,destruccion do medio ambiente (urbanismo salvaxe na costa, eolicos nos montes, hidraulicas nos rios, piscifactorias en sitios protexidos, ¿nucleares?, etc).

Fecha: 11/08/2009 17:39.


Autor: Egs


As cousas están moi claras : os galegos decidiron nas urnas que os gobernara a dereita pura e dura. Ahí o tedes : parques eólicos para as grandes empresas non galegas e, ás nosas, a f...... ; construción no rural "á carta" dos concellos; ¿construción na costa?; separación por sexos de nenos e nenas; ¿Caixas galegas?; diminución do apoio ao noso idioma (¡¡seica o castelán está en perigo!!); ... .

Agora, iso si : o importante foi o coche de Touriño. ¡Que cousas, mi madriña!. Ocultóuselle a xente que dos 30 coches Audi, 27 foran mercados polo goberno anterior ao bipartito. De aquel goberno anterior formaba parte Núñez Feijóo.

Frase xa tópica de Einstein : "Hai dous cousas infinitas, o universo e a estupidez humana, e da primeira non estou seguro"

Fecha: 11/08/2009 17:40.


gravatar.comAutor: Pontevedres

Para pagar os libros as familias non hai cartos pero para financiar colexios pro franquistas si hai. É ilegal e ilexítimo ter galescolas onde se ensina todo en galego pero é normal ter colexios que segregan nenos e nenas e que impoñen a relixión...logo van de democratas, falan de liberdade pero xa vemos o que sodes e a quenes beneficiades...

Fecha: 11/08/2009 17:41.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris