Facebook Twitter Google +1     Admin

PROMESAS QUE SE ESQUECERON

20090813104430-getattachment.jpg

 

          Na longa precamapaña que padecemos, Feijoo prometeu de todo, solo lle faltou prometer noivo ás solteironas. Dicía que o bipartito practicaba o nepotismo; el agora non anda polas ramas, practica directamente o escurantismo é a corrupción.  No mes en que estamos, case tódolos organismos están a medio gas, o que non esta pechado; aproveitou esta circunstancia pra adxudicar contratos a dedo e publica-las convocatorias no Boletín da Unión Europea. Estas convocatorias non se publicaron no Doga. Por moi ben pensados que queiramos ser, o asunto solta tal tufo e é tan manifesta a intención de limita-la concorrencia, que fai banal  intentar maquilla-lo proceso. A Corrupción non solo se supón que, a mais, quérenos tratar de estúpidos. Pregúntote, si alguén en Letonia terá intres en participar no concurso pra adxudicarse o comedor do Colexio da Cañiza, poñamos por caso.  Está ben eso de publica-lo no Boletín da Unión Europea, pero o DOG é o boletín da comunidade, e os concursos que convoca a comunidade deben publicarse nel, pra eso está: os concursos, ademais de ilegais, por falta de publicidade legal, son o reflexo dun xeito de gobernar. Favorecer solo os amigos, ese é o asunto.

          A consellería de Educación, cos Colexios, e a de Traballo coas Residencias da Terceira Idade, son as que mais contratos outorgaron, Pero tódalas Consellerías practicaron a mesma política. Sería un motivo mais que xustificado pra pedi-la xuntanza da Deputación Permanente do Parlamento.

          Os parlamentarios do PSOE e os do BNG  non farán tal cousa; non van perder un día de praia ou de parranda, por algo que lle afecta o pais, eles seguen cobrando igual; despois non comprenden porque os electores lles volven as costas.

          Moito prometeu da aplicación da Lei da Dependencia, que se saiba está, igual que todo, paralizada; pero o mais gracioso é que Teresa Táboas, mencionou o tema, e xa saíu unha deputada do PP, ladrando como se estivera rabiosa ,xa se sabe canto mais baixo é o perfil, mais ruido, e votándolle a culpa de todo, como non, o goberno anterior. Eu pensei, inocente de min, na promesa electoral que fixeran: eles ían arranxa-lo todo.

          O que non entendo é como alguén se presta a protagoniza-lo vídeo que fixo o PP sobre a dependencia. É de moi mal gusto utilizar un dependente pra facer ese lixo. A min danme náuseas.

           Estou contando as promesas incumpridas polo tecnócrata; contei polos dedos das mans, logo as dedas dos pes, e non me chegaron; eso si, sobráronme dedos cando contei as obras feitas.  Se fan algo, primeiro encáranlle un informe a un amigo, e logo danlle a obra a outro amigo, que non ten porque ser necesariamente da trama gürtel.  

           

13/08/2009 10:45 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Son do Miño

...bueno xa se sabe, na campaña podían prometer o que quixeran porque nin eles mesmos contaban con chegar a gobernar. Agora do dito ao feito pois hai diferencia. As promesas fóronse co vento!!!

Fecha: 13/08/2009 15:43.


gravatar.comAutor: Xermade

Isto é abraiante, na anterior lexislatura co BNG Galiza estaba por diante de calquera autonomía do PP nas pagas aos dependentes. Pero ao PP e á súa Voz non lles parecía abondo, dicían que había que ir máis rápido. Agora teñen eles o poder, paralizan as axudas e o tema desaparece das portadas dos xornais. E aquí non pasa nada.
Con exemplos como este é onde se amosa máis claramente o poder do aparato planfetario que apoia á direita neste país. Hasta que eso cambie pouco se pode facer para gañar a batalla da imaxe

Fecha: 13/08/2009 15:52.


Autor: Serpe

Pois si, o incumprimento cos maiores dependentes é un dos exemplos máis lamentables do incrumprimento manifesto do programa que aupou ao señor feijoo ó poder. Utilizar este tipo de cuestións tan delicadas para servirse delas e unha vez chegado ó poder mirar para outro lado ou excusarse na xestión dos que os precederon no goberno é o sinal identificativo da maneira de entender a política que teñen. O caso é que venden moi ben a súa estratexia e costará tempo e moito esforzo desenmascaralos perante á cidadanía.

Fecha: 13/08/2009 18:19.


Autor: Castrelos con Cachelos

Este é un goberno que usou o lixo para chegar ao poder e leva 100 días coa mesma técnica para lexitimarse nel. Déronse unha présa desaforada para desaloxar o bipartito de San Caetano coa escusa de tropecentas mil medidas a pór en marcha que se reduciron a que o presidente galego decida agora que "que ten que reflexionar" antes de impulsalas.

Fecha: 13/08/2009 18:29.


Autor: Maria

O director do Xornal acaba de publicar un artigo explicando as claves do cambio de goberno en galicia, o concurso eólico e a relación coa coz de galicia. Moi bo. http://www.xornal.com/opinions/2009/08/09/Opinion/concurso-eolico-claves-poder-galicia/2009080823205421271.html

Fecha: 13/08/2009 20:21.


gravatar.comAutor: eu o autor

Non solo e utilización dos dependentes pra facer política, á relización do video, o meu modo de ver, no solo é zafio, senon que o uso das imaxes é dun mal gusto insuperable. De certo que desapareceu da prensa o asunto da dependencia, igual que todo o que desenmascare a marcha triunfal dos bonsais.

Fecha: 13/08/2009 21:07.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris