Facebook Twitter Google +1     Admin

A ADMINISTRACION LOCAL

20090814101902-84-8192-343-5.jpg

 

         Coa creación  das Superdelegacións da Xunta, houbera sido un bo momento para facer unha fonda e necesaria reforma na administración; o malo é que temos un Presidente que non   ten capacidade, nin independencia pra meter a  Galicia  no século  XXI, e o único que se lle ocurreu foi crear esas Superdelegacións. Efectos: incrementase a burocracia, mais gastos, ningún servicio, pero contrólase dende San Caetano, a través delas, a Administración Periférica da Xunta.

          Os órganos administrativos proliferan como setas. Nun nivel inferior a Xunta hai: comarcas, fundacións, agrupacións, areas , etc; un verdadeiro bosque administrativo, plantado sobre o lombo dos galegos, que teñen que soster unha enmarañada burocracia.

          O lóxico sería suprimir dunha vez estes órganos e articular unha administración local axeitada para este século.

          Despois de escoitar a Feijoo, na reunión cos presidentes das deputacións, falar do seu proxecto; comprendemos que, o que non ten e proxecto, funciona a  golpe de presións e intereses.

          Si quen ten que gobernar, carece de capacidade e non ten ideas, se é a primeira flor dun xardín de bonsais; non podemos esperar que sexan precisamente os órganos a suprimir, nunha posible reforma, os que se eliminen de seu, pra dar paso a unha organización administrativa austera, e que responda ás necesidades sociais do momento.

          O Presidente da Deputación de Lugo. Deu signos de ter un pouco de siso; pois segundo el non consiste en agranda-las Deputacións con mais competencias e mais financiación, non se trata de votar mais peso enriba das costas dos administrados, senón de optimiza-los recursos que teñen, no lado contrario está o Presidente da Deputación de Pontevedra, que quere mais de todo, sen saber pra que.

          Tanto o POSOE como o PP intentaron blinda-las Deputacións e que foran unhas entidades territoriais eternas, déronlles un recoñecemento constitucional; así, nun ou noutro territorio, (Cada partido tiña o dominio dunha parte de España), controlaban as redes clientelares.

          As Deputacións responden a un concepto de división territorial do Estado, unha división artificial, que co paso dos anos, logo de mais de dous séculos, adquire certa carta de natureza.

          Distintas son as estructuras territoriais seculares  coma a parroquia, que Fariña Jamardo  remitía as súas orixes ás Citanias celtas, nas que se asentou a Igresia, pasando a chamarse parroquias.

          A división territorial ideada por Javier de Burgos, fíxose dende Madrid, sen ter en conta a realidade do territorio; por eso temos hoxe un Bierzo, unha Sanabria e un occidente de Asturias; chamándolle algúns a estes territorios “terra irredenta”, Pero vexámolo como simple feito histórico e non caiamos na tentación de reclamalos, que por moi romántico que fora, tamén o podían entender como un  afán imperialista, e si aínda non defendemos o  que temos, non é cousa de meterse en mais lerias.

          Os Concellos necesitan dunha urxente reordenación  do  territorio, pra optimiza-los recursos e prestar uns servicios axeitados. Si queremos facer algo mais que deixar cos concellos sobrevivan esmorecendo lentamente,  temos que pensar en reducir drasticamente o número de concellos.

          A integración da Administración local na  autonómica e a súa reordenación  territorial, terá moitos inimigos, non solo dende o plano político, que se eliminarían concelleiros, deputados, alcaldes, etc, senón dende o propio funcionariado local, que o equipara-los ós da Administración Autonómica verían  diminuídos os seus ingresos.

14/08/2009 10:19 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: piuxiño

Desta vez o autor deu no cravo. Calquera se atrave a remover as estruturas do poder local, a verdadera nai de tódolos chiringuitos que hai neste país.
E vai ser o sr.feijoo o encargardo de renovar estes tinglados??? Imos listos...

Fecha: 14/08/2009 15:21.


Autor: Nos mesmos

A reforma da administración local é tan urxente coma necesaria, nembargantes para levala a cabo necesítase unha vontade política que eu non vexo no goberno actual. Paréceme que estes devaneos do feijoo teñen moito de artificio de cara á galería, para quedar ben, como quen che di que algo facemos...e ao final viran co conto de que como é moi custoso pois mellor deixalo como está e para adiante!!! Ou tamén poden botarlle a culpa aos que gobernaron antes que eles e tan anchos...

Fecha: 14/08/2009 15:53.


Autor: serpe

A crise da Administración Local non é máis que a consecuencia do nefasto modelo de administración clientelar que se ven desenvolvendo neste eido nos últimos anos. Se ben a proximidade aos cidadáns debería servir para dar unha resposta máis áxil aos seus problemas e necesidades, o resultado na práctica é máis ben que as entidades locais (concellos, comarcas e deputacións) están a afastarse de aqueles aos que representan e cuxas necesidades deberan atender. Por riba disto boa parte dos aparatos dos partidos utilizan a administración local para colocar aos seus peóns como recadadores de votos e/ou como vixías da cidadanía, nunha perversa interpretación da democracia. Telos ben controlados a base de chiringuitos, en vez de seren controlados eles polo pobo. Asi nos vai o conto!!!

Fecha: 14/08/2009 23:57.


Autor: Jacinto Chinto

De utilizar as institucións democráticas para servirse delas saben moito no PP. Especialmente denunciable son as prácticas de caciquismo continuado durante tantísimos anos nas Deputacións galegas. Teñen boa gana de cambiar eso co ben que lles foi sempre utilizándoas para beneficio propio

Fecha: 15/08/2009 00:26.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris