Facebook Twitter Google +1     Admin

PERLAS SOLTAS

20090818101756-tulips.jpg

 

           O Bipartito é culpable do actual problema do galego, segundo dixo unha política do PP, eu pensei que os problemas crearos a Xunta de Feijoo, pero parece que non; o mellor na súa pelica ten razón; si o bipartito xa  tivera erradicado o galego, agora xa a xente do glorioso imperio non tiña esa area amolándoos no zapato.  

           O Conselleiro de medio rural informou, redondeando o que xa dixera o Director Xeral de Montes, que o actual goberno mellorou o sistema  contraincendios e culpou o bipartito de falta de organización e previsión. A auténtica verdade e  que viñeron dous días de verán e xa se cagan pola pata abaixo de medo.

          A Consellería de Sanidade que inventa o que sexa pra xustificar  unha privatización do servicio, elimina as consultas de tarde e non sustitue, na súa totalidade, á xente que toma vacacións. Que non digan que a muller non é efectiva, suprime as consultas de tarde e dálles vacacións as doenzas. A culpa é do bipartito, xa tíñamos doenzas abondo e inventan a gripe A.

          O conselleiro ese de tantas cousas, aínda que non deu unha conferencia de prensa mediante un vídeo gravado, (como Arenas), diante duns xornalistas controlados, informoulles de novos  e urxentes investimentos en Sogama, que tería que ter feito o bipartito, por suposto. Todo pra que non se falase da queima incontrolada de medicamentos, as emisións á atmosfera e o modelo e xestión.

          A construcción será o paradigma da desregularización, non se deben poñer trabas as ganancias doadas.

          A Cidade da Cultura traga millóns de euros, e o malo é que non se lle ve o fin, nin o final;  o Conselleiro está desbordado  e non ten ideas, recupera a idea do mausoleo, é o único que ten claro. Fixo algo importante: suprimiu as axudas á traducción, vixentes dende os gobernos Fraga

          Na nova Xunta non hai nepotismo, nin amíguesmo, por solto. O Conselleiro da Presidencia ten as ocorrencias mais peregrinas, aínda que é difícil saber que é o campión. Un parente seu, o mesmo lle fai un informe, un dictame ou unha auditoría; todo o seu gusto.

          A Consellería de Traballo, (aínda que non se traballe, nin haxa traballo); ten un xeito de interpreta-las estatísticas curioso: Si algo mellora o mérito é da Xunta, se empeora a culpa é de Zapatero.

            En Pesca, ademais de suprimi-los proxectos de seguridade pros mariñeiros, permitirase a construcción de piscifactorías onde queiran os interesados, especialmente Pescanova; esta, aínda que sexa en rede natura. Rescatouse un proxecto de López Viga, que fora anulado por sentencia xudicial.

         O de Industria, por entusiasta, encárgase de cargarse o eólico. Os muíños de vento iran onde lle pete a Iberdrola non hai rede natura, nin participación pros afectados.

          Iberdrola xa se posiciona: paralizou o proxecto das Somozas. É unha coartada que lle quere ofrecer a Feijoo.

          Os concesonariios de automóbiles non reciben as axudas prometidas pola Xunta.; ó mellor é  la Junta.

          Pero o que xa pon a guinda é o de Educación: contratos a dedo, acorralamento ó ensino público, protagonismo de interese privados, etc.

          “Un fermoso xardín bonsai.”

18/08/2009 10:17 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: son do miño

Pois si, vaia unha banda que temos por goberno, ou máis ben deberíamos falar de desgoberno

Fecha: 18/08/2009 15:13.


Autor: miudiño

A última deste desgoberno é "a galiña azul", e dicía que había un burato, que tíñamos déficit por tódolos lados e o único que saben facer son parvadas.

Fecha: 18/08/2009 15:19.


Autor: gandeiro

Temos un goberno de chiste, o problema é que eu non lles vexo gracia por ningún lado. Namentres van dando tumbos dun lado para outro, cada día cunha ocurrencia nova, a cada cal máis ridícula. Parece que non as pensan cando as fan. Ou se cadra si, e todas estas leas nas que nos teñen enredados son cortinas de fume para xustificar que nin fan nada nin teñen proxecto para outra cousa que non sexa apropiarse do poder e valerse del.

Fecha: 18/08/2009 16:01.


gravatar.comAutor: eu o autor

si, unha banda, tipo Pancho Villa, de feito xza ensaian rancheras; pero o da galiña azul escojóname. O dos bandazos pode ser efecto dos chupiños, digo eu.

Fecha: 18/08/2009 22:17.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris