Facebook Twitter Google +1     Admin

GALIÑA AZUL OU GALIÑA FALANXISTA

20090822103423-1-gallina1.jpg

            A gañadora por elección vosa, aínda que por moi pouco. Por suxerencia dun lector do blog, escribirei unha segunda parten. 

            Nos comentarios do sábado hai unha colaboraión moi boa; recomendo a súa lectura,

 

          Un dos misterios xa se solucionou. As Galescolas xa son recordo dun pasado, no que, non se ensinaba, aleccionábanse ideoloxicamente ós nenos, entraban cantado a internacional e o mestre era o camarada X; agora entran en fila, vestidos de corto, separados por sexos, pra que non pequen, co  xugo e as frechas bordadas na camisa, brazo en alto, paso marcial, e cantando o cara el sol; dentro a mestra de pe, sen maquillaxe, peiteada con un moño; o seu carón o crego, cunha gran barriga, cuberto cunha tella e dándolles a man a bicar ós infantes. A sorpresa: dentro da aula hai unha enorme galiña azul. Dixen pra min: “unha galiña falanxista”, !pensaron en todo!.

          Aínda que é un puido ser, todo é posible na illa de Barataria, mais con estes personaxes. Do anterior borrouse ata o nome, e agora non se sabe onde está o ensino das crianzas, ou se todo se reduce a un elecionamento ideolóxico que todo réxime impón. Porque o esencial é que non estamos nunha alternancia democrática, senón nun cambio de réxime.

          Non sabemos o que cobran os herdeiros de Casares polo uso da ocorrencia. O goberno veulle como caída do ceo o da galiña azul; estou seguro que a interpretación da galiña azul era distinta pra Casares.  Ocúltanse outros custes co meirande celo de secreto de estado, solo se sabe que o custe da carteleira sube dos 22.000 euros. ! cantos cartos teñen!.

          Austeridade e bo goberno, era un lema pra gañar votos, mentres tanto a esperar si o pagan do seu patrimonio, ou van a cadea por despilfarro.

         O que mais doe é que se usen os nenos con fins políticos, que impoñan tanta carga ideolóxica no ensino, que se tire co diñeiro, que se faga, en definitiva, o contrario do que se di.

          Preocúpanme os centos de traballadores das que agora chaman escolas infantís, das que o bipartito creou 86 centros en catro anos, mentres que o PP creou 25 e 16 anos de goberno. O seu non son as escolas, porque non pensan volver a ser nenos, tampouco quitar negocio ós centros privados, e os pais que queiran mandar os fillos a estes  centros que o paguen do seu peto.

          Dento dese clima de austeridade que nos vendeu Feijoo, cámbianse os logos a todo, e non é precisamente pra aforrar: cambia-la casiña coa bandeira de Galicia no tellado, pra sustitui-la pola galiña azul, que tamén ten entre as plumas unha bandeira de Galicia, non pode ser alegado que se fai polo motivo de aforro; o que ocorre é que lle ofende a bandeira de Galicia na casiña, nos mandilóns e ata a de San Caetano. Oféndelles a lingua galega, o ser galegos; eiquí si que se vei a man que acanea o berce, que non é outra que as FAES.

          Intentar elimina-la lingua e os símbolos dun pobo, polo seu propio  goberno é  algo que nunca se veu, unha conducta criminal, que urxe unha petición de amparo xudicial O tribunal de Dereitos Humanos,  polo xenocidio a que están sometendo o noso pobo e da nosa cultura.          

          Hai que pensar que estamos en Barataria, esto non é Galicia, ningún símbolo que recorde ese pais de néboas pode quedar en pe. Ese é o xeito de gobernar desta dereita cavernícola.

          Eu cando me referín á galiña azul, como unha posible galiña falanxista, de ningún xeito asimilei a galiña de Casares cunha galiña falanxista; pero os ideólogos do réxime viron un logo axeitado pros seus fins, lanzando un mensaxe subliminal, que nos leva ós tempos do imperio e o glorioso azul; solo hai un problema: hai que facer desaparece-la bandeira de Galicia da galiña; espero que non se lles ocorra poñerlle cartucheiras e un fusil pra tapa-lo da bandeira.

          A gallinacea ocurrencia das galescolas  é mais que unha ocurrencia; é un insulto á  especie. Ben puideran elixir como logo a galiña de Mos,  pero  non é azul.

22/08/2009 10:34 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Belixerante

Adoito a decir que GALICIA, NON É PAÍS PARA COVARDES** ... pero iso de escoller como simbolo unha galiña, non terá unha lectura subliminar?.... Non será que queren convertir, ou tal vez que consideran, que GALICIA É UN PAÍS DE GALIÑAS ?

O nome é de chiste, propio dun conto para nenos, pero maldita a gracia que fai...

Unha casa cunha bandeira galega é un simbolo politizado!. Manda carallo na Habana!

"Rede galega de escolas infantís" Vs "Rede de escolas infantís de Galicia" Sí señor!: "Cuán grande diferencia".

Ei! un momento! ... xa vou entendendo ... seguramente será porque saben que... NON É O MESMO SER GALEGO, QUE vivir, estar ou ser DE GALICIA. Moi sutil todo, moi sutil. Dominan os elementos comunicativos. Non dan puntada sen fío!!!

Fecha: 22/08/2009 11:01.


Autor: Pepe

Pero non estabamos en crise e non había diñeiro? E todo este cambio "de ideoloxía e despolitización" canto nos vai custar? Ben, supoño que se amañará pechando algunha cousa pública máis. Si señor, viva o "aforro"!

Fecha: 22/08/2009 11:03.


Autor: Eukesei

Que eu sepa nas galescolas non ensinaban política aos nenos. funcionaban coma o resto de guarderías.

Quen verdaderamente politizou todo foron os medios de comunicación é o pp, entrando nun xogo sucio de desprestixio.

Agora si, moita austeridade, pero cambiar todos os rotulos e toda a historia, é unha pasta do copón pero bueno...

Fecha: 22/08/2009 11:04.


Autor: Sartalo

ja,ja...ja..ja!!! Galiña falanxista...que bo!!!
Supoño que puxeron unha galiña porque unha gaivota azul xa sería moi cantoso...ja,ja!!!
Agora que lles ensinen aos pequenos que o demo é roxo e xa van ven aprendidos...si, señor!!! jajaja

Fecha: 22/08/2009 11:07.


Autor: Ventureiro

Debo estar confundido, pero siempre he creido que la bandera de Galicia nos representa todos los gallegos. Si la imagen de las Galescolas tenían la bandera de Galicia, ¿qué hay de malo en ello?. El hecho de quitarla no es despoltizar sino que me temo que a este Conselleiro le molesta la bandera de Galicia, le molesta el idioma gallego, le molestan los libros gratuitos, le molestan los colegios públicos con niños y niñas juntos...

Fecha: 22/08/2009 11:08.


Autor: Barcala

Pois digo eu que agora pasarán de chamarse galescolas a Galiñascolas!!!
E xa que logo trataremos aos pequenos como poliños e os empregados en vez de poñer un comedor que lles den penso ou que os boten para o chan e lles cisquen unhos graus de millo!!!
E que mira que inventan algúns, eh??
O que hai que ver...

Fecha: 22/08/2009 11:12.


gravatar.comAutor: eu o autor

Que bo eso de galiñoescolas, non se me ocurrira. De certo que nos queren converter nun pais de galiñas, con mensaxe subbliminal. Dos cartos o luns falaremos. Hai un cambeo de réxime, non alternancia política e calquera simbolo que lles recorde a democracia, amólalles

Fecha: 22/08/2009 13:41.


Autor: Val Miñor

Os galegófobos usan aos galeguistas mortos de escudos humanos. Primeiro unhas flores a Castelao, logo un pouco de botafumeiro a Piñeiro, agora un golpe de avecren a Casares. Mañá cantarán o pasodoble Bieito Lobeira.

Fecha: 22/08/2009 15:08.


Autor: serpe

O novo goberno da Xunta de Galicia decidiu cambiar o nome e o logotipo das gardarías infantís públicas (antes chamadas "galescolas") substituíndo a casiña que debuxaran os responsables anteriores por unha "gallinita azul" que leva baixo a á un lapis recentemente afiado. Esta imaxe foi cedida á Xunta pola viúva do falecido escritor Carlos Casares que, nun conto para nenos, aludía a unha galiña azul que puña ovos de todas as cores, o que era considerado como un acto subversivo polas autoridades da época. O alcalde do pobo mandouna prender pero os gardas non conseguiron localizala porque os veciños se confabularon para pintar todas as galiñas de cor azul. O relato, como ben lembra algún medio, era unha metáfora moi explícita sobre a persecución política durante o franquismo e sobre a necesidade que tiñan quen se arriscaban a pór ovos de todas as cores de mimetizarse baixo a cor azul dominante do uniforme de Falanxe Española, o partido único, para despistar aos acosadores. Pasados os anos, aos fillos políticos do fundador do PP, que cando era ministro de Franco perseguía sañudamente a todas as galiñas azuis que se atrevían a pór ovos de cores prohibidas, déronlle a volta ao conto de Casares e convertérono nun símbolo da loita pola liberdade contra a imposición ideolóxica e lingüística supostamente desatada polos nacionalistas do BNG, ao seu paso polo Goberno. Dixérono, con outras palabras, o conselleiro de Educación e a conselleira de Traballo, durante o acto de presentación. O señor Vázquez aludiu ao obxectivo de "despolitizar" a educación infantil, o que en boca dun político significa que haberá unha "politización" en sentido contrario. E a señora Mato, máis expresiva e contundente, describiu o novo proxecto como "unha rede sen adoctrinamiento, destinada a formar cidadáns librepensadores e portadores de dereitos universais". A linguaxe da señora Mato lémbrame aquela definición de José Antonio Primo de Rivera sobre o home español como "portador de valores eternos". Atrévome a vaticinar que esta señora dará moito xogo na política rexional. Nun dos seus primeiros actos oficiais, tras o seu nomeamento, declarou que non lle "tremería o pulso" para asinar expedientes de regulación de emprego. A expresión "non me tremerá o pulso" fíxoa famosa o xeneral Franco durante o seu longo mandato. E de seguro fíxoa realidade, porque cando xa padecía a enfermidade de Parkinson e o tembleque da súa man dereita era máis que evidente, asinou sen pestanexar varias sentenzas de morte. A linguaxe trasluce moitas cousas. Na etapa franquista había un programa infantil en Radio Mocidade (a Cadea Azul, por certo) que se chamaba " A Balea Alegre". Apúntoo por se aos novos reitores da Xunta pódelles servir para promocionar o seu proxecto...en fin!!!

Fecha: 22/08/2009 15:20.


Autor: sempre en galiza

DesPPilfarro en plena crise: enquisas sobre o galego, cambio de carteis nas galescolas (soamente pq lles molesta a nos bandeira oficial e que se chamen GALEscolas), mais cartos para a Cidade da Incultura,etc.

De seguro que se en vez de galescolas fosen INGLEscolas ou Españolescuelas non se molestaban en despilfarrar cartos dos galegos en cambiar os carteis.

Estamos ante un goberno de demagogos que unicamente esta a perseguir a lingua e identidade galega e destruir o feito polo bipartito (fose bo ou malo). O unico feito por eles foi darlle cartos os colexios concertados do Opus que segregan por sexos.

O problema que ten o PP é que foi o BNG quen decidiu, logo de 16 anos de goberno do PP, por en funcionamento unha red de galescolas por toda a xeografia galega e de ahi que lles molestase tanto a bandeira galega, pq identificaba a galescola co nacionalismo galego. Non puxeron a española pq xa seria demasiado, pero poñen unha galiña coas cores do PP, o mais español e ppero que puideron atopar.

E mentres se atican a estas parvadas o sector do leite, metal vai camiño de deixar na rua e absoluta pobreza a miles de familias. Co que iso vai supor para importantes zonas da xeografia galega que viven deses sectores. Pero iso elles igual. Eles a gastar en enquisas, cambio de carteis , Cidades da Incultura ou Xacobeos.

E por suposto os galegos que saian do ensino sen falar o galego, sen sentirse galegos, e con moito autoodio e sumision. Que iso é o que lle gusta a Madrid, e moi especialmente as grandes multinacionais que veñen aqui a saquear mentres levan fora os beneficios. Un pobo sumiso que non defenda o seu e o mellor para favorecer o colonialismo.

Fecha: 22/08/2009 15:25.


Autor: montserrat


este goberno estase a lucir de carallo.

1º Suprime aulas de educaión infantil e primaria (non hai cartos)

2ºdanlle cartos aos colexios que discriminan por sexos(e iso que non hai cartos)

3ºcambian o logo das galescolas porque considerano imprescinible (e iso que non hai cartos)

4ºNon dan posto a data das oposicións da oferta complementaria que só falta por poñer DENDE FEBREIRO cando o contrato de educadoras e mestres das galescolas de esa oferta complementaria , acábase xa , ¿quen poñerán no seu lugar????????persoas a dedo??????as mesmas persoas que estaban a traballar alí???que pasa coa xente que se inscribiu nesa oferta complemnteria ???????E os cartos??? devolveranos?????

Austeridade, para o que queren para o privado todo, sabendo que alí explotan a xente

Fecha: 22/08/2009 15:27.


Autor: Jacinto Chinto


Non sabía que ensinar- e falar galego era politizar.

Adoctrinase politicamente a un rapaz de 0,1,2 ou tres anos por ensinarlle en galego?.

Máis pronto que tarde trocarán a galiña pola águia e a gaivota.

Fecha: 22/08/2009 15:29.


Autor: sofia

VAIA PAIASADA O DO PP. EU ESIXO QUE VOLTE O LIBRO GORDO DE PETETE!!!

Fecha: 22/08/2009 15:31.


gravatar.comAutor: eu o autor, outravez

Cada comentario ´´e mellor; é moi positiva a interacción de opinións é a pasrticipación de todos Si amamos á liberdade e o pluralismo ideolóxico e queremos unha Galicia de homes e mulleres que se sintan fachendosos de ser galegos, sen importarnos ser de dereitas, ou de esquerdas, que nos une o amor a nosa terra; fagamo pais, espallemos este pensameeno, e cada un de nos logremos que dez mais nos seecunden. Montemos unha cadea de amigos da liberdade. Propoñede temas de debate.

Fecha: 22/08/2009 17:24.


Autor: piuxiño

Pois si que hai comentarios desta volta, que pasada!!! Eu penso que sempre haberá temas para o debate con estes elementos no poder. Ainda que semelle incrible cada día sacan unha carallada nova que te sorprende. De seguro que non han faltar asuntos para comentar de aqui en adiante...

Fecha: 22/08/2009 20:11.


Autor: madialeva

Agora so lles falta poñen os rapaces un uniforme con: pantalón os rapaces e saía as rapazas, camisa azul, garabata negra e boina bermella

Fecha: 22/08/2009 21:36.


Autor: Castrelos con cachelos

Hai que recoñecer que o da pita azul é para nota...case insuperábel!!!
De aquí en diante pasaremos a chamarlles Galiñascolas ou como a min que gusta dicir Galoescolas.
Por certo, un tema que a min me gustaría debater é a asunción partidaria destes tíos da memoria e o legado de galeguistas ilustres ben afastados da súa doctrina, e que eles non teñen ningún problema en utilizar no seu beneficio. MENUDO PAPO!!!
Algún debe estar a revolverse no seu cadaleito...

Fecha: 22/08/2009 22:48.


Autor: Alterego

Con todos mis respetos para el difunto Carlos Casares, autor del cuento infantil "A Galiña Azul", pero la decisión de la Xunta de Galicia de darle con ello nombre y logotipo a las anteriores "Galescolas" del Vice Quintana, es una chorrada y de las gordas. Pero puestos a "meter mano" lo que parece que se ha hecho es "meter la pata", porque veamos: Es cierto que el logotipo de las "Galescolas" no era un prodigio del diseño gráfico ni de la creación de imagen corporativa, pero "A Galiña Azul" tampoco.El concepto de denominación "Galescolas" aparte de su politización "quintanista" no tiene por qué estar reñido con el desarrollo plural, apolítico y de libertad educativa.Y sobre todo, ¿no estamos hablando de crisis, de auteridad y de necesidad de racionalizar el gasto?Cambiar la imagen corporativa de la "Galescolas" es un gasto absolutamente innecesario, de pataleta politica infantil, y que sólo beneficia a los que han conseguido el contrato de ese cambio

Fecha: 22/08/2009 22:53.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris