Facebook Twitter Google +1     Admin

OS MORTOS VIVEN

20090826115210-20090826104036-nosos-4.jpg

 

          Os mortos, para moitos son recordos vivos, memoria dun pasado que nunca esqueceremos.

          Un comentarista deste blog suxeriu o tema; a min dáme medo falar de persoeiros que viviron, e nalgúns casos morreron por Galicia, polo menos dáme moito ríspeto.

          Hai unha longa lista de persoeiros que viviron por e pra Galicia, incluso, algúns deron a vida; son os mártires que regaron a nosa terra co seu sangue, os que eu chamo: os bos e xenerosos. Pero os que non regaron co seu sangue o cha patrio e, nembargantes sufriron autoexilio pra salva-la vida, como no caso de Castelao, son, igualmente, merecentes da nosa veneración.

          Moitos deles sabemos o nome, os de mais sona; pero tamén os anónimos, os que día a día  fan medrar o amilladoiro do servicio ó pais, son merecentes do noso recoñecemento.

          A todos nos queda a imaxe de Feijoo levando flores á tumba de Castelao, e irrítanos o seu fariseísmo. Certo que Castelao é patrimonio de tódolos galegos; pero ¿é Feijoo galego?, esa é a cuestión. Mellor estaría levándolle flores a Franco e a José Antonio, que ben seguro que son o seu modelo.

          Dicía o outro día un dos fillos de Bóveda que Feijoo non se atrevería a levarlle flores a tumba de seu pai; eu non estaría tan seguro, Feijoo ten cara pra eso e pra moito mais. Establecía unha diferencia, o fillo de Bóveda, entre Castelao e seu pai; a seu pai asesinaronno os fascistas, dos que Feijoo se presume herdeiro, pola contra a Castelao non.

          Pois ben, si a Castelao non o asasinaron foi porque puxo auga por medio, o mesmo que outros galegos, si o houberan collido a súa sorte estaba cantada. Non   se pode poñer en dubida a talla intelectual de Castelao, nin o seu compromiso con Galicia, sen que eso supoña desmerecer a outros.

          Se xa foi bochornosa a imaxe de Feijoo poñéndolle flores na tumba a Castelao; facer uso do seu pensamento, atribuíndolle cousas sacadas de contesto é ignominioso.

          Quizá fora necesario recordar o que dixo Castelao, cando e cómo, pero sería poñerse a altura de Feijoo e darlle credibilidade as súas palabras, eu négome a rebaixarme a debater con semellante home, pero coido que é necesaria unha segunda parte sobre os devanceiros, nentramentras, a ver que din os comentaristas do blog, e esto deixámolo de limiar. .

          Un día coma hoxe, atopábame tocado na fibra dos sentimentos e escribín esto, que con modestia, hoxe quero compartir con vos:  

Amor á terra

 

En vales escondidos

Entre serras anudadas

Que gardan os segredos

De liberdades soñadas

 

Naceu o amor intenso

Xurdiu o bacío  inmenso

Póla nazón maltratada

Pola terra asoballada

 

As bagoas derramadas

Os suspiros ceibados

As longas camiñadas

En camiños xa andados

 

Da terra de manto verde

A un ceo iluminado

Que a alma morde

Do que desta terra é ben nado

 

O tempo non borra

Os camiños xa trazados

Teñen que ser agora

Dos devanceiros herdados

 

Será o máximo alento

Dos que noutrora loitaron

Que con dor sufriron tanto

Que arreo traballaron

 

Por limpar esta nobre terra

De chupasangues infesta

Que funden as súas raíces

No sagrado chan amado

 

Son os mártires que chaman

Ás xeracións adormecidas

Pra que limpen o chan

Das malas herbas nacidas

 

Que non quede en baldeiro

Que marcaron o vieiro

Coa xenerosa entrega

Dos seus anos mozos

 

Nos que deron as súas vidas

Pra que sintamos a fachenda

Dunha raza que é digna

Que se nega a ser pisada.

26/08/2009 10:41 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Sartalo

Meus parabéns polos versos compostos. Noraboa!!!

Fecha: 26/08/2009 21:15.


Autor: sempre en galiza

Moi bo artigo e unha bonita poesía, con moito sentimento. A miña noraboa para o autor

Fecha: 26/08/2009 23:23.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris