Facebook Twitter Google +1     Admin

AS AUDIENCIAS MANDAN

20090901105947-television.jpg

 

          Que as audiencias mandan, non deixa de ser algo que ten un valor relativo; si fora algo matemático e inmediato a TVG tería  dado un golpe de temón pra endereita-lo se rumbo.  Din esas estatísticas, que non son as do famoso Miranda, que a TVG perdeu  audiencia.

              O PP ocorréselle poñer parches de urxencia pra saír da desfeita: entreles, reduci-los salarios; PSOE e BNG votaron en contra; non porque non comprendan que  dada a caída brutal de ingresos, non haxa que adecua-los gastos, pra  manter certo equilibrio financeiro, e non recorrer permanentemente ás subvencións. Hasta ai, todo é lóxico e todo entra dentro do guión; o desacordo xurdiu cando o PP pretendeu que o acordo non lle fora aplicable o Director Xeral da Compañía e a outros altos cargos.

          Non rebaixa-los ingresos ós máximos responsables da mala xestión da compañía, solo ten sentido si o PP o que quere e recompensalos por segui-las súas directrices e, en agradecemento, os faga intocables.

          Por qué será que a mínima dificultade ocorréselles sempre a mesma  recepta: meter man nos  salarios   dos que menos  ganan, pero gastos que podían suprimirse, nin se tocan.

          Por   certo a TVG  costa un pastón, unha pasta que todos temos que soportar pra que nos  adoutrinen, nos lancen de continuo mensaxes subliminares,  supriman programas culturais, ou que non lle gusten a San Caetano. Si emiten algún programa   popular,  utilízano pra ridiculizarnos.

          Din que tamén é   coma unha especie de   botín de guerra, que a usan como aparcamento de xente á que se lle debe favores. Algúns empregados, que viñan de vello, sentiron un xúbilo cando gañou Feijoo e  coñeceron a súa liña política; adeus ó galego: falado, escrito, rotulacións, etc. Agora parece Tele Madrid.

01/09/2009 11:00 mmarcos #. Politica

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Telegaita

O da telegaita é de coña, o sr. Iravedra Lestal (antigo profesor de debuxo no Politécnico de Lugo e ex-pte. PP de Lugo) envolsouse so de dietas en seis anos: 553.020 euros. Ver: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Consejeros/TVG/repartieron/56/millones/anos/elpepuespgal/20090625elpgal_7/Tes

Fecha: 01/09/2009 15:40.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris