Facebook Twitter Google +1     Admin

MOJITOS, VIAXES E IMPOSTOS

20090911105956-mojitocubano.jpg

  

 

          ¿Cánto nos costa ós galegos esas xiras dos emisarios de Feijoo por Sudamérica? e en cánto nos vai a saír a viaxe que el mesmo pensa facer, logo de que os emisarios lle preparen o terreo.  ¿ vai sacar Galicia algún beneficio destas viaxes?, ou ¿os beneficios van a ser pro partido e os gastos pra nos?

          Os emisarios non reparan en gastos, son frecuentes as comilonadas nos mellores restaurantes, en estancias e os agasallos en Sociedades Culturais. Todo eso sácannolo do noso peto, logo virannos co conto de que baixan os impostos; eu   sígome declarando obxector fiscal; non quero que baixen os ingresos, quero unha austeridade real, que limiten os gastos, non que limiten os servicios sociais, que limiten os gastos de representación ó estrictamente protocolario, que eliminen os gastos suntuarios, que poden os gastos correntes, en especial as transferencias a entidades privadas.

          Ánxela Bugallo, detrás virá quen bo me fará. Os teus mojitos da Habana foron unha calderilla. O asunto dos mojitos foi moi ben explotado electoralmente, presentárono como se fora un gran convite, un banquete de luxo, a verdade e que o cambio foi como si celebrara a recepción cuns ribeiros, que seria mais exótico e mais caro, moi enxebre; imaxínome que unhas tazas de viño tiñan que ser algo moi orixinal; nin falar do que os do PP dicen que custou a recepción.: o gasto foi en pesos cubanos, pero o PP deu a mesma cifra en euros, ( un deslizo).

            Non fun, o que ese di un partidario de Ana Bugallo, tampouco un detractor; pra min, non era cuestión de pedigree, senón de ovarios, deveu darlle un xiro a cidade da cultura, non debera continuar con ese monstro comecartos, que empezou presupostado en 50 millóns de euros e xa vai en CINCOCENTOS; un despilfarro pra un pais con moitas necesidades e poucos medios, se ben hai que admitir que a cuestión, dada a transcendencia, tiña que ser cousa do Consello. 

          Xa vemos agora como espanforrean os enviados do emperador. O mellor aínda está por chegar, cando o emperador, en persoa, viaxe ás Américas.-

         Xa non somos menores de idade, nin estúpidos, que non entendemos de política fiscal e nos engaiole cunha baixada de impostos pra subilos por outro lado.

           Resístese a devolve-los 1.600 millóns  de euros que o Estado lle anticipou de mais, a conta da recadación; claro se vai baixa-los impostos e o mesmo tempo favorecer a negocios privados con fondos públicos, ese diñeiro viríalle de perlas. O Estado paga a  conta e el invita.

          Quere subscribir débeda pública ata o máximo permitido, e baixa-los impostos no tramo autonómico. !que cara ten! !que estúpidos nos fai!.

          O que nos  faltaba, tamén Zapatero vai subi-los impostos indirectos, os que imos pagar todos, independentemente do que ganemos. Non se atreve cos impostos directos.

           !Que xente!

11/09/2009 11:00 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: piuxiño

Moi certeira a frase esa de que os beneficios serán para o partido e os gastos para nos.
Levaba uns días sen revisar o blog pero xa vexo que o autor non perde a súa ironía.
Noraboa polo artigo

Fecha: 11/09/2009 15:47.


Autor: Eukesei

Efectivamente, coa política tributaria os gobernos aproveitanse da ignorancia xeral da cidadanía.
Por suposto esto non quere dicir que os que nos gobernan teñan moita idea de economía, pero venden moi ben a moto e todos caladiños como ratos a pagar relixiosamente. Pola contra, de programar un gasto eficiente e aplicar austeridade nada de nada...
Asi nos vai!!!

Fecha: 11/09/2009 16:27.


Autor: neboa

Estou totalmente de acordo cos plantexamentos do autor.
Nembargantes temos que aceptar que a práctica da anterior Conselleira de Cultura naquela viaxe a Cuba non foi moi exemplarizante.
Claro está que estes pouco tempo lles levou superarse a pesares de que prometeran desmantelar a rede clientelar que sempre tiveron os gobernos galegos na diáspora, especialmente en sudamérica (Arxentina, Uruguay, Brasil...etc)
Outras das promesas do Sr.Feijoo que se quedarán en iso...unha promesa e punto
Saúdos

Fecha: 11/09/2009 19:47.


Autor: pitaazul

Falando hai un tempo cunha persoa que traballaba en cultura comentounos que o dos mojitos non fora tal como o contou a prensa, parece ser que o que se fixo foi o equivalente a un "viño español" pero alí é o mojito, pero a prensa vendeuno como lle interesaba o PP.

Fecha: 11/09/2009 20:27.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris