Facebook Twitter Google +1     Admin

O DECRETO DA DISCORDIA

20090912104053-debatescz8.jpg

 

  

        O Decreto do galego no ensino, que a actual Xunta pretende derrogar, temos que lembrar que non é unha imposición do bipartito, gozou do consenso de tódolos grupos parlamentarios da  anterior lexislatura; e é desenrolo dunha Lei aprobada na era dos gobernos do PP. Non houbo problemas na aplicación das normas citadas; entón porque o PP emprende agora esta cruzada en contra do galego e se arrisca a crear un cisma dentro do propio PP de G. Con toda seguridade son ordes directas de Génova.

      Os deputados do PP falan dunha inmersión lingüística; unha de dúas:  ou son xente ignorante que non sabe o que é unha inmersión lingüística, ou saben o que é, e falan como si estiveran en campaña electoral; penso que ningunha das dúas, eles non son quen de ter unha opinión  propia, porque Génova é quen dicta as normas.

        É curioso que falen en nome da liberdade e da xustiza ós que lles queren privar de liberdade e lles negan a xustiza ós que non pensan coma eles.

        A transición política en España din que foi modélica, non sei pra quen. Aquí non se xulgou a ningún criminal do franquismo; as víctimas seguen, despois de sesenta anos esquecidas nas cunetas; e aínda hoxe non permiten os seus familiares que busquen os seus restos pra darlles unha sepultura digna. A Xunta de hoxe, pon todos los impedimentos que pode.

        Coincidencia, ou non, Organizacións como “manos limpias· “libertad y memoria”. “galicia bilingüe”, son o contrario do seu nome, e teñen un denominador común: vinculadas a extrema dereita, defensoras do pensamento único e da herdanza franquista.

Consecuencias da transición.

        Galicia Monolingüe, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, e dicir, con cartos públicos, está realizando en Pontevedra unhas xornadas contra do ensino do galego e con envío masivo de propaganda ós colexios.

        Non  se sabe canto costa o evento, é un segredo como o  da galiña azul, mesmo pra ocultalo e evitar unha fiscalización utilizan o Museo Provincial como escudo. Outra consecuencia da transición, modos e personaxes, que ocupan Institucións democráticas, sen cer na democracia.

         Galicia Bilingüe trae xente de tódolos rincóns do planeta. As súas vivencias e exposicións non terán moito co asunto, pero pra eso son especialistas da manipulación; o asunto é facer unha festa polo alto, e moito ruído; total, pagamos nos. Seguiremos o evento, pero sería interesante que alguén fixera un calculo do costo da festa.

        A Deputación de Pontevedra colócase nunha liña da dereita intolerante, do pensamento único, contraria á convivencia pacífica dos cidadáns, que nos sume na noite dos tempos e nos fai recordar feitos que quixéramos esquecer, como  aquela triste  data do 17 de agosto do 1916, cando fusilaron a Alexandre Bóveda. Todo esto é mais grave tendo en conta que usan o noso propio diñeiro.

12/09/2009 10:41 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: piuxiño

Algo estase a mover cando onte os Reitores das Universidades galegas na apertura do curso fixeron fincape na nefasta política lingüísta que impón o PP no actual des-goberno da Xunta. Paga a pena ver como pouco a pouco os que teñen responsabilidades públicas non se achantan diante deste homiño (señoritingo Feijoo) e van alzando a voz nos seus fuciños na defensa do galego

Fecha: 12/09/2009 19:15.


Autor: serpe

Por fin a Universidade -e antes a RAG- saíron ao paso da nefasta ideoloxía lingüística do actual goberno de Feijóo, que se está mostrando como un producto típico do sector máis desgaleguizado polo franquismo das novas clases urbanas que non se conforman con desgaleguizarse a si mesmas, senón que tratan de acabar con todo o que se move en galego e na nosa cultura, e iso toma a forma de derrogacións de normas consensuadas (en moitos casos co propio PP) e deformacións grotescas da realidade, deformacións que se exportan para o seu consumo madrileño e provinciano.

A construción da “mentira lingüística” concretouse no disparatado manifesto pola “lingua común” (o da lingua común non é unha descripción: é unha ameaza sobre as linguas “non comúns”) e nas crónicas que a prensa da dereita máis rancia e centralistal emite un día si e outro tamén, a ver se fai máis e máis dano. Non importa que se lles amosen os Estatutos e a realidade desas linguas que queren sacarse do medio por calquera procedemento.

Fecha: 12/09/2009 19:37.


gravatar.comAutor: eu o autor

Por algo Feijoo quería controla-la política lingüística destes centros. Quere poñer unha mordaza a calquera que poidera disintir. Unha dictadura

Fecha: 12/09/2009 20:23.


Autor: Bendoiro

Veño de ler no "Correo GAllego" unha entrevista a Xusto Beramendi, Catedrático da USC e quero compartir con vos unha verbas que me parecen moi acertadas:

"Na República non había máis galeguistas que os nacionalistas, e fundaron o Partido Galeguista. Ramón Piñeiro establece a diferenza entre o nacionalismo e un galeguismo non nacionalista. Un invento que logo permite que os non nacionalistas se presenten como galeguistas. Isto supón unha aceptación social máis xeralizada de elementos da identidade galega cuxa defensa antes era patrimonio dos nacionalistas: o himno, o idioma, a bandeira, o escudo, a autonomía. A cuestión negativa son os intentos de manipular e terxiversar aquelas figuras. Non se pode decir, como fai Feijóo, que Castelao non era nacionalista porque non se quería separar de España. Isto é dunha mala fe ou dunha estupidez asombrosas. O nacionalismo galego non era separatista. A maioría dos nacionalismos que existiron no Estado español non eran separatistas, agás o vasco. Foron federalistas. Esa actitude tramposa hai que combatila. Deixen ós mortos en paz".

Asi sexa...

Fecha: 13/09/2009 10:33.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris