Facebook Twitter Google +1     Admin

VIVEIRO DE TERRORISTAS

20090916110032-carasol-belchite.jpg

    

                         

                                          

            As organizacións de extremadereita medran como setas, protexidas por certos sectores do poder; e teñen o desparpaxo de quen se sente protexido.

            É preocupante, que dende o goberno central non se tomen medidas con organizacións que teñen un forte compoñente de intolerancia social, que a súa función e crear crispación e ser pebideiro de futuros terroristas.

            Comprendo que pro goberno a principal preocupación sexa ETA, porque é unha lacra que levamos soportado moito tempo, demasiado tempo.

            Pero hai unha  serie de organizacións, moi activas e moi coñecidas, que se están rearmando ideoloxicamente, e que, de non poñerlles remedio agora, van a dar moitos problemas.

            Teñen que ser persoas da rúa as que dean a voz de alarma, coma a nai de Palomino, que no xuizo pola morte do seu fillo, pediu que os grupos ultradereitistas sexan ilegalizados e que loitará para que sexan tipificados no Código Penal os delitos de terrorismo   fascista.

           Pese o tempo transcorrido, non nos podemos esquecer da matanza de Atocha no ano 1977, ó que hai que sumar o asasinato posterior de estudiantes,  por grupos da extrema   dereita.  Unha vez mais hai que loubar o sacrificio e responsabilidade de quenes, dende a dor, non responderon ás provocacións.   

           Son responsables, por cómplices e colaboradores, os poderes públicos que  amparan e promoven as súas actividades.

           As axudas millonarias da Xunta e da Deputación de Pontevedra a Galicia Monolingüe, que ademais de ser reprobables moralmente, son merecentes de investigación criminal. Gardan unha curiosa similitude coas que o PNV daba ós familiares de presos de ETA. Son coincidencias nos extremos. 

           A convivencia social é como unha cacharro que se rompe, e que despois, é imposible de recompoñer; esa é unha das razóns pola que considere a Feijoo como o personaxe mais sinistro da política galega, dende que a humanidade vive en comunidade.

          Non todo van a ser malas noticias; as xornadas de Galicia Monolingüe en Pontevedra son un fracaso de asistencia, eso non obsta pra que manteñamos moi viva, mais que nunca, a loita pola convivencia democrática e se lle esixa a dimisión a Feijoo  e o Presidente da Deputación de Pontevedra por promocionar a grupos extremistas. Son responsables politicamente.

 

 

16/09/2009 11:01 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Ferro

Con toda o protección do Estado, represión policial e da comunicación social a manipular as informacións a favor da defensa do castelán que coloniza e domina durante séculos na Galiza sen que ninguén se preocupe co galego, vén agora o argumento da Galiza Bilingue con Liberdade é ridículo. Como se pode dar liberdade a unha galiña no mesmo espazo que unha raposa? Que tipo de comunicación social que toma partido e usa todas as técnicas de convencimento e que clasifica de radicais os galegos que queren só vivir e falar como galegos na Galiza? Teñan vergoña!!!
Non hai nada máis extremista e RADICAL do que un Estado veciño ocupar e colonizar culturalmente o outro durante séculos. Isto está a facer a España á GALIZA

Fecha: 16/09/2009 12:30.


Autor: Ricardinho

Home, os de Galicia Monolingüe son perigosos...pero tanto como chamarlle terroristas...
Non sei se será unha imputación moi afortunada do autor
De calquera xeito alédome das noticias que falan do escaso éxito que estan acadando as súas xornadas en Pontevedra.
Por certo, que vergoña que a Deputación se preste a estas pantomimas, pero con quen teñen de presidente, xa non nos extraña a ninguén.
Ese señor é un mafioso, e senón que pregunten por Ribadumia, de onde é natural.

Fecha: 16/09/2009 15:02.


Autor: pitaazul

No auxe da estrema dereita ten unha pouca de culpa o PP cas suas mensaxes e as suas aptitudes

Fecha: 16/09/2009 15:29.


gravatar.comAutor: eu o autorm

Quero facer unha aclaración; nunca dixen que os de Galicia Monolingüe fora terroristsd, ainda que as súas doutrinas están nesa linea de intolerancia epersecución pra aniquilación dos que pensen distinto; dixen que organizacións que practican a intolerancia son viveiro de terroristas

Fecha: 16/09/2009 20:35.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris