Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O PODER DISPUTARASE NAS MUNICIPAIS I

O PODER DISPUTARASE NAS MUNICIPAIS I

          

          Non son analista político, e desto entendo pouco, pero  teño o mesmo dereito que se fora un analista en equivocarme. Considérome un observador modesto, sen mala intención, un espectador, que ve os xogos, zancadillas, codazos, puñadas, arrabuñaduras, rechinar  de dentes e demais dos políticos  

          Este tempo quen nos agarda, deica as eleccións locais, vai ser un  tempo moi revolto,  xa sexa entre os socios dos gobernos municipais, ou as malas artes do goberno da Xunta, que lles vai face-la vida moi difícil ós gobernos que non son do seu color.

           Louzán sempre está presto pra promover e financiar mocións de censura, tanto Rajoy como Feijoo actúan como autores intelectuais e consentidores das operacións. Dende as últimas eleccións municipais son mais de nove concellos, e outros en proceso, en Galicia,  nos que o PP se fixo coa alcaldía por este método.

           Curioso, moi curioso, os peperos berran, e rásganse as súas túnicas patricias por unha posible moción de censura nun concello de Andalucía; Galicia non conta; na política española, pra eles, Galicia ten un valor cero.

           Chegar a facerse coa alcaldía por eses métodos, non é  eticamente democrático, aínda que sexa legal, porque se apoian en   seres socialmente desprezables, con un prezo económico e sen razóns obxectivas; e mudar de alcalde pra que todo siga igual, ou defender algún intres privado.                                                         

           Si damos un repaso ós principais concellos, vemos quen na Coruña, cidade, tanto Losada como os seus socios do bloque non o van  a ter doado pra repetir goberno; enfronte van ter a un Negreira que é todo un mestre das marrullerías; non dan moito que falar das lóxicas diferencias entre os socios, lavan os trapos no patio interior,   como debe ser. Negreira, coa colaboración da Xunta, as residuais, especialmente a Ría do Burgo, e o lixo, de feito xa a Xunta lle está   creando problemas para o tratamento en Cerceda.

           No Ferrol hai unha deriva  no PSOE que pode prexudicar moito ás esquerdas, a tódolos partidos. Se rematan as obras da praza a tempo, o alcalde apuntase un tanto; vótase en falla uns accesos en condicións, e o Porto Exterior non ten mais que problemas. A ría é unha cloaca e a cidade precisa dun adecentamento, que faga esquecer vellos laureles, que non se    resolvan  eses problemas é culpa do goberno.

5 comentarios

cebreiro -

Con Louzao algo cheira mal,si. Aínda non sein porque Paco Vázquez estaba no PSOE, quizá fora porque foi un gris funcionario do Ministerio de Trallo e de aquela era o lóxico, pero as cousas mudan, o encherse foise ó bando natural. ¿Feijoo e Negreira, amigos dos sericios centrais da xnnta, ¿compartirán gustos?

sempre en galiza -

Paquiño Vázquez...ese persoeiro ilustre!!!!
Xa me tardaba falar del, eh??
Lembrades aquel manifesto asinado por diversas pesonalidades para promover a súa candidatura ao senado??
Pois hai pouco publicaron unha versión simpática para satirizala que me gustaría compartir con vos (Espero que ao autor non lle pareza mal)

As persoas asinantes, somos coñecedores dos méritos de todo tipo que adornan a carreira política de Francisco Vázquez:

Principal artífice da especulación urbanística na Coruña, con numerosas sentencias do Tribunal Supremos e Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por violación das leis e das propias normativas municipais. O asilo de Adelaida Muro foi derrubado –cambiando a normativa que o protexía- para construír vivendas, que hoxe se venden a 1,4 millóns de euros. Esta operación urbanística foi cualificada como unha “obra de caridade”.

Colaborou estreitamente co PP para encubrir as responsabilidades deste partido na catástrofe do Prestige, recibindo a Aznar a Álvarez Cascos con todos os honores no palacio municipal de María Pita.

Disfrutou dos favores do PP, recibindo a dedo concesións de enerxía eólica, grazas a súa participación en empresas con familiares de altos cargos da Xunta de Fraga.

Violador continuado das leis, negouse durante 23 anos, como alcalde da Coruña, a aplicar a Lei de Normalización da Lingua Galega, aprobada por unanimidade do Parlamento Galego, gastando máis de 300. 000 euros das arcas municipais en recursos, que sempre perdeu, para burlarse da lei.

Como deputado do PSOE no Congreso, e seguindo a directrices da xerarquía da igrexa católica, non apoiou as leis sobre o dereito ao aborto, nin a dos matrimonios homosexuais.

Como alcalde colocaba enriba da mesa un crucifixo dun metro de altura e toda a corporación tiña que pasar por alí para prometer o seu cargo. O seu fervor mariano levouno a dedicar un monumento á virxe do Carme, cun investimento municipal de 90.000 euros.

O concello tivo que pagar 1.500 euros pola súa viaxe a Roma para asistir ao funeral de Xoán Paulo II e outros 9.000 euros para organizar na praza de María Pita unha misa polo Papa falecido.

Está a participar activamente nas campañas para que se sinale a casilla correspondente da declaración da renda para financiar á igrexa católica e para que se manteña o actual sistema de financiamento desa igrexa, segundo o vixente Concordato, que é anterior á aprobación da Constitución. Tamén participa en todo tipo de actos propagandísticos, como a exaltación da figura do fundador do Opus Dei.

Ricardinho -

Por certo, e falando do presidente da Deputación de Pontevedra, que se me esqueceu onte no meu comentario...
O srto.Louzán...como é que acadou este tío ser funcionario municipal e responsable de obras da man do infausto Nené...ese alcalde contrabandista recoñecido en sentenzas xudiciais???
Hummmmm...sospeitoso

recamán -

Eu son dos que penso que as municipais van estar moi pelexadas...pero especialmente A Coruña estará moi, pero que moi chunga. (De Vigo e Santiago, polo de agora mellor non falar, agardaremos a ver se o autor as inclúe noutro artigo)

Ferro -

Acertadísimo o comentario de que mudan de alcalde para que todo siga igual.
En canto á cidade da Coruña (ou La Coruña..feijoo dixit) o amigo Negreira está a recuperar vellas aspiracións da cidadanía máis rancia da cidade herculina, como é o caso da toponímia local. Esto pon ao Psgd-psoe nunha posición incómoda, de tibieza, porque se ten que debater entre manifestarse á esquerda (que sería o máis lóxico) e arriscarse a perder a base social que consolidara o Sir Paco Vázquez; ou afastarse dos seus principios naturais e facerlle o xogo ao PP, alonxándose dos plantexamentos do seu socio natural que é o Bng.
Pola súa parte o señor Tello se fora un pouco listo debería abandonar as posicións maximalistas da súa formación, cando menos de cara ás municipais, ou corre o risco de, si ben afianzar a base que o sostén, afastarse da maioría do sentir herculino e aillar ao Psdg-psoe, promovendo a chegada (que infortunio sería!!) de Negreria ao poder.
Nesta cidade faise visible máis claramente a estratexia que levou á quebra o anterior bipartito. Mentres os partidos de esquerdas non se den conta de que o verdadeiro inimigo esta fronte deles e non entre eles o fracaso estará asegurado.
Sobre o Ferrol non opino, porque non teño demasiado coñecemento da situación local
Un saúdo