Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

COMENZO NO HORREO

COMENZO NO HORREO

 

 

 

          Despois da ausencia vacacional, que parecía un abandono da escena, e en cuxo período o goberno dedicouse comodamente a destruír. A oposición resucita no Pazo do Hórreo, Pachi Vázquez  pídelle o goberno que deixe de humillar ós galegofalantes, eu   engadiría e de acosalos; asemade fíxolle unha petición a Feijoo: “que sae deixe de chulerías e se poña a traballar.

           Feijoo é chulo, pero ademais é un provocador. Vaille a polémica.

          A súa maneira el xa está traballando; dirixe unha brigada de demolición e non está parado. Coido que a estas alturas xa pouco lle debe quedar por destruír. Agora é cando comeza a construcción  do imperio do mal. Recemos, recemos porque chova mansa e derretida.

          As tácticas parlamentarias son segundo o saber do orador; por exemplo: a unha pregunta que lle resultou incómoda, o Conselleiro de Educación respondeu cunha ameaza: “faría pública a lista dos deputados da oposición que mandaban os seus fillos a escola privada”. A ameaza move a risa, porque, que se saiba, non é ningún delito manda-los fillos a colexios privados; pero o ton airado e ameazante con que o fixo, lévanos á seguinte  reflexión: ¿de tan poucas razóns dispón,  que pra responder ten que recorre ó chantaxe.?.

          ¿Teñen vida privada os parlamentarios e os membros do goberno?, ¿ é o mesmo legalidade que inmoralidade?

          Nade  sacou feitos da vida privada de ninguén, nin se aireou as opcións sexuais de nade, porque son cousas da  esfera privada dos individuos e deben permanece nela; pero o amago do Conselleiro de Educación, pode  abri-la caixa de pándora é, polo menos, é impropia; é obriga o PP a pronunciarse publicamente sobre  tema.

          As ameazas do Conselleiro de Educación veñen a confirmar o baixo perfil do goberno; a falta de preparación, fai que á mínima presión estouren.

           As mediocridades, aínda en proceso de floración transitoria, traen reaccións extemporáneas, haberá mais reaccións como  esa, xa veredes.

0 comentarios