Facebook Twitter Google +1     Admin

¿AINDA ESTAMOS DE CAMPAÑA?

20090924105240-mitinpromesa-0.jpg

 

          Os que seguiron as declaración de Núñez Feijoo, seguro que dubidan de se a campaña electoral  rematou; seguen coas rebaixas, eu pensei que xa estabamos en temporada de inverno, pero non, para algunhos a temporada de rebaixas segue. A Xunta vai reducir un 15% os gastos de funcionamento, segundo Feijoo.

           Todos estamos de acordo en que a austeridade debe ter como consecuencia inmediata a reducción dos gastos correntes. Feijoo xa cuantificou a reducción nun 15%, eso é o mesmo que prometeu en campaña; pero como vai reduci-los gastos de funcionamento, si o primeiro que fixo, nada mais tomar posesión foi aumenta-la estructura administrativa, sen que se compensara, nin de lonxe coa reducción nominal do número de Consellerías; digo reducción nominal porque as sedes, estructura administrativa e servicios anexos das Consellerías nominalmente suprimidas, segue intacta.

          Vendernos ese conto, insistindo na mesma mentira non ten sentido, a non ser que  se ateña a aquel dito de que unha mentira, a foza de repetila, a xente crea. Si quixera practicar unha austeridade orzamentaria ese sería un bo comezo. O malo son os feitos, que deixan en propaganda electoral as declaracións:

           1º.-incremento da estructura administrativa da Xunta coa creación de cinco superdelegacións, que nin de lonxe, son compensadas por supresións de Consellerías; insisto, non  da súa estructura..

            2º.-Incremento de altos cargos e asesores, así como outros cargos de libredesignación.

            3º.-Transferencias correntes, sen sequera estar presupostas.

            4º.-Diminución drástica en gastos sociais: educación, servicios sociais e dependencia.

            5º.-Diminución en gastos de inversión; especialmente en infraestructuras, xa presupostadas, sanidade, educación e servicios sociais, onde chegan a non abrir centros xa rematados.

            Qué pasa cos remanentes de crédito, é dicir co presupostado e non gastado. Que se saiba, a mais de dar cartos os amigos, non executaron os orzamentos, imaxínome que pro ano van ter moitos cartos.

              Non é cousa de que fagamos aquí un análise pormenorizado simplemente reseña-lo mais salientable.

              ¿Quén da mais?; agora contarannos milongas.

24/09/2009 10:53 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: pitaazul

Aumentoulles o soldo os xefes territoriales, que o final gañan mais cos antigos delegados, cesou a toda LD, posta polo bipartito que estan a maioria a disposición sen plaza, dedícase a facer mudanzas e obriñas. Porqué non se baixan o soldo el, o resto dos altos cargos e políticos un 20%, ese si seria un exemplo de austeridade en época de crise.

Fecha: 24/09/2009 11:10.


Autor: Sartalo

Chulísima a viñeta...de onde as sacas??? Moi lograda, si señor.

En canto ao que se di no artigo, o problema do PP é que sempre está en campaña. En vez de deixarse de lerias e aplicar o prometido seguen a darse fanfarria cas mesmas historias...

Fecha: 24/09/2009 15:41.


Autor: piuxiño

Non home non, estes non se descabalgan fácil da campaña porque están sempre metidos nela.
Son unhos axitadores natos que viven de revolver ao personal!!!

Fecha: 24/09/2009 16:22.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris