Facebook Twitter Google +1     Admin

ESTRUCTURAS SANITARIAS

20090926104134-1.jpg

                                                                                       

          O goberno bipartito deixara deseñado un plan de infraestructuras sanitarias pra desenrolalas nesta lexislatura; pois  ben, como todo o  feito polo goberno anterior, os    estudio se os proxectos   foron  cartos e tempo perdidos.

          O novo  edificio  a construír no lugar que ocupa o Casares Quiro, case pegado ó clínico, albergaríaa s consultas esternans, doenzas en especiais e hospital de   día.

           Esto é moi importante, ollo o dato, non subiría o  seu costo por riba dos 30 millóns de euros. Os  financiamentos  de partidos con cargo a inversións en obras, cobrando unha coima, non pode admitirse nun pais decente.

           O cuarto hospital en Vigo, cun estudio xa avanzado,       tamén foi paralizado. O estudio custou cartos, pero tamén  Feijoo os tirou polo retrete. Parece que vai expropia-los terreos e paga-lo acordado polo bipartito cos propietarios. Non se resistiu a   deixar unha perla: o bipartito non soubo actuar, os terreos deberan ser gratis. De quén falaría; quén seria o estúpido. !Esta xente do Opus que lista é!. Seguro que lles cambiaría os terreos por unha fanega de sembradura no ceo.

           Vigo ten nunha necesidade urxente de servicios sanitarios; mentres tanto Corina e a Xunta están a afoga-la cidade pra que       de podrida lles caia nas súas garras e condenándoos a un terceiro mundismo.

          En Pontevedra xúntanse á desunión entre os dous partidos gobernantes. A Tenente de Alcalde do PSOE que non perde oportunidade pra contradicir e acosar ó Alcalde do BNG, Telmo do PP que  ve todo  con ollos  de especulación inmobiliaria. Total, non se dan posto de cordo pro emprazamento do hospital a construír. A Xunta   feliz, xa  que o seu é non   facer nada.

          En Ourense o maior problema é a falta de equipo directivo; están chocando os poderes provincias, que defende Baltar e o ordeno e mando de Feijoo.

           O de Lugo non se sabe cando entrará en funcionamento; a vella  residencia de Domingo Tallo xa deu bastante de si. O mellor, mira por onde, o Alcalde  sabe como anda o conto; tamén pode ser que non se entere de nada; o mais seguro é que quén sabe.

            Os coruñeses seguen co seu porto exterior; os     especuladores teñen as garras listas pra votarllas  a inmobiliaria, que medrará ó redor, alleos ós problemas de financiación. Os cartos  empréganse na cidade da incultura en Santiago. Aí é onde se ve unha inversión  productiva.

              Pilar Barjas acusou a un responsable do bipartito de esconde-las listas de solicitude de asistencia médica no queixón, ¿cándo lles enxeñaran en que as acusación falsas teñen consecuencias penais?; mentres temos que escoitar falsidades, ver como poñen en marcha o ventilador pra enche-lo pais de merda, co fin de esconde-la incompetencia e o desgoberno. ¿seique medran as listas, medra o  caos , a desorganización?

26/09/2009 10:42 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: piuxiño

Estes confunden o tociño coa velocidade. Non miran de recortar os cartos en protocolos, viaxes, gabinetes e outras lambonadas...e sen embargo andan a limitar as partidas orzamentarias de servizos básicos como a sanidade e a educación (o recorte de profesores é unha cuestión lamentable)

Fecha: 26/09/2009 10:52.


Autor: sempre en galiza

Pero onde imos con esta Conselleira??
Falar galego é pecado, dixo practicamente a encargada de promover a sanidade privada con cartos públicos. Non quereredes ir ao inferno, verdade??

Fecha: 26/09/2009 11:21.


Autor: Sartalo

Para pufo o que deixara o PP coas fundacións sanitarias...e agora volven ao poder para dicir que a sanidade pública non ten arreglo e deixala esmorecer por non invertir nela??

Fecha: 26/09/2009 11:25.


Autor: Leborán

E logo a sinatura do convenio cos estudantes da Universidade Pontificia de Salamanca para facer práticas nos hospitais galegos??
Vergonza é o que deberían sentir os seus votantes. Que veñan alumnos de fóra a facer prácticas a hospitais galegos! Os alumnos e titulados galegos temos que saír fóra para traballar. Iso é o que lle chaman governar para os cidadáns? Vergonza lles debería dar. E en educación vai pasar o mesmo, terán que saír fóra os titulados para traballar. Estes políticos teñen que cumprir favores cos seus amigos do opus, ¿de onde veñen senón os cartos para campañas políticas, mítines e demais? Pois iso, a cumprir favores coa ultradereita e coa igrexa.
Logo disto non me extrañaria que se fixera unha enquisa,- entre os catolicos,- pra ver de poñer de novo o crucifixo nos quirofanos, e o lado do ciruxano un cura, pra confesion, non sexa que se poida perder unha alma...en fin vamos de cu.

Fecha: 26/09/2009 11:30.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris