Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AMEAZAN O CONCELLO DE VIGO

AMEAZAN O CONCELLO DE VIGO

             O Concello de Vigo saca unha  convocatoria pra  cubrir 28 prazas en urbanismo; esto irrita o PP, mais que nada porque non foron eles os cas convocaran, e amañaran as normas da convocatoria.

              O Director Xeral de Administración Local, íntimo  amigo de Rueda, do que foi compañeiro no Concello de Cambados,  e que ten no seu curriculum persoal a pertenza á  dereita mais nostálxica, mesmo figurou como  candidato nas listas de falanxe. Como dicía o  PP, por medio deste Director Xeral, cominou o Axuntamento de Vigo pra que suspenda as probas convocadas, xa que vai esixir unha proba de Galego, non eliminatoria.

              No caso de que as probas no foran paralizadas, ameazounos con suspendelas el directamente. Esta é a 4ª ameaza do goberno  da Xunta no que  vai de ano. Teñen modais de matóns de barrio.

             Funda a súa oposición en que a convocatoria incumpre a recente reforma da Lei da Función Pública de Galicia que o PP, unilateralmente, levou a cabo pra elimina-lo galego das probas de acceso.

             O Concello de Vigo alega o seu favor a Lei de Réxime Local, artigo  6. O mais importante é o afán do goberno da Xunta en suprimi-la autonomía municipal e gobernar Galicia dende San Caetano.

            Xa me parece dunha mesura e un escrupuloso ríspeto á legalidade o contido d convocatoria, na que o exercicio de galego non é eliminatorio.

            Esta leria que lle entrou o PP co galego, amais de facer patente a súa animosidade contra do galego, tamén pon de manifesto a súa falta de ríspeto  polos administrado; négalles o dereito a que as Administracións Públicas os atendan no seu idioma. Eso demostra que nos ven como unha colonia dun estado opresor, que nega tódolos dereitos, que ademais, vennos como súbditos, non como administrados, nin ciudadanos. 

            Os municipais que están de servicio no Concello de Vigo xa saben que teñen que ter coidado cun señor vestido de azul, que vai asalta-lo concello pra metelo en cintura, é poderoso, actúa e ameaza no nome do lado escuro.

 

0 comentarios