Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O BEN AMADO

O BEN AMADO

 

           O ben amado, ou non tan amado Conselleiro de Educación, ese que tira a pedra e esconde a man; amado polo ensino privado, pro que sempre sobran cartos, escapista e tacaño pro ensino público, ó que lle quita docentes, recorta As axudas pra material, a dotación económica ós Centros, as prazas de comedor, ó ensino do galego, etc., vótalles a culpa ós pais dos alumnos de que xiren os planetas, o bipartito dos problemas que non é capaz de resolver, porque a súa ciencia é limitada, ás protestas dos pais, porque non se moven por problemas reais, senón por criterios de opinión; claro, seguro que eses pais aínda non se entearon de que agora a opinión ten que coincidir coa súa; as demais son inspiradas polo ouro de Moscú, o xudaísmo internacional e os grandes expresos europeos. Non é normal que se declare persoa non grata ó conselleiro, como acordaron nunha escola de idiomas; pero en moitos centros, aínda que non fixeron eso, se se presenta ármanlla.

            A Austeridade, na que esconden as súas ideas de recortes dos gastos sociais, chocan coa liberalidade e o dispendio que fan con algunhas organizacións ultras, en Educación e outras consellerías.

            Recorte ou desorganización, falta de ideas; pois as poucas neuronas que teñen empregáronnas en destruír, e agora o músculo non lles funciona e o cerebro menos; os Colexios empezan o curso sen diñeiro pro mais básico. Xa vexo ós pais dos nenos levando papel hixiénico pros colexios, pra logo, unha vez  usado, levarllo á Consellería pra que o reciclen.

           Vin xente no monte, que pensei que andaban os cogomelos, pero non, eran pais da alumnos que apañaban leña pras vellas estufas que terán que acender no inverno pra que os nenos non pasen frío; porque o Conselleiro vai quentar solo o seu cu, e os Colexios quedaran sen calefacción

              A suba do 15% nas taxas de comedor choca co   feito da baixada de prezos dos productos usados, tamén coa crise económica que viven as familias. O Conselleiro debe pasar mala noite, por eso á mañá se lle ocorren estas cousas, aínda que o mellor é unha estratexia feixoniana de  desprestixio dos servicios públicos; facelos caros e malos pra acabar con eles.

0 comentarios