Facebook Twitter Google +1     Admin

POLITICOS E MACARRAS

20091008115440-feijo-1.jpg

 

 

             Na festa de Silleda había de todo, do que había non  faltaba de nada. Moitos políticos, normal; tamén había macarras; houbo discursos mitineros, vamos, de todo.

            Os macarras son persoas, fundamentalme chulescas, cun xeito parasito de vivir, pagados de se mesmo e que pensan que todo lles  está permitido. 

            Entrando na política, podemos dicir que estes días foron días moi revoltos en  política, pero o ollo da política galega, o mais salientable, foi a xuntanza de Silleda; alí non foi solo un lugar pra luci-la mantilla española; non estar no evento podíache supoñer que te afastaran do poder; había que demostrar que se era un adepto da causa.

             A mesa, á que lle podíamos chamar presidencial, estaba moi poboada, non faltaba o caporal, e lucía, como un unto, a cabeza do Presidente da Deputación Pontevedra. Non sei se repartía tabaco ou outras cousas, porque aquela zona era moi visitada, o mellor solo era pra que os visen, ou pra luci-lo tipo.

             Canto mais próximo estabas o poder era sinal de que       eras dos afortunados, e eso notábase no lugar da mesa na que estabas; naquel sarao de mantillas españolas e banderilleros importaba,  e moito, estar perto do torero.

             Quero que, por un intre, pechedes os ollos e fagades unha representación imaxinaria da festa de Silleda: Empezamos polas das mantillas, con capas de pintura pra sacar anos, tantos anos que o final non se sabía que clase de animal era; mozas en idade de merecer, que paseaban inquedas, cunhos vestidos curtos e tacóns e unhas pernas largas, largas.......Os persoeiros vestidos de banderilleros, entre os que sobresaía Louzao, na primeira fila, a pelo, é un dicir, cunha cabeza como un unto brillando baixo o sol, o estreito traxe facía que as xenerosas carnes se lle desbordaran;   ningún gaiteiro; cando o toureiro fixo o paseillo pra ocupa-la presidencia da mesa, os muletillas tirábanlle os capotes o seu paso; as señora de peineta e mantilla lanzábanlle maliciosos bicos( algún home tamén), as mozas retorcíanse, xirando á dereita e esquerda pra qque se lle viran os perfiles. Negreira non estaba, fora o Cuartelillo pra presentar unha denuncia contra dun camareiro bébedo que lle quixo trincharlle a cara, o confundi-la cun molete de pan. Moitos pensaban que ía na Garda Civil pola trama Gürtel, pero non , de momento todo está ben atado; o día que se solte vai cubrir a moitos de merda.

             O goberno da Xunta recorta en gastos sociais, pero a festa de Silleda era a típica dunha casa grande. !                                        menuda enchenta!,

             A entrada á casa de Pachi Vázquez, estaba bloqueada por unha manifestación de unha ducia de seareiros do PP; Pachi aínda non sabe do poder dun alcalde do rural; a mais a que se lle ocorre reformala cociña da vivenda e cambiar as portas interiores e outras cousas, sen o permiso do alcalde. Se o Axuntamento lle corresponde cobrar unhas taxas polas obras que fixo, hai uns canles legais pra facelo; ou non está moi claro o devengo das taxas, ou se lle quere intimidar pra que non fale dós que con diñeiro público promoven mocións de censura,  provocan a inestabilidade nos Concellos e perverten o sistema democrático. Por certo, unha moción do Grupo Socialista do Parlamento Galego pra que o Tribunal de Contas investigara a contabilidade da Deputación de Pontevedra e uso que fai dos diñeiro de todos, foi rexeitada polo PP.

 

08/10/2009 11:54 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: piuxiño

Jaja!! Que bo o da representación da festa de Silleda, coas señoras españolísias de mantilla e quilos de maquillaxe...ja,ja!!!

Fecha: 08/10/2009 15:51.


Autor: Leborán

Pois anda que o de confundir a Negreira cunha bola de pan!!
Eu é que escacho, meu. Menuda imaxinación tes!!!
Ata sacas algo divertido duns tíos tan tristes...ja,ja...

Fecha: 08/10/2009 15:53.


Autor: sartalo

Jo machiño!!! Mira que tes inventiva, eh??
Mellor así, porque é a única maneira de facer dixerible o des-goberno destes do pepeiros.
Fai falta alguén con ganas de tomarse a cachondeo esta praga que se nos veu enriba.
Talogo!!

Fecha: 08/10/2009 19:57.


Autor: Castrelos con Cachelos

O que me puiden rir hoxe coas tuas ocurrencias, meu. Eu ás veces penso si estes do PP estarán de coña ou van en serio, por iso me fai tanta gracia que todavía quede xente con gañas de rirse das súas paridas. E a festa de afiliados de Silleda é unha parida enorme.
Fanse moi divertidos os artigos cando presentas este tipo de situacións con humor.
Parabéns

Fecha: 08/10/2009 20:00.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris