Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿FEIJOO INOCENTE?

¿FEIJOO INOCENTE?

 

             A dereita, xunto onde pon datos meteorolóxicos de Santiago, tedes a opción de votar polo que consideredes o mellor artigo do mes de setembro

---    votade

            O levantamento parcial do segredo do sumario de Gürtel, orixinou ríos de tinta e os comentaristas, tanto na prensa escrita como na radio e na televisión parecen estrelas. Algunhas cousas xa se foran filtrando, outras sospeitábanse, pero algunhas fannos alucinar.

            A financiación irregular dos partidos era algo que se sospeitaba, pero eiqui hai algo mais; algunhos políticos  enriquecéronse persoalmente; foron moitos os que meteron a man, era unha corrupción xeneralizada alí onde o PP tiña poder.

            É salientable o caso do xenro de Aznar e o de Costa; tamén o de algunhos políticos de Concellos e os intermediarios cos pelotazos urbanísticos. Esta é, precisamente, a fonte de moitas mocións de censura nos Concellos; eu cando vexo unha, xa entro en sospeita. As mocións de censura, co cambio de chaqueta dalgunhos concellais debían estar mais reguladas, así, Louzao non tería tanto traballo.

            Centrémonos na trama galega. Que Feijoo diga que non coñecía a Crespo, que non oíra del, cando era o segundo do PPdeg e trallaba nun departamento da súa Consellería, é ter moito papo. Ser Vicepresidente dun goberno que financiou dúas campañas electorais con diñeiro negro e dicir que non sabe nada, fai falta ter moito rostro.

            Feijoo e Negreira discrepan do cesamento de Crespo; agora  vai resultar que Feijoo tampouco coñece  a Negreira. É normal que nade se queira ver implicado na trama Gürtel, por      eso, os amigos xa non se coñecen.

            Fáltanos saber algo moi importante, quén financiou a pasada campaña do PPg pras autonómicas, quén a longa precampaña, e  quén paga as papancias como as de Silleda.

            Agora xa atopei a razón da suba de prezo, e a baixada           de calidade nos comedores escolares. Coa a que es á cando, o PPg non  quere que Gürtel e outros semellantes lles paguen as  festas, por   eso lles sacaran a sopa os nenos nos comedores, pra poder

face-las súas papancias. 

               Feijoo que andaba polos foros de Madrid dando recetas e consellos a Camps, que os aplique a si mesmo, que falta lle fará.

0 comentarios