Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MEDRAN AS LISTAS DE ESPERA

MEDRAN AS LISTAS DE ESPERA

            Hoxe remata o prazo pra vota-lo artigo

 

            A supresión das peonadas en sanidade fai que as listas de espera medren e se desmadren, mentres o negocio das clínicas privadas está no seu mellor momento. As peonadas, que supoñía unha prolongación de xornada dos equipos de quirófano, establecéronse coa idea de que era un xeito de incrementa-la productividade e reduci-las listas de espera; as listas algo reducíronse, pero non na medida en que os xestores da sanidade  esperaban.

              Suprimi-las peonadas foi unha medida que a provocaron os mesmos que as facían, o abuso  facía imposible a súa continuidade, xerando diferencias salariais abismais na          sanidade e un  desprezo ó doente, do   que pasaban pra enche-los petos.

              As peonadas facíanse en xornada  de tarde, pagadas por  horas, co cal non había presa en que as operacións rematasen. E esaxerado, pero podían tomar un café ou xogar unha partida, porque o tempo corría e a conta medraba; o rendemento na xornada normal non  era o esperado, e a mañá solo se facían operacións sinxelas  que levaran pouco tempo; as grandes adiábanse pra tarde, pras peonadas: os doentes espertaban da operación na noite; pero que mais daba o equipo estaba agusto na súa cama, cos petos cheos. O abuso levou a eso.

               O malo é cando se muda un procedemento sen ofrecer, no seu lugar, unha alternativa. Estes, o goberno, andan en busca da neurona que perdeu e non a atopan.

 

1 comentario

un calquera -

o peor de todo isto e que son os mesmos cans con diferentes cadeas....jajaja nin tan sequera se foron,os mesmos cas puxeron antes ,son os mesmo cas quitan ahora.