Facebook Twitter Google +1     Admin

CREER

20091021110426-968cb2149cc05c673cb2da95ea81db0f.jpg

          Parece  que o PPg pagou sobreprezos por obras pra Xunta á mesma   empresa  que lle vendeu a sede de Santiago. Diante da sospeita de que a sede fora, por medio deses trapichos, pagada con diñeiro público, PSOE e BNG levaron o asunto o parlamento; Rueda, co   seu clásico sosonete e con cara de non saber porque se dubidaba  de algo tan obvio, intentou explicar, pero non ofreceu nada mais que vaguidades, derivando o problema a Sanidade,  que o explicará, dixo. Xa veremos o que inventan pra xustificar a rectificación de escrituras, coa eliminación dunha clausula que  beneficiaba á Xunta, a bestiada do sobreprezo e a curiosa coincidencia  de valores.

           Din que a mellor defensa é un ataque, así que lles atan ós socialistas coa sede de Sogama e co mobiliario; mesmo lles ameazan con facer unha auditoría; imaxínome que feita polo primo de Rueda.

             Ó lixo hai que atacalo con lixo, non fai falla que se fale     de cousas certas e reais, o asunto é esparexer merda, pra que todo cheire e non se saiba onde está o podre.

          Ribas, que saíu coa súa clásica cantinela na conferencia      de prensa, parecía un cura de pobo, solo lle  faltaba a sotana, votoulle a culpa ó PSOE E o BNG, por inventar corruptelas. Non  se, o final, os socialistas  e os nacionalistas teñen a culpa de que á xente lle chova en vacacións.

           Ó final sairá Feijoo con cara de místico e nos reprenderá por pensar mal.

           Os galegos somos pouco agradecidos, non nos  deixamos guiar por   estes líderes, que solo queren o noso ben; tíñamos que ser como o “Tío miseria”, de Labarta Pose; aquel si que  se conformaba, cada desgracia que lle pasaba, daba grazas a Deus, porque eso íalle a supoñer un ferrado mais de sembradura no ceo. Segúndo a súa dona era un avaricioso, quería o ceo solamente pra el debíalle deixar algo de ceo pros demais, non querer levar tódalas desgracias. Nos tamén, non debemos querer tantas corruptelas, debemos crer mais, si din que non hai corruptelas, hai que crelos; eles sempre din a verdade. Case que non.

 

21/10/2009 11:04 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: pitaazul

Non sei de que nos estranamos, o PP sempre fixo o mesmo cando había diñeiro: despilfarrar, malgastar e encherse eles os bolsos e os ciudadans nunca lle preocuparon

Fecha: 21/10/2009 12:41.


Autor: Leborán

Hola, tan so quería dicir que voto a faltar estes días algún comentario sobre a recente Manifestación en defensa do Galego que se celebrou en Compostela.
Eu participei e podo dicir que foi un éxito rotundo

Fecha: 21/10/2009 23:57.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris