Facebook Twitter Google +1     Admin

AS VICTIMAS DO GURTEL

20091026115643-dracula.jpg

 

 

            O PP gábase de que toma medidas; eso ten unha mensaxe subliminal, si estiveran no goberno tamén as tomarían; non quedarían paralizados polo medo escénico. O que me da medo e que as medidas que tomarían serían da mesma índole que as que tomaron no caso do Gürtel.  Sacrifícanse a peóns pra salva-la cabeza dos que verdadeiramente cortan o bacallao. Alguén cree que os sacrificados en Madrid eran os responsables; ou que Costa era o responsable último en Valencia. A tarifa do 3% por obras adxudicadas, ¿ quén a puxo?, non parece que sexa unha cuestión coincidente entre segundos, mais ben parece unha decisión concertada, por xente con poder, que pode que usara a vía da  circular, ou instrucción.

            Aínda na parálise, as decisións últimas sobre a xestión da crise tómanse en Génova; a resolución de Esperanza Aguirre  foi co beneplácito de Génova; si ben Esperanza quedou como unha persoa resolutiva, ó contrario que Rajoi, que deu unha imaxe de indecisión;  agarda que outros laven os trapos sucios,  e esperaba que eles lle resolveran o problema, porque carece  de forza pra enfrontarse a eles.

            As festas pra alcaldes e concelleiros do PP, con rapazas de moralidade distraída, co fin de recalificar terreos, organizadas por Gürtel, aseméllase ás festas de Berlusconi.

            Corrupción económica e prostitución coincidían, i é que a moralidade é un luxo que solo se poden permiti-los pobres.

             Despois de feitos incuestionables, aínda veñen coa teoría da conspiración pra prexudica-lo inmaculado PP; eu penso que os prexudicados somos os cidadáns, ós que non solo nos enganaron, roubáronnos os cartos e a esperanza. 

               Non  se espera que os verdadeiramente importantes dean a cara; esto estase parecendo demasiado á FILESA do PSOE; tamén garda semellanza co caso de Banca Catalana, na que estaba metida CIU; pero estes agora supéranmo todo, é como si quixeran te-la corrupción en exclusiva. Si roubades que sexa moito, si roubades solo pra comer, podedes ir ó caldeiro. Parece que iso é o  que nos queren dicir

26/10/2009 11:57 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Sartalo

Ja,ja...moi bo eso de "rapazas de moralidade distraida"...coas que eles se distraen, engadiría eu!!

Fecha: 26/10/2009 16:42.


Autor: piuxiño

Eu tamén creo que este caso de corrupción política supera con moitos calquera antecedente, incluso o escándalo de Filesa do Psoe. Mais teño dúbidas de se alguén con verdadeiro peso caera desta volta ou se seguirán a taparse os uns aos outros, e mentres abater pequenas pezas como o megapixo de Costa

Fecha: 26/10/2009 17:18.


Autor: a cabra do saviñao

Está claro que o Gurtel é o típico caso de chourizos engominados que se serven da política para medrar. Tes moita razón cando escribes que estes estiraos se tivesemos ocasión dan gañas de zouparlle nos fuciños, pero agora que os utilizan como simples bonecos para recibir todos os golpes ata case que dan pena...bueno, non...que os hostien ben, coño!!! e que se vaian tomar polo cú. Xa estamos fartos dos pijos de sempre que pasan pola política coma se fose unha pasarela. Leña ao mono con eles!!!

Fecha: 26/10/2009 17:36.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris