Facebook Twitter Google +1     Admin

AXENDA DA SEMANA

20091101110343-640316562-pjbggdvyncocwtk.jpg

             O resío da noite

 

 

O Lobeira os dous subimos

Moi cerca do ceo   estábamos

O manto que nos cubría

As estrelas nunha noite fria

 

Rodeabate cós meus brazos

Mentras o desexo nos consumia

Sentía a calor dos tus beizos

O amor nunha noite fria

 

O tempo pasaba amodiño

Com brio os corazóns latían

Os fados do destino

Unha vez mais nos unían

 

                      -AS CUCHIPANDAS; sen reparar en gasto se aínda que falta moito pra procesos electorais, o PPg xa está traballando o voto dos emigrantes.

 

                       -OS QUE NOS MARCARON O VIEIRO. En setembro gañou a elección o artigo sobre os martires da Patria, pouco podemos facer pola súa memoria, porque nada será suficiente; o único recordalos, agora tócanos recoller a colleita do que eles sementaron

                       

                        -O ALPISTE DO LORO: Cando falan de austeridade, de que van a baixa-lo soldo dos Altos Cargos, mesmo dos Deputados, e logo vemos que o soben por outro lado, éntrame un cabreo de que nos tomen así o pelo.

                        - MAÑÁ É OUTRO DIA: As cousas adíanse sen data, como o debate do estado da Autonomía, pero tamén asuntos do goberno diario, preocupándose unicamente de mirar pra atrás

                         -UNIDOS POLA CORRUPCIÓN: PP e PSOE, aínda que pretenden vivir de costas entre si, o certo é que a corrupción parece atoparlles puntos de encontro.

                         -A HIPOCRESÍA PARLAMENTARIA: Non sei si no Parlamento falan pros seu seareiros   e non lles importa o asunto a tratar; viven nun mundo de ficcións

01/11/2009 11:04 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: laura

Pois vaia unha sorpresa que me acabo de levar ao atoparme con esta poesía. Nembargantes non sei que pasa que non podo ver a fotografía que a ilustra.
Saúdos dende Monforte de Lemos

Fecha: 01/11/2009 14:33.


Autor: Moucho da Vila

Aqui na Barcala preto de Santiago de Compostela nun día tan triste como o de hoxe cun tempo tan desapracible, agradécese ler unhas liñas tan emotivas. Unha aperta

Fecha: 01/11/2009 15:05.


Autor: Castrelos con cachelos

Pois eu tampouco vexo ningunha imaxe. Algo debe ir mal. Gustaríame propoñer ao administrador que redactase un artigo, cando poida e sempre que queira claro, sobre o que parece próxima fusión das caixas galegas, e os devaneos de Feijoó para levala a cabo. Un saudiño

Fecha: 01/11/2009 15:07.


Autor: Sartalo

Sí, a decisión sobre o futuro das nosas caixas, que corren o risco de deixar de ser nosas e pasar a mans alleas, parece un tema moi atractivo para polemizar. Súmome a esta petición

Fecha: 01/11/2009 15:34.


Autor: Nos mesmos

Bonita poesía. Eu quedo á espectativa de que será o que nos vai ofrecer o autor coas cuchipandas, e sobre a utilización tan groseira que fai o PP dos clásicos galegos.

Fecha: 01/11/2009 17:52.


Autor: Val Miñor

Sen dúbida a fusión das caixas ben merece algún tipo de comentarios do autor para iniciar o que sería un animado debate. Pero non sei se será o momento adecuado, porque de momento tan so asistimos a certos devaneos do poder para pulsar a opinión pública e non se sabe nada certo. Agardemos pois...

Fecha: 01/11/2009 17:55.


gravatar.comAutor: eu o autor

Pois non sei que pasa coa viñeta de hoxe, eu vexoa, a ver si lle dou co fallo. A poesía, aínda que non moi boa é miña. Farei algo sobre das caixas, pero é un tema moi delicado, o diñeiro é moi medoso e non se pode falar por falar.

Fecha: 01/11/2009 20:13.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris