Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ACOSO O GALEGO

ACOSO O GALEGO

                Por un lado, queren facer de nos un fato de mudos, pretenden quitarnos a fala; na ignorancia, hai quen lles fai seguídesmo; son tempos moi complicados.

                É un feito universalmente admitido que o acoso ó galego non é unha creación orixinaria de Feijoo, nin ten relevancia a belixerante postura de Galicia Monolingüe; ( en todo caso é unha desculpa), Feijoo é un home afeito a medrar á sombra de alguén e de executar políticas que non son súas, senón dos co manexan.

                 Non foi idea súa a privatización de Correos, nin o da Sanidade; certo que el foi o executor, pero cumpría ordes; eso non lle resta responsabilidade, pero pono onde debe estar, no lugar dun boneco de trapo.

                  As Institucións Culturais, como a RAG e o Consello de Cultura, sorpréndense de que lles recorten os orzamentos. Pregúntome si non eran conscientes, fai tempo, que esto ía a pasar; non poden vivir nunha burbulla, alleos o que pasa no pais. Feijoo é partícipe dun xenocidio cultural, e no pode ter a mínima desculpa.

                   Na pasada lexislatura, as forzas afíns ó PP learon unha campaña feroz contra a política lingüística do bipartito e inventaron toda clase de infundías,; esta campaña foi deseñada e promovida pola FAES, pero sobre o terreo hai uns responsables executores da campaña, que son ben coñecidos. Pras forzas do lado escuro a campaña en contra do galego foi un éxito, e aínda hoxe hai moita xente convencida de que o bipartito pretendeu impoñe-lo galego en detrimento do castelán e atcando a liberdade das persoas. Agardo, aínda que sexa en vano, que esa xente sinta a súa liberdade en perigo coa moral ultra relixiosa que impón a Xunta, co ataque o librepensamento, ós servicios públicos e a toda diferenciación cultural.

                    A austeridade económica, entendida a súa maneira, permítelle, ademais de ter coches parados e en saldo, reformar rotulacións e anagramas, tanto en inmobles como mobles e material funxible; moitas con anos de uso, que xa calaran no seu dos cidadáns. O momento económico non é o propicio pra estes despilfarros, pero a Feijoo parece non importarlle, sóbranlle os cartos e segue a folla de ruta que lle marcaron; dese xeito cando veñan outros farán, en boa lóxica, o mesmo, e o pobo a pagar.  

 

0 comentarios