Facebook Twitter Google +1     Admin

¿PAGANDO FAVORES?

20100113104150-343-intereconom-c3-ada-cope-y-radio-mar-c3-ada-se-llevan-ocho-licencias.jpg

 

 

                Feijoo ven de darlle unha axuda de mais de dez millóns de euros a LA VOZ DE GALICIA, pra moderniza-la empresa. Neste feito hai dúas cousas salientables: é a cuarta subvención que se da este medio dende que Feijoo chegou ó poder e outros medios, que solicitaron unha subvención similar, non se lles concedeu. Gato, gato. O apoio a un medio pode ser lexítimo, pero a veces resulta sospeitoso, especialmente cando hai unha corrente bidireccional; así, tanto a liña editorial, como algunhos artigos de opinión parecen creacións de San Caetano.

                A VOZ DE GALICIA permíteche lela en galego, por internet, optando a esta opción cun golpe de clip; eso, ó menos, son puntos o seu favor: a innovación ó servicio da información. O malo é que non é pola súa innovación pola que Feijoo lle da tanto apoio económico, como sería o lóxico, senón polo seu apoio mediático; o que pode lixar a imaxe dun medio punteiro; a obxectividade, ademais de practicala, tamén debía ser unha marca de identidade.

                Xa se empezan a desgrana-las indemnizacións ós concesionarios do concurso eólico que anulou Feijoo; de momento son solo case que mil millóns das antigas pesetas, eu hai meses que non as gano. Estas indemnizacións acordounas a Xunta; o obxectivo é claro: a ver si así desisten da reclamación xudicial en curso; dáme que non.

                Que queredes que vos diga, a min paréceme un escándalo, pero esto vai ser un culebrón.

13/01/2010 10:41 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Decantelo

Totalmente dacordo co que dis, o das subvencións e indemnizacións para pagar os favores dos amigos é un verdadeiro escándalazo!!!
Pero é que non hai oposición neste país??, pregúntome eu...

Fecha: 13/01/2010 10:52.


Autor: M.A.Pardiñas

O das subvencións a medios afíns á liña política do PP é unha política moi socorrida (e moi eficaz, non nos enganemos).
Célebre é a adxudicación da impresión do DOGA según a quen interese, agora "El Correo Gallego", agora "La Voz de Galicia", en fin, todo un clásico ben sabido en Compostela.
Domesticar aos medios con axudas é unha estrataxema que xa ben de antiguo, dos tempos de Fraga.
Se cadra a este tipo hai que recoñecer que en non poucas cousas mellora ao seu mestre.
Dubidoso mérito, penso eu.

Fecha: 13/01/2010 10:55.


Autor: Antonio

Non hai peor cego que o que non quere ver. Fusionaremos caixagalicia e caixanova por galeguismo, e o concurso eólico darémosllo ás empresas foráneas, non ás galegas. Precisamente caixagalicia e caixanova foron as máis favorecidas polo concurso eólico do bipartito. A quen favorecerá Feijoo?, mais ben será a quen favorece Feijoo , pois no DOGA en Outubro, novembro de Decembro do 2009 adxudicouse sen concurso obviamente tres parques eólicos, dous a Iberdrola (un xa construído, ilegal e denunciado polo bipartito), o outro a unha empresa onde participa un alto cargo dun grupo mediático coruñés. Se non me cren vexan o DOGA e infórmense. Non o sabían?, e porqué non o sabían?, no Xornal de Galicia saíu publicado, e tamén en El pais que ten edición galega. Non consintan que os malinformen e infórmense con sentido crítico, fagan o favor, que en Galicia precisamos xente con sentido crítico e non sectariños do PP.

Fecha: 13/01/2010 10:56.


Autor: Rande West

Aínda me lembro cando Feijoo coroouse obsceamente na Praza do Obradoiro.
Nada máis acabar o acto pailán e descender das escaleiras a primeira aperta non foi ninguén do seu partido, nin da súa familia, foi o do presidente de Iberdrola Ignacio Sánchez Galán. Un tipo de moito coidado, ao que moito lle fodía que unha gran parte das empresas concesionarias para sacar enerxía do vento galego fosen precisamente galegas. Parece que esta mesma urticaria é a que ten Feijoo.
O anterior concurso eólico do bipartito garantía a xestión dunha maior parte da torta por parte de empresas galegas, ademais de que uns dividendos xerados polas concesións fosen a parar directamente aos veciños.
En fin, unha nova barbaridade deste nefasto Feijoo, ao servizo de súas amigotes que tributan en Madrid e dos grupos mediáticos aos que tanto lles debe.

Fecha: 13/01/2010 10:58.


Autor: Nós somos Nós

Nin siquera nós, desmemoriados, mercemos un goberno coma este dun pequeno mequetrefe sen raices e a súa panda de patufo desleigados. "Feijo I el privatizador" debería ser cociñeiro porque está en liña coa nova moda da deconstrucción.
Cada día que pasa íl no seu sillón, temos menos país. ¡Qué tres anos nos esperan!

Fecha: 13/01/2010 11:00.


Autor: Sm

Outro cazo mais, como o das caixas. Este tipo goberna para resolverlle os problemas aos amigos. Cantos favores mais te faltan por pagar feijoo?. que vergoña de politico

Fecha: 13/01/2010 16:18.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris