Facebook Twitter Google +1     Admin

UNHA CUNCA DE RIBEIRO

20100115112910-2524262610-cc1a4264e4.jpg

 

          Un vello político, cacique tal vez, recordaba con nostalxia, como se arranxaba o pais, como se decidía o voto ó rededor dunha cunca  de ribeiro; eran tempos da UCD. As polémicas eleccións do PP en Ourense son como se alguén lle dera a moviola do tempo pra tras.

            Aínda que solo son unhas eleccións internas do PP, e a nade, fora dos militantes do PP debera importarlles, aféctannos a  tódolos galegos, ó presentarse dúas versións do PP, que teñen unha visión de Galicia moi distinta. Por un lado a do Baltar de sempre, barón de Ourense, que controlou a provincia cun clientelismo durante os derradeiros anos. Por outra a de Feijoo, señor de unha Galicia feudal, cacique maior do  reino, de moralidade distraida. Nin un, nin outro queren unha Galicia moderna; e eso, é a súa práctica política de supervivencia; son rexímenes que precisan un pobo pobre, escravo e servil.

             A precaria maioría parlamentaria de Feijoo e a súa visión patrimonial dunha feudal Galicia, xógase en Ourense. Amagou cunha imparcialidade que non colaba nin no 28 de decembro; as cartas xogadas polo Superdelegado da Xunta en Ourense e o predilecto campión do señor Feijoo, tamén campión en xogadas sucias e que cambia de señor coa mesma facilidade que outros de chaqueta.

               Xa entran na liorta personaxes alleos a Ourense, o que da a medida da importancia do que alí se coce; incluso A VOZ DE GALICIA, que  pasou de ser un medio que gardaba as formas da noticia e unha aparente independencia, a suciarse cunha noticia dunha compromisaria de Baltar no feudo de Rodríguez Mirinda, o portavoz  do PP. Pois ben, a compromisaria en cuestión é parente da alcaldesa do axuntamento, que goberna o BN; o  que A VOZ DE GALICIA lle parece moi noticiable, pero non di que Rodríguez  Mirinda, político que manexou o concello durante moitos anos, se algo fixo, foi axudar a sumir o concello no mais absoluto abandono; o descrédito da política, propiciou que o BNG se fixera co goberno do concello, e o sr. Rodríguez Mirinda emigrou pra ser portavoz de Feijoo; aínda que se esquece do cidadáns do seu  concello de orixe , segue fel ó  Ribeiro; non así A Limia na que están paradas infraestructuras esenciais polos caciques, e non precisamente polos Baltares, porque as fixo o bipartito. Con Feijoo Ourense, e Galicia enteira, vaise enterar do que é o caciquismo.

15/01/2010 11:29 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: A troita

Digo eu que o de Rodríguez MIRINDA será de coña, jajaja...
Por certo, noraboa polo teu artigo

Fecha: 15/01/2010 16:11.


Autor: Barcala

Ainda que é verdade que as liortas internas de partido tan so deberían afectar aos militantes desa formación política, ao final as consecuencias dos repartos de poderes han ser para todos nos, especialmente para os ourensanos, a quen gobernan esta xente con mau de ferro.
Por min tanto ten Xan como Pelicán, pero se teño que escoller entrambos, non elixo ningún. Entre a estrambótica forma de entender a políticas dos Baltares e a altanería dos Feijoos...xa me dirás ti!!!
A cada quen pior.

Fecha: 15/01/2010 16:37.


Autor: xacando

Isto non e una sucesión democrática, é una abdicación disfrazada de demócrata, lémbrame moito aquelas votacions da epoca de Franco para elexir sucesor...

Fecha: 15/01/2010 17:06.


Autor: Jesús

Falar en termos políticos de dinastías é contradicir o significado mesmo da palabra democracia, por moito que revistamos esa delegación filial con palabras de apoios partidarios e loor de multitudes.
O simple acto de pretender baixo paraugas paterno perpetuar e institucionalizar o apelido, ata confundilo coas siglas aínda con toda a aparente lexitimidade e desde logo, sen ningún impedimento formal, nace con pecado orixinal.
Non é un tópico, e menos nos tempos que corren, parafrasear a Xullo Cesar, cando dixo aquilo de: "A muller do Cesar non só ten que ser honrada, senón tamén parecero", esa premisa, esa lei non escrita que debería de institucionalizarse nun código ético no ámbito público, rómpese escandalosamente neste caso, e perdemos todos, perde unha vez máis o cidadán, porque non enganémosnos, o seguinte fotograma desta película, vainos a mostrar o palacio provincial, sede da Deputación, e un crédito que vai conter un apelido xa coñecido de vello por todos nós, porque tamén, e esa é outra, deberiamos preguntarnos que democracia é aquela que permite a elección da presidencia da máxima institución política da provincia, a cal manexa un orzamento público substancioso, por medio dun perverso sistema indirecto, no que non intervén para nada o voto cidadán.

Fecha: 15/01/2010 17:15.


Autor: a cabra do saviñao

Baltar ten a Feijóo pillado polas súas partes..
Se Feijóo fala o can morde, mete ao neno nos piso, de novo, e amago de moción de censura...
Si é que, cría corvos...
O grave de todo isto é que esta chusma, sinvergonza e caralavada, mediocre e preguiceira, viva dos impostos dos traballadores..e por suposto, cun nivel de vida moi por riba da media. O neno..encobizouse que quería ser presi como papi, e claro...quen lle vai dicir a papi que o neno é un cretino e un mediocre,...aviados imos!!!...ao contrario..._"que malgaste de talento, que prodixio de cerebro, que intelixencia natural, que, que, que,..."
E entre peloteos, cacicadas, prevaricacións, etc...semellante personaxe perpetúase no poder a través do fillo...
Como en Cuba, Libia, na Romanía de Ceaucescu ou mismamente na Xefatura do estado...que bonito...
Vivan as cadeas

Fecha: 15/01/2010 20:57.


Autor: Julio

É un mercadeo preludio do desembarco, tamén por titulo hereditario, na deputación, triste provincia esta, a clase política pásalle os trastos de pais a fillos coma se nada, a empresarial está desaparecida, agás contadas excepcións, os sindicatos a súa bóla protectora do sectór público, nada máis, e o resto a sobrevivir, cuns índices de pobreza e renda que se sitúan, unha vez máis, á cabeza do ránking patrio. Agora ademais teremos que aguantar a pantomima dos vizcondes de ourense, a súa sucesión e a previsible toma da Bastilla, polo neno Deus, pero unha toma nada revolucionaria, unha toma da deputación como mandan os canons, por herdanza, xa saben, nobreza obriga, e que chova...

Fecha: 15/01/2010 21:00.


Autor: pitaazul

O de ourense é unha vergonza. Se tivéramos que escoller, a quen escoller?
Un caciquismo hereditario, ainda me lembro cando fai tempo a un periodista lle contestou que "el hacia lo que le decía su padre".
Do outro que dicir, foi alcalde de Verin, cando perdeu as eleccións Baltar para que non tivese que voltar de ATS de Oimbra, mandouno de concelleiro da telegaita cobrando unha pasta e agora revolvese contra o seu mentor enfrentándose o fillo. Parece que pensa que é mellor partido Feijoo porque pode chegar a Madrid.
Como dí o refrán "entre a maza ou a rebola, veña Deus e escolla".

Fecha: 15/01/2010 23:05.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris