Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON SE REPARA EN ARGUMENTOS

NON  SE  REPARA EN ARGUMENTOS

 

 

 

                  O acoso ó galego é unha estratexia de partido, polo menos da parte gobernante, segundo os estrategos, a aprendizaxe en inglés incrementará as posibilidades de emprego nun 40%. Eu penso que se quedaron curtos, se tódolos galegos emigraran a países anglófonos as posibilidades de emprego poderíanse incrementar nun 100%. Se esta é a única idea que se lle ocorre a Feijoo pra combate-lo paro, non me estraña a nulidade da súa política de emprego.

                  Un bo ensino sempre oi unha base esencial pro éxito no traballo, pero de aí a afirmar que co inglés teremos as portas do emprego abertas, é un simplismo ofensivo, propio un inepto.

                  Se de verdade ó Sr, Feijoo lle interesara a calidade do ensino, empezaría polo ensino da formación profesional, preparando á xente pra saber do oficio; o inglés sería moi secundario; se  de verdade lle interesara intentaría formar un profesorado punteiro, coidaría o ensino público, no que el non estudio, por certo; elevaría a calidade do ensino medio, e orientaría o ensino universitario ás necesidades do mercado, non como fábrica de parados; pero si solo fora verdade algo do que di, non intentaría meter nunha inmersión lingüística ó alumnado, sería gradual e con medios. Quere disfrazar a calidade do ensino coa introducción, non do ensino dunha lingua estranxeira, senón en lingua estranxeira pra contenta-la ala mais extremista, da extrema dereita, atacando a toda a cultura galega, á que identifica, intentando desprestixiala, co nacionalismo 

9 comentarios

Jt10 -

parece que o que quere o goberno e voltar o seculo xv,os penosos seculos escuros,tempos en que o galego ata se chegou a prohibir,pero grazas sobre todo a xente do rural saiu a flote,xente a que lle teriamos que estar agradecida de por vida.quen sabe si algun dia, os que estamos a defender o galego seremos recordados como aquela xente.
EU DAREINO TODO POLA MIÑA LINGUA NAI

JOSEANPZ -


Aqui alguen dixo que o castelán é tan antiguo en Galicia como o galego e ten razón. O galego un chisco anterior pero por ahí. Galicia pouco tempo foi reino e dependimos dos reinos de León ou de Castela que ían falar os nobres, na sua maioría. Escribir no medievo era moi caro, e un pobo inculto e pobre non se podía permitir escribir. Que eran as cantigas? Como o seu propio nome di cancións que como lle pasou a Andrés do Barro que triunfaron a pesares...Quen as escribía xograres de nomes Meendinho, xohán de Cangas, Martín Códax e algún trovador nobre coma don Denís, pero este xa era trovador. Primeiras manifestacions literarias castelans: OCantar do Mío Cid, que era unha canción, autor un tal Anónimo, outros autores mediavais, D Juan Manuel (sobriño de Alfonso X), o Marques de Santillana, Jorge Manrique, as jarchas (cancións do mesmo anónimo). Se isto era como Inglaterra os normandos no poder, falaban francés e o pobo falaba o xerme do inglés. En Inglaterra o nexo de unión entre Inglaterra e Francia nun momento cortouse e os normandos adoptaron a lingua saxona. Pero aquí nunca se cortou ese nexo e os nobres e potentados a falar a lingua da corte o que te promocionaba. Como todo o mundo quería para os seus fillos un porvenir mellor que o de traballar no sector terciario, a forma de promocionarse era falar a lingua da corte, gracias a Dios hoxe en día case non fai falla. En canto a que se obligaba na administración anterior a falar en galego. Faríano catros hiperconcienciados, sólo tiñades que ir as delegación da Xunta en Pontevedra, cheas de pontevedreses de toda la vida, para comprobar que a inspección represora galeguista estaba de vacacións, alí madrileño de toda la vida, íbaselle notando que facían esforzos, pero tampouco se escarallan. Por certo para VIGO aínda que vos sente fatal, Pontevedra capital.

Shiximaru -

Quedavos pouco feijolianos estades nervosos porque cada día perdedes apoios,a lingua galega vaivos enterrar para os seculos a lingua da Nacion Galega vai acabar convosco non vos con ela,e segude nervosos porque xa empezou o voso final. Adiante coa nosa lingua

A.L -

O secretario de Politica Linguistica, Anxo Lorenzo, é o que demostrou ser un auténtico traidor ás súas anteriores ideas. Este profesor de galego da Universidade de Vigo é agora o gran ideólogo da dereita españolista do PP. Espero que os seus compañeiros e os seus alumnos saiban pagarlle ben o que fixo nun próximo futuro. Feijooo xa o utilizou, agora xa pode botalo. Cando volte á Universidade e todo o mundo lle retire o saúdo, por traidor e mentireiro; cando os antigos colegas lle deixen de falar, despois do que fixo; cando quede na rúa sen o complemento de altos cargos, porque Feixooo o bote antes dos dous anos; cando todo os seus coñecidos de Vigo (salvo algúns tan íntegros coma el) pensen nel cada vez que os seus fillos lles falen en español; cando todo iso se cumpra, Anxo Lorenzo, pensa no que fixeches por algúns cartos e un coche oficial. Agora todos saben quen eres e que pensas. Non tes vergoña, Anxo Lorenzo, traidor ao galego.

Besteiro -

Deixovos un enlace que debedes pegar na barra de direccións do navegador cunha curiosa viñeta sobre este asunto. Agardo que vos guste...

http://www.blogoteca.com/upload/bit/arti/573-76982-a-33%20carra.jpg

Antonio G. -


Tarareando á canción de Carlinhos Brawn, non lle queda nada ao pepepepepepepepepepe. Menudo inverno lles espera aos desertores do idioma, aos que van de señoritos mintindo e falando de imposición. Hai que ilegalizar ao partido popular. Caña caña caña, caña contra Espanha.

Cati -


Moi previsibles son os pepeiros nas súas críticas en torno á RAG, agora do que se trata é de desprestixiar a esta institución. Supoño o que opinarían estes suxetos se a Real Academia de la Lengua Española criticase a política linguística de Zapatero, quen vería aos do PP botando o grito ao ceo en contra de ZP.

Paréceme moi preocupante que institucións tan serias e prestixiosas como a RAG fagan este tipo de declaracións oficiais en contra dese decreto o cal demostra a falta de consenso do que tanto falaba Feijóo. E a estas críticas súmase a do Consello da Cultura Galega, o das tres universidades, da maioría das asociacións de pais, do sistema educativo, dos sindicatos, da oposición, pedagogos, mestres...

E agora sairá algún dicindo que todos estes organismos son uns nacionalistas, radicais, intolerantes, politizados, bolcheviques..e moitas burradas máis...repito, xa comezou a campaña de desprestixio.

Pero que podemos agardar de Feijóo que en campaña prometía o fin da crise e do paro ne Galicia, e que acusaba desto a inoperancia do bipartito e agora que está na Xunta ten o morro de dicir que dende a Xunta de Galicia non se pode facer nada para sair da crise e frear o paro..que isto é culpa de ZP.

a cabra do saviñao -

Bravo pola postura valente da RAG que ven de publicitar ante os medios hoxe mesmo a súa postura contraria ao Decretazo de Feijoo contra o galego, porque ferir a nosa lingua é o único que xustifica esta desfeita de Decreto que se ven de aprobar.
Veremos se as institucións ainda que dun xeito simbólico, porque lamentablemente o poder téñeno eles, fan algo de ruido e non se quedan caladiñas....
Nobreza obriga!!!

sartalo -

Como corolario ao artigo de hoxe gustaríame achegar o documento redactado por Xusto Beramendi, e publicado na prensa escrita. Velaí vai...

"A nove meses das eleccións, o parto dos montes. Ou case, porque Feijoo non nos agasallou no fin de ano co decreto sobre o galego, senón cunhas bases para a súa elaboración, que aínda seguirán sendo obxecto de informes e debates. ¿Enésimo globo sonda e posibilidade de que recúe, ou postura inamovible revestida de xesto «dialogante»? Xa veremos.

En todo caso, de manterse os contidos básicos do texto presentado, hai varias evidencias. Primeira, o peso normativo do galego no ensino non universitario retrocede considerablemente, baixo a aparente vontade de reequilibralo co castelán. E non só polas novas porcentaxes. Por exemplo, ¿como se garante o dominio das dúas linguas ao final do ensino obrigatorio por parte do alumnado se «en todas as áreas» este «poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia»?

Segunda evidencia: na educación infantil non se garante o ensino na lingua materna. Dada a realidade sociolingüística, nomeadamente na Galicia urbana, haberá moitos centros nos que as porcentaxes de nenos e nenas galegofalantes e castelanfalantes teñan as dous valores considerables. ¿Que pasa co 30%, 40%, 48% que ten unha lingua materna diferente da maioritaria nesa aula? Segundo o borrador, serán atendidos «de xeito individualizado». ¿Por quen? ¿Polo mesmo docente responsable dese grupo? Imposible. ¿Por persoal auxiliar que se ocuparán deles a parte dos demais? ¿Na mesma aula ou noutra? ¿Onde están as previsións orzamentarias para aplicar realmente este e outros aspectos do decreto?

E nas outras etapas, deixar á vontade maioritaria das familias (que pode ser 51% fronte a 49%) a decisión de se Matemáticas se imparte en galego e Ciencias Sociais en castelán, ou viceversa, é simplemente demagoxia barata. ¿Que máis dá que sexa dun xeito ou do contrario? E logo está a broma do inglés. De todos é sabido que Galicia, e España, son a vergonza de Europa neste eido. Logo de estudar inglés dende os nove aos dezaoito anos, a maioría do alumnado chega á universidade sen nin sequera ser quen de ler ben nesa lingua, non digamos xa falala ou escribila. Pois ben, agora, en poucos anos, imos impartir nada menos que un terzo das materias en inglés. ¿Ulos profesores capacitados? ¿Ulos recursos necesarios? Xa está ben de insultar á intelixencia da cidadanía.

Coa súa aparente vontade reparadora do suposto talibanismo lingüístico do bipartito, o decreto, amén de ser un serio retroceso das políticas lingüísticas mesmo da época de Fraga, é didacticamente inviable, polo menos a curto e medio prazo. O máis probable é que os únicos efectos prácticos sexan introducir nos centros e nas APA un motivo de discordia antes inexistente ou larvado. E politicamente non parece, polas primeiras reaccións de ambos bandos, que vaia amansar as augas, senón máis ben o contrario. A caixa dos tronos está mellor pechada. Cando se abre imprudentemente hai que apandar coa tormenta."