Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O CAMIÑAR DO CANGREXO

O CAMIÑAR DO CANGREXO

 

             O informe, dictado pola RAG, acordado pola unanimidade de todos os seus membros, evidencia, unha vez mais, a soedade do líder na defensa do seu proxecto xenocida, o seu martelazo, co que pretende esmagarnos; pero resistiremos. Si resistimos a longa noite do franquismo, tamén imos resistir este Atila moderno.

              Sempre dixo, era outra das súas cantinelas, que o   tempo do bipartito era un  tempo perdido, agora o comprendo, e dou fe delo, o goberno do bipartito pra Feijoo foi un tempo perdido, porque el nese tempo xa tería andado moito camiño, o malo é que Feijoo camiña como os cangrexos.

                 O retroceso da política de Feijoo non se circunscribe ó idioma. Tódolos avances que logrou o bipartito en desenrolo científico, especialmente en I mais D, en Cultura, cos incentivos á traducción e a creación, música, cine teatro, arqueoloxía, etc; en Agricultura (recordemos o banco de terras e a limpeza de matorrais), o impulso o sector leiteiro; en Educación, con apoio ó ensino público, medios pros centros e pros alumnos; en Sanidade, co incorporación o sistema público de novos centros, en Asistencia Social, coa construcción de novas residencias e centros de día, o xantar na casa, a asistencia progresiva ós dependentes, a Vivenda, establecendo baremos de calidade e facilitando o acceso á propiedade e o aluguer, en Ordenación do Territorio que  sae planificou e executaron obras de infraestructura pra vertebra-lo pais, salva-la costa; en Pesca que se pretendía que fora rendible, pero sen espoliacións, que fora unha erdade pras xeracións vindeiras, que os que traballaban na mar tiveran medios de socorro, pra cando o precisasen, que os cultivos mariños se fixeran respetando a vida que conflúe na costa, o medio ambiente, e  os intereses xerais, e non o  das multinacionais do sector.

             Feijoo avanzou,   case nos leva a Idade Media.

3 comentarios

Sartalo -

Noraboa pola viñeta. Non se pode negar que é moi divertida.
No tocantes ao texto, concordo contigo en que este ano que levamos de desgoberno supuxo un paso atrás en moitos eidos nos que se tiñan dado firmes pasos. Estamos a vivir unha verdadeira involución desque chegaron ao poder este da gaivota. Longa noita de pedra se cerne sobre Galicia unha vez maís, paréceme a min...

A.P.O -

Pois eu supoño que o HOLA narraría esta foto da seguinte maneira:

"Núñez Feijóo vistió para la ocasión camisa blanca, unos cómodos jeans, tan de moda este verano entre la juventud, y unos cómodos náuticos con calcetines blancos que le daban un aire desenfadado. El presidente de Partido Popular de Galicia se acercó a un terraplén boscoso por el que acababa de pasar un incendio y, provisto de una moderna manguera en tonos claros, roció la zona con un simpático chorrito de agua. Nuestras cámaras captaron el momento chorrito-chorrita de Núñez Feijóo, claro ejemplo de dedicación y sacrificio para la juventud de nuestro país."

Ja,ja,ja....

Roda -

Feijoó vaite para os madriles!!!
Este é un goberno que chegou o poder con mentiras (imposicion do galego) e segue a mentir (¿trilinguismo? ¿liberdade para escoller?Nin unha cousa nin outra, un decreto de monolinguismo español).

Un presidente da Xunta que renega das suas obrigas, entre a que se atopa a de gobernar (e non deixar todo en mans dos pais), e tamen a sua obriga de promocionar a lingua propia de Galiza (o galego) cumprindo co estatuto e a Lei de Normalizacion Linguistica.

Pero non, temos un presidente que so sabe mentir, conceder entrevistas os medios madrileños e crear poblemas donde nunca existiran.