Facebook Twitter Google +1     Admin

O DECRETO DA IMNOMINIA

20100127120258-apalpador.jpg

 

     Coido que nada concitou tanta unanimidade como o, xa famoso, proxecto lingüístico de Feijoo; si facemos excepción da estrema dereita, logrou uni-las mais diversas opinións en  contra do enxendro. Todas teñen valor, pero algunhas, ademais, a un gobernante prudente  levaríano a meditar e sopesa-la súa acción.

      Vin moi prudente e contundente o informe da RAG, pero non todo o mundo  pensa o mesmo; os incondicionales desacreditan o informe, pero van mais aló, califican a propia Institución  con adxectivos despectivos  din que está fora da realidade; eles si que están fora da realidade.

        A opinión dun grupo numeroso e variado de xuristas, o mesmo que a titular da cátedra de Dereito Administrativo da USC,ven indicios claros de ilegalidade, e si nos atemos os seus informes e moi difícil que o martelazo vaia adiante, pero o efecto perverso é moi difícil de evitar e vai a bater, de pleno, na liña de flotación da convivencia; dese xeito, o martelazo logra o seu obxectivo, que é sementa-la crispación e dividir a sociedade; a estratexia no é nova, xa a teñen experimentada e o resultado pode ser imprevisible

         Feijoo di que está en contra do seu Decreto solo os nacionalistas, pode ser; eu non pensei que tantos había, grupos de xuristas, profesores de  universidade, mestres, sindicatos, cregos, Institucións Académicas, Universidades, e un largo etc.

       A manifestación última, malia ser en día laborable, reuniu moita xente; a folga no ensino foi moi  seguida; todo por coacción, segundo Feijoo. O único certo e que o PP estase a enredar nun lío, no que nunca se debeu meter; xente do PP recoñece a perda de enerxía e popularidade, a fenda social e moitos mais males que poden  vir. É urxente que alguén poña  sentido nesta lea.

27/01/2010 12:02 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Jt10

Porque lles amola tanto que falemos galego?
Si miraran asi polos problemas coma o paro ,outro galo nos cantaria pero parece que non interesa...

Fecha: 27/01/2010 13:37.


Autor: Galicia Profunda

Non o digo eu, dío o Presidente da Asociación de Pedagogos de Galicia, José Manuel Suárez, e dío en castelán (alomenos así o recolle nunha entrevista o xornal Faro de Vigo).

Recollo aquí os mellores momentos:

- “Ahora dile al profesor de matemáticas que debe dar la clase en inglés, porque no aprobó la oposición para esto. Y otro problema, si a los alumnos ya les cuesta aprender las materias en una lengua que conocen, pues imaginemos cómo será aprenderlas con una lengua nueva. No entenderán ni papa. La Xunta está haciendo una cosa muy enrevesada e inadecuada”.

- “Esto es una aberración“.

- “Jesús Vázquez es el conselleiro más conflictivo de todos los responsables de Educación. Generó conflictos con las escuelas de idiomas, con la retirada de especialistas en pedagogía, en FP, con la consulta sobre el uso del gallego, en la universidad por falta de financiación… Crea conflictos en un montón de sitios donde no los había. Este hombre no crea más que problemas”.

- “Esto no tiene ni pies ni cabeza“.

Eu son da opinión de que os pedagogos entenden mellor as cousas da educación do que as podo entender eu. Así que se o di, por algo será...

Fecha: 27/01/2010 13:42.


Autor: Xerardo

Galiza ten un idioma propio e o galego ,queiran o non queiran os cursis , pq non e outra cousa , morreremos todos e o galego sigue como aguantou 500 anos con o imperio españoi

Fecha: 27/01/2010 15:54.


Autor: Pepe

Coñeceis a historia do hebreo. Pois é unha lingua morta que recuperouse a partir do ano 1920 aproximadamente, cousas da vida, eles teñen a conciencia de pobo e saben a forza de conservar a sua cultura, os seus signos identitarios, entre eles o seu idioma, e grazas a iso; o seu poder e influenza no mundo e moito maís grande do que imaxinamos.
Son pouco maís de 7 millons de habitantes no Israel, e fixaros ben. E nos que temos unha lingua propia, que sigue viva, pero en estado critico, cando se intenta sacar de ise estado case agónico, a ignorancia e complexo fai que os talibáns do castelán intenten que morra de unha vez por todas.
E os que falan de imposición, nunca houbo maís imposición na historia que a do castelán sobre o galego, unha e outra vez, e seguen ao mesmo.

Fecha: 27/01/2010 15:57.


Autor: Pseudourbanitas

Xa está ben de tomarlle o pelo á xente. ¿Onde están os da boina? ¿onde quedou o galeguismo populista do PP?. ¿Paga a pena desfacer 30 anos de normalización por un feixe de votos de urbanitas desnortados? ¿dende cando 4 iluminados de GB teñen poder para trocar a política lingüística?. Eu só lles direi ós pepetroleiros, que non enreden se non queren abrir a caixa dos tronos. Que se centren e lle fagan caso ó seu fundador que dicía aquilo de "Os experimentos en casa e con gaseosa". Si ese que chegou a Galiza envolto na bandeira española e que comezou a falar en galego, que integrou dentro do PP a todo os partidos de centro dereita nacionalistas ou galeguistas. Ese que nomeaba a Castelao para remarcar a súa galeguidade. Señores do PPdeG, Castelao escribíu "Sempre en Galiza". Si, Galiza, ese termo que dende a idade media serve para nomearnos como pobo. Xa sei que a vostedes só lles interesa a faceta de debuxante, que o ideario do de Rianxo elles incómoda, mais non manipulen mais e deixen de enredar co tema da lingüa porque quen sembra ventos...

Fecha: 27/01/2010 19:11.


Autor: Ceibe

Voltamos a "longa noite de pedra", con estos politicallos de fora de galicia, Farjas, Feijoo... etc, asi nos vai os galegos, a comunidade que mais emigrantes mandou po lo mundo adiante, os que mais cartos mandaron o seu pais....e para donde foi o diñeiro???, Madrid, Barcelona Bilbao..... donde estan agora os nosos emigrantes.....Madrid,Barcelon a, Bilbao. mais de douscentos ano despreciando e ridiculizando o galego e o que ten, que ata nos os galegos teñamos vergoña non so de falalo, sinon de ser galegos. verdade galeguiños, castellano parlantes....¿que ven fala a farjas!! y o feijoo que fala galego con sotaque de madrid!!! ese si que fala ben ...... e unha mer...............!!!!!!!!!!!! !!!!da

Fecha: 27/01/2010 19:32.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris