Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

ENQUISA

ENQUISA

 

 

      Da enquisa do galego sorprendeume a cantidade xente que opinou que era partidario do ensino en inglés, eu non a plantexei como un refrendo ó martelazo de Feijoo,; o  sentido da pregunta era que se prescindira do galego e do castelán, e o ensino fora en inglés; foi a terceira opción mais votada.

       Á Pregunta, pra min preferida, de que Feijoo, solo usa o inglés como engado pra minimiza-lo galego foi a que gañou. Penso que Feijoo é moi retorcido e intenta arrrima-la brasa a súa sardiña e utiliza o inglés como arma pra atacalo galego, é unha estratexia.

          Moitos optaron pola opción de que nin os profesores, nin os alumnos están en condicións de cos enfronten a                                    este caprichoso Decreto, sen contar cunha infraestructura e co correspondente orzamento, o que  nos remite ó apartado anterior.

           Na opinión dalgún blogueiro, Feijoo debérase preocupar mais polo paro e outros problemas da sociedade e non crear problemas onde  non s hai. Outros blogueiros din que as súas actuacións son as propias dun acomplexado. Ten tamén razón o que opina que si ós rapaces lles costa superar o estudio dunha asignatura nunha  lingua que coñecen, superala en inglés vai ser o máximo; cando di que o Conselleiro de Educación é un dos peores e o que mais conflictos xerou, tamén acerta, aínda que sollo en parte; se fixéramos unha  avaliación dos Conselleiros, incluído o presidente, custaríanos saber cál é o mais inútil. O que pon o exemplo de Israel, que dunha lingua morta fixeron o idioma dun estado, debe saber que o galego non o apoia un estado, e está acosado e perseguido polo goberno da Xunta, que era o que debera protexer. Os pais dos alumnos están moi esperanzados co Decreto de Feijoo, pensan que os seus retoños van a converterse e astronautas co inglés; levará un baño de realidade cando vexan os resultados.

       Feijoo fixo moitas promesas, enganou á xente, non cumprirá mais que o obxectivo pro que o menstruo foi upado, aniquilar o galego.

6 comentarios

eu o autor -

Nin a Feijoo, nin o Conselleiro de Educai'on lles fixeron un test de intelixencia, Non sabemos cal ser'ia o resultado.

Sartalo -

Ten graza, quero eu ver a profesores de primaria e secundaria dando as súas clases de matemáticas, historia, naturais... en inglés. Feijoo e Vázquez "botástedes o carro diante dos bois".

Artabro -

Como escribió Eduardo Pondal en lo que más tarde sería la cuarta estrofa del Himno Gallego:

Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden

e con arroubo atenden

o noso ronco son,

mais sóo os iñorantes

e féridos e duros,

imbéciles e escuros

non nos entenden, non.

Lanús -

Grazas e Feijóo pódese dar esta situación:

Uns pais con dous fillos no colexio, ambos os dous en aulas de 25 alumnos, nunha aula votan os pais e sae 13 a 12 a favor do castelán e na outra aula sae 13 a 12 a favor do galego, así eses pais terían aos seus fillos estudando as mesmas materias en idiomas distintos.

Con estes políticos agora entendo que os cómicos se queixen de falta de traballo.

Uxio -

Dame un pouco de pena ver que seguimos con estes rechinantes arcaicismos de que o galego non serve para nada (que non da de comer). Durante a miña etapa de estudante descubrin que de nada serve impoñer pola forza o aprendizaxe dunha lingua. Sería mellor volver a prohibir o uso do galego para conseguir a súa pervivencia. Recoñezo que estas palabras non son do voso agrado, pero creo xusto e entendo que estou no meu dereito de defender a lingua da miña nai e dos meus antergos (precisamente os que a mantiveron ata agora). Propoño que se estude exclusivamente na lingua inglesa xa que o español tampouco serve de moito fora de España ¿non vos parece?. Eliminamos dun plumazo o español e as linguas autonómicas deixando todo o protagonismo ao inglés e xa estamos globalizados de verdade….

pitaazul -

Feijoo ten que facer como nos outro paises en ingles a case de ingles e poñer lectores de ingles para que de verdade os rapaces aprendan ingles. O resto das materias 50% en galego e 50% en castelan.