Facebook Twitter Google +1     Admin

A PANTERA ROSA

20100129105653-pantera-rosa.jpg

 

 

          Despois de que lle pintaran de rosa a fachada o Director Xeral de Política Lingüística, xurde o intre   das interpretacións, si dese feito se deriva unha interpretación directa, ou hai algún mensaxe subliminal. A primeira vista parece claro que pintan de rosa a casa da pantera rosa, esa é a primeira conclusión.

             A pantera rosa ten certo amaneramento, certas poses singulares; sendo intelixente e, o seu modo dilixente, fai os traballos sucios e logra os obxectivos que lle marcan e que esperan dela; é unha boa servidora do poder. Na realidade foi creada como créditos nun largometraxe de Edwards, pero a creación tivo éxito e pasou a se-la protagonista dos seus propios films, pochéndolle a música o mesmo Henry Mancini; é dicir, foi concibido, ó primeiro, como un personaxe de recheo.

               O papel que interpreta o Director Xeral de Política lingüística tamén foi concibido como un recheo, e en todo caso, como un recadeiro, interprete dun papel, no que o director de escena é Feijoo, pero o que pon a música, na que se moven os personaxes, está oculto entre bambalinas; esa sería a mensaxe subliminal

29/01/2010 10:56 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Aventaxado

NON TEN DESCULPA,XA SABEMOS QUE PASOU.È UNHA PERSOA CORRUTA SEN MAIS,OS CARTIÑOS SON MOI BONITOSSSSSSSSSSSSSCANDO Ò FRIJOL LLE DÈ A COZ,QUE LLA DARÀ BUSCARÀ NO BAUL DOS RECORDOS,BUENO VEN DAS FAES,NON SI?

Fecha: 29/01/2010 19:45.


Autor: Anton

Teño a sorte de non coñecer a esté individuo. Tod@s vivimos cunha serie de contradicións cotiás, uns máis ca outros. Mais debemos manter unha certa integridade, para non caer na hipocresía e perder toda credibilidade. O que lle pasa ao señeor Lorenzo, é que perdeu todoa credibilidade ao instalarse na cómoda hipocresía deste desgoberno.

Fecha: 29/01/2010 19:45.


Autor: Laiño

Eu fun alumno seu, era unha persoa correcta e sabía do que ensinaba. Non entendo que puido pasar para este cambio da noite á mañá. De verdade que non o recoñezo.
O caso é que lendo os seus textos de hai só un ano xa teño argumentos para criticar o seu decreto contra o galego.

Fecha: 29/01/2010 19:47.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris