Facebook Twitter Google +1     Admin

LIBRES E BILINGÜES, O meleiro

20100130104650-verdad-libertad-150x150.gif

 

      Ultimamente está de moda atopar semellanzas, dobres, incluso,  de persoeiros públicos. Aló na aldea, o tío Primo tiña un colmear moi grande, e  á hora  de colleita-lo mel recurría a un personaxe que   parecía, na cara, un dobre de Feijoo, ademais, falaba moito e non dicía  nada; aí terminaban as semellanzas.; el levaba unha vida dea ermitaño, vestía roupa cutre e calzaba botas de goma; era un traballador que curraba moito pra gañar pouco, pero era sinxelo e tiña amor a aquel raro traballo. Podíavos falar mais do meleiro, pero nada interesante, deixémolo en que era un home de vida sinxela e rutinaria, pero que tiña esa peculariedade  de ter unha faciana coma a de Feijoo, aínda que non tan dura, malia que sempre andaba á intemperie.                     

       Feijoo usa o termo libres e  bilingües; pois ben, os galegos queremos ser libres e bilingües; non nos arreda que os fascistas usen eses termos, o mesmo tempo que nos queren mutilar culturalmente; nosoutros queremos ser libres, este feito estase a repetir a cotío polo noso pais; namentras os fascistas din que Galicia seguirá a ser libre ( e serao, malia que lles pese), e falaremos a nosa  lingua.

      É difícil de comprender que a xente xogue coa convivencia, use perversamente, estes conceptos tan nobres pra disimular a súa facinerosa acción de ataque o noso cerne.

        Os adxectivos usados a estilo Feijoo son un NO-DO que nos leva o mais profundo do franquismo, pero a noite, por longa e escura que sexa, será precursora dun día que esperamos sexa luminoso

30/01/2010 10:47 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: a cabra do saviñao

Interesantísimos os resultados da enquisa de "La Voz" (medio nada sospeitoso de ser afín as teses nacionalistas) sobre o Decretazo de Feijoó.
Copiade este enlace e visitádeo...
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/01/30/0003_8261501.htm

Fecha: 30/01/2010 13:50.


Autor: sartalo

Teño que confesar que os Baltares están ben lonxe dos meus pareceres sobre a política, peeeeeeero...
menudo OSTIÓNNNNN, se acaba de dar o Freijolito e o seu enviado no congreso do PP-de Ourense!!! Sei de boa tinta que a intervención do alcalde de Verín foi asubiada polo siareiros de Baltar...menudos son estes!!!, e que cando Feijoó, Rueda e toda a panda de Santiago chegaron non lles fixeron nin puto caso!!!
Ja,ja.ja...como me aledo de que lles deran un bo revolcón!!!

Fecha: 30/01/2010 13:57.


Autor: Jonsas


O DRACULA DE FRIJOLES FOI ESPANTADO CO O ALLO FORTE DA PROVINCIA DE OURENSE "BALTAR"

CO BALTAR SEGUIREMOS A SUFRIR BEATIFICAMENTE O CACIQUISMO DE SEMPRE E EVITAREMOS O MAIS TRISTE LATEGO DA DICTADURA FRIJOLESCA...

Fecha: 30/01/2010 18:22.


Autor: Ventureiro

Eu son dos que penso que o idioma será o azote de Feijoó, algo así como o Prestige foi para Fraga. Equivocouse ríndolle as gracias a Galicia Bilingüe, e agora está preso deses fachas irredentos. Por riba ten a boa parte do seu propio partido, a máis galeguista, na súa contra. Veremos como sae desta encrucillada...

Fecha: 30/01/2010 19:01.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris